BARRA DE MENÚ

Luz MORALES

A PRIMEIRA XORNALISTA CULTURAL ESPAÑOLA, E GALEGA

Luz Morales Godoy naceu na Coruña en 1889 e faleceu en Barcelona en 1980. Adicou toda a súa vida ao xornalismo activo e durante a guerra civil española tamén foi pioneira por, sendo muller, dirixir un xornal, A Vanguardia, polo que foi denunciada en 1940 e engaiolada nun convento 40 días, sendo rehabilitada en 1978. 

Comezou a súa carreira periodística dirixindo, desde 1921, a revista El Hogar y la Moda, precursora de Lecturas, e tendo unha páxina semanal titulada La mujer, el niño y el hogar no diario El Sol

Pero para poder editar algúns dos seus escritos tivo que firmar con pseudónimos masculinos, como "Felipe Centeno", personaxe galdosiano, Ariel e Xurxo Marineda en recordo da súa cidade natal.

Obtivo a medalla e diploma de caballero das Palmas Académicas de Francia; o lazo da Orden de Isabel a Católica; o premio nacional de teatro en 1963, o premio de periodismo barcelonés Eugenio d'Ors, o premio de periodismo Ciudad de Barcelona, ... E un par de premios reciben o seu nome homenaxeándoa, un de periodismo e outro de investigación audiovisual.

Segundo Nuria Varela deberíase inscribila dentro do "feminismo difuso" por exercer de feminista sen sabelo. Nunha entrevista en 1972 sentenciou: "Ni feminismo, ni masculinismo. Hombres y mujeres, personas, como Dios nos ha hecho".

Foi amiga de Lorca, Malraux e Gabriela Mistral.

Estivo moi ligada á madrileña Residencia de Señoritas, que dirixía María de Maeztu. Desta relación xurdiu a súa elección como directora da Residencia de Señoritas Estudiantes, que polos anos treinta fundarase en Barcelona, no palacio de Pedralbes.

Mª Ángeles Cabré realizou a súa biografía en 2017, "Luz Morales, la pionera del periodismo".

Máis información en:






Gloria STEINEM

PREMIO "PRINCESA DE ASTURIAS" 2021


Gloria Marie Steinem, máis coñecida como Gloria Steinem, foi galardonada co Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades, entregado o mércores 19 de maio de 2021, en Oviedo.
Gloria Steinem é unha xornalista e escritora estadounidense de orixe xudea, considerada icono do feminismo no seu país, así como unha activista dos dereitos da muller e do movemento feminista estadounidense a finais de 1960 e comezos de 1970.
Xunto a Betty Friedan é unha das referentes da chamada «segunda onda do feminismo».
Gloria Steinem naceu o 25 de marzo de 1934, en Toledo, Ohio, e agora ten 87 anos.
O único que ela pretendía, dende o principio, como relata nas súas memorias autobiográficas é “abrir (o) camiño, literalmente”. 
A escritora, que interrumpiu voluntariamente o seu embarazo na clandestinidade cando era xoven, fixo periodismo do aborto. O seu testimonio foi un dos primeiros que serviu para quebrar o silencio e a dobre moral ao respecto obtindo moita repercusión. Máis tarde, Steinem dedicou o seu libro autobiográfico "Mi vida en la carretera", (publicado en España por Alpha Decay) ao médico que lle practicou aquel aborto. Como ela dixo:  
"Se os homes quedaran embarazados o aborto sería sagrado", 
"As mulleres non serán iguais fora do fogar mentras os homes non sexan iguais dentro de él
"A maneira máis segura de estar soa é contraer matrimonio".

En xullo de 1971 fundou o National Women’s Political Caucus con Betty Friedan, Bella Abzug e Shirley Chisholm, e, en colaboración con Pat Carbine en calidade de editora xefa, lanzou a primeira publicación feminista, a revista Ms., unha nova revista para mulleres, que trata os temas contemporáneos dende unha perspectiva feminista. Apareceu por primeira vez como un suplemeto na edición especial en decembro de 1971 do New York Magazine. Ao ano seguinte publicouse o primeiro número independente. 

Máis información en:
Diario.es: Aborto
El País: Asturias
Película: The Glorias
RTVE: Premio
Vídeo: Gloria
Web: Site
Wikipedia: Steinem


Mary CARTWRIGHT

A PRIMEIRA "DAMA"

Mary Lucy Cartwright naceu o 17 de decembro de 1900 en Gran Bretaña e faleceu en Cambridge o 3 de abril de 1998, aos 98 anos.  Aínda que lle atraía a Historia, cursou a carreira de Matemáticas de 1919 a 1923.

