BARRA DE MENÚ

Mary CARTWRIGHT

A PRIMEIRA "DAMA"

Mary Lucy Cartwright naceu o 17 de decembro de 1900 en Gran Bretaña e faleceