A "BELA BENVIDA"
Aspasia, a bela benvida, naceu en Mileto alá polo 470 aC. Cuns 20 anos parteu a Atenas onde fundou unha escola de filosofía e declamación para xente xoven. Tanto foi o seu prestixio que Pericles quixo coñecela. E tanto lle namorou que viviron xuntos ata a súa morte.
Aspasia era unha artista da retórica, tanto no aspecto logográfico como no pedagóxico, que se rodeou dos máis ilustres e recoñecidos intelectuais da súa época, contribuindo de forma activa ao florecimento da vida cultural en Atenas
Tamén salientar a súa faceta de científica e médica. A obstetricia, a ginecología e a cirurxía foron os seus ámbitos de actuación e de investigación. Foi quen de detectar e previr embarazos de risco e desenvolveu remedios naturais para o post-parto.
Tivo un papel relevante no nacemento do movemento de emancipación feminina, conseguindo que por primeira vez se tivera en conta ás mulleres na vida pública da cidade.
Retirouse ao campo deixando de lado a vida pública e fundou unha Academia de Elocuencia e Arte Amatoria onde as xóvenes ían aprender a carreira de hetaira, sendo unha das súas mellores discípulas Lais de Corintio.
Parece que morreu no ano 400 aC.
Para saber máis:
Freedamedia: Pericles
Wikipedia: Aspasia
Nueva tribuna: Hetaira
La mente es maravillosa: Mente
Mujeres Riot: Grecia
Filósofas antiguas: Las dos Aspasias