Obtivo o seu doutorado en 1930, baixo a dirección de Godfrey Harold Hardy.  Leva o seu nome o teorema de Cartwright sobre máximos de funcións. Pódese dicir, que co seu teorema e os seus estudos con Littlewood,  comeza a teoría do caos (íntimamente relacionada co efecto mariposa).

Ao longo da súa vida profesional rompeu varios teitos de cristal. Cando comezou Matemáticas na Universidade de Oxford, era unha das únicas cinco mulleres que estudaban esta carreira.

Anos máis tarde, as súas aportacións a campos como a análise complexa ou os sistemas dinámicos convertírona na primeira muller en ser elixida como membro da Royal Society, en 1947, e na primeira muller –e única ata o de agora– en presidir a London Mathematical Society, de 1961 a 1963. 

Pioneira, asemade, en obter a Sylvester Medal, en 1964, e a raíña Isabel II concedéulle o título de Dama Comandante da Orde do Imperio Británico en 1969, polo que pasou a ser Lady, entre outros recoñecementos.

Publicou preto de 100 artigos sobre análise clásico, ecuacións diferenciais, problemas topolóxicos relacionados, historia, biografías e xeral. 

As súas investigacións axudaron ao seu goberno a gañar a I Guerra Mundial ao desenvolver os aspectos teóricos do que máis tarde se coñecería como radar.

A pesar de dedicarse ás matemáticas non abandonou o seu interese pola historia, o seu amor por esta materia reflectiuse nas biografías de matemáticos que máis tarde escribiu.

Máis información en:

Agnes School: Lucy
Biografía: Mac Tutor
Mujeres con Ciencia: Matemática
Mujerícolas: Apasionada
El País: Caos
Wikipedia: Mary
Mary Lucy Cartwright, la primera mujer en recibir la Medalla Sylvester en mátematicas, por Juan Núñez Valdés, Lucía Gámez Gallardo e Magdalena Jáñez Vaz, en Medios y comunicación en tiempos de posverdad (Editorial Fragua):  Artigo

Xela ARIAS

LETRAS GALEGAS 2021

Inicialmente chamabase Mª de los Ángeles, máis tarde Mª dos Anxos e dende 1995 pasou a ser Xela oficialmente. Naceu en Lugo pero rexistrárona en Sarria, o 4 de marzo de 1962 e faleceu en Vigo aos 41 anos o día de todas as persoas defuntas de 2003.

Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora, activista e profesional no ámbito da edición. Despois de once anos de traballo editorial retoma os estudos e en 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica. Nos últimos anos da súa vida exerce a docencia en distintos institutos da comarca viguesa.

Comprometida e inconformista, tomou a palabra para defender a paz, o medio ambiente ou a igualdade entre mulleres e homes. Tamén axudou a que as obras de moitas outras persoas chegasen ás librarías

"Xela Arias. A palabra esgazada" é unha serie documental de 6 capítulos da Real Academia Galega sobre a escritora, editora e tradutora á que a institución dedica o Día das Letras Galegas 2021:
Capítulo 1: Lugo-Vigo
Capítulo 5: Xela e Darío
Capítulo 6: Quedas en nós

O Consello da Cultura da Galega publica en edición facsimilar "Non te amola!", un relato inédito das experiencias da autora aos nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día. Pódese descargar nesta ligazón.



Tamén en "Aprende coas mulleres galegas" atópanse unha UD e actividades sobre Xela Arias.

Máis información:
Real Academia Galega: Xela Arias 
AELG: Escritora
Consello da Cultura Galega: Tradutora
Cultura Galega: Álbum de mulleres
Educando en Igualdade: Blog
Galipedia: Xela
Wikipedia: Arias

AS LIBERTARIAS GALEGAS

GALEGAS SILENCIADAS

Lola Ferreiro Díaz, médica e referente do feminismo en Galicia, elabora cada ano un almanaque que lembra a doce mulleres galegas represaliadas polo franquismo e prácticamente descoñecidas. 

Este ano 2021 centrouse en mulleres militantes da CNT (Confederación Nacional do Traballo) e/ou FAI (Federación Anarquista Ibérica) investigadas por Carmen Blanco García no libro "Casas anarquistas de mulleres libertarias", baseado na colaboración de Eliseo Fernández e Dionisio Pereira "Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza".

O período da Segunda República impulsou as asociacións femeninas e feministas, segundo estas investigaciós en Galicia chegaron a ser 6.000 as asociadas; entre as más activas figuran as libertarias, todas loitaban para que os seus dereitos laborais fosen recoñecidos.

Libertarias eran as mulleres partidarias do libertarismo ou anarquismo que se adicaban ao “auxilio á rebelión”, neste caso concreto por ofrecer refuxio nos seus domicilios aos militantes fuxidos e perseguidos, sabendo que arriscaban as súas vidas. En xullo de 1937 “La Brigadilla” da Garda Civil asaltou varias casas en A Coruña, mataron aos anarquistas que atoparon, moitos mozos de vinte anos; se estaba a dona da vivenda, o máis común era que caese ese mesmo día.

Na emisora de radio a Xanela das Fucas pódese escoitar unha entrevista a Lola Ferreiro falando sobre o calendario referido ás libertarias galegas.


En abril de 2021, a Asociación Cultural "Fuco Buxán", que é unha entidade sen ánimo de lucro que toma o seu nome e a súa irrenunciable tarefa dun poema de Celso Emilio Ferreiro “Carta a Fuco Buxán”: Fuco Buxán somos todos cando reclamamos dereitos e dignidade, publicou un artigo de Lola Ferreiro no que nos fala das libertarias galegas, mulleres galegas anarquistas que loitaron contra o franquismo e, como moitas outras mulleres, foron silenciadas.

Libertarias Galegas:

 

A historia das 220 mulleres galegas visibilizadas por Dionisio Pereira e Eliseo Fernández poden lerse nas actas do II Congreso da Memoria, celebrado en Culleredo en 2005. 

Tamén atópase máis información no libro "O movemento libertario en Galiza (1936-1976)", Vigo, Edicións A Nosa Terra, 2006, dos mesmos autores.

 En "XXV anos de represión sobre os anarcosindicalistas galegos", Union Libre. Cadernos de vida e culturas 9, Memoria antifascista de Galicia, Sada, A Coruña, Ediciós do Castro, 2004, pp. 139-148

E en "Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza", Unión libre. Cadernos de vida e culturas 11, Vermellas, Sada, A Coruña, Ediciós do Castro, 2006,

As 22 libertarias galegas que foron investigadas por Carmen Blanco son:

  1. - María Otero González (As Atochas)
  2. - Elisa Vázquez Rozas
  3. - Alicia Dorado Viso (As Atochas)
  4. - Marina Rey Sánchez
  5. - Pilar Suárez Marantes
  6. - Josefa Calvo Cortés (As Atochas)
  7. - Aurora Miguélez Pena (As Atochas)
  8. - Consuelo Meitín Rodríguez
  9. - Paca
  10. - Alejandra
  11. - Teresa Lamas Conchado
  12. - María Seijas Sánchez
  13. - Basilisa Álvarez González, «A Corales» ou «Sofía Rodríguez».
  14. - Emilia Calderón
  15. - Sebastiana Vitales Gascón: CNT
  16. - Josefa Barreiro González
  17. - Otilia Tobío
  18. - Pilar Fernández Seijas
  19. - Virginia González Pastoriza
  20. - Amparo Rivas Comesaña
  21. - María Josefa Becerra Laíño
  22. - Primitiva Lodeiro Otero

Libertarias galegas nomeadas por Lola Ferreiro no calendario e no seu artigo (algunhas coinciden coas 22 de Carmen Blanco):

  1. María Otero González 
  2. Alicia Dorado Viso 
  3. - Avelina Fernández Rey.
  4. Concepción Alfaya
  5. - Felicia Bértalo
  6. - Luisa Elizalde
  7. - Aurora Merlán
  8. - Marina Ochotorena
  9. - Esther Botana
  10. - Carmen Gerpe
  11. Emilia Cagide Pérez
  12. Teresa Keiler Patiño
  13. Isidora Mañas San Frutos
  14. - Laura López
  15. Sebastiana Vitales Gascón
  16. Ángela Collado
  17. Sofía Pazos 
  18. Rosario Vizoso 
  19. Antonia Pardo
  20. - Laura López
  21. Amalia Pregonas 
  22. Carlota Sanjurjo 
  23. Blandina
  24. - Sara Mandiá Sánchez 
  25. Manuela Blanco
  26. - Lola Blanco Montes
  27. María Bello Paz (1885-1936)
  28. - María Otero González (1904-1937) (1)
  29. - Alicia Dorado Viso (?-1937) (3)
  30. Josefa Calvo Cortés (1890-?)
  31. María Seijas Sánchez (12)
  32. - Consuelo Meitín Rodríguez (1900-1994) (8)
  33. Basilisa Álvarez González “La Corales” (1896-?) ou Sofía Rodríguez (13)
  34. Emilia Calderón (14)
  35. - Benita
  36. Carmen López Varela 
  37. Consuelo Grao Varela
  38. Marina Rey Sánchez (1911-?) (4)
  39. Pilar Suárez Marantes (1916-?) (5)
  40. Aurora Miguélez Pena, (1877-?) (7)
  41. Teresa Lamas Conchado (1893-?) (11)
  42. Paca de San Amaro (9)
  43. - Alejandra (10)
  44. Emilia Pérez Pazos “Manchada” (1894-1960)
  45. Elisa Vázquez Rozas (1901-?)
  46. Sebastiana Vitales Gascón (1902- 2000) (15)
  47. Primitiva Lodeiro Otero (22)
  48. Josefa Barreiro González (1911-1937) (16)
  49. - Otilia Tobío (17)
  50. Pilar Fernández Seijas, “A Montañesa” (18)
  51. María Josefa Becerra Laíño (1890-1938) (21)
  52. Virginia González Pastoriza (1912-?) (19)
  53. Amparo Rivas Comesaña (1894-?) (20)
  54. Dolores Blanco Montes “Lola De Cangas” (1885-1947)
  55. Carmen Pesqueira Domínguez (A Capirota)
  56. Dolores Santiago Troitiño “Pasionaria” (1904-?)
  57. Antonia Otero Martínez (Ramona) As Casqueiras
  58. - Adelina Otero Martínez (irmá de Antonia) As Casqueiras
  59. - Asunción Vilas López “A Vidala” (1913-1989)
  60. Carmen Jérez Rodríguez (?-1947)
  61. Joaquina Dorado Pita (?-2017): Álbum
  62. -Amalia Fraguela (1884-1958) "La Antorcha"
  63. Rosario Sardina "La Antorcha"
  64. Emilia Cora "La Antorcha"
 
Película "Libertarias" de Vicente Aranda:
            

Libertarias from Lund University / LUSEM on Vimeo.



Maryam MIRZAKHANI

DÍA DAS MULLERES MATEMÁTICAS 

O 12 de maio dende fai dous anos conmemórase o "Día das mulleres matemáticas" grazas á iniciativa proposta polo Comité de Mulleres e Matemáticas da Sociedad Matemática Iraní durante o World Meeting for Women in Mathematics, un evento satélite do International Congress of Mathematicians 2018. Elixiuse esta data en homenaxe á matemática iraní Maryam Mirzakhani 

Maryam Mirzakhani foi a primeira muller en conseguir, en Seul no 2014,  a medalla Fieldsconsiderada o Nobel das matemáticasprestixioso premio que otorga cada catro anos a Unión Matemática Internacional (IMU).

Esta matemática iraní12 de de cancro de mama en 2017 á idade de 40 anos. Foi profesora na Universidade de Stanford (EE. UU.) e traballou en superficies hiperbólicas, espacios de moduli e sistemas dinámicos. 

Pensa as matemáticas con imaxes e enfoca os problemas difíciles garabateando en grandes follas de papel. "Cando unha pensa nun problema matemático difícil e non quere anotar todos os detalles, debuxar garabatos axuda a manterse conectada ao problema," di Mirzakhani. 

Desfruta da matemática pura, "É a razón pola que facer investigación é un reto, así como atractiva. É como estar perdida nunha selva, tratas de utilizar todo o coñecemento que podes reunir para intentar obter algúns trucos novos que, con un pouco de sorte, te permitan atopar unha saída".

En "La ingeniosa Maryam Mirzakhani" cóntase a súa historia en dezaseis páxinas que poden lerse online nesta ligazón. Trátase dunha iniciativa creada polo equipo do Núcleo Milenio Modelos Estocásticos de Sistemas Complejos y Desordenados da Universidade de Chile e a Pontificia Universidade Católica de Chile. O conto alude ao seu traballo en superficies hiperbólicas nos problemas de billares nos que tamén investigou. 

Máis información en:
Maryam Mirzakhani: Biografía
Abecedario: Retrato alfabético
Wikipedia: Wikipedia
La ingeniosa: Cuento
Matemática:  Cultura científica
Billares: El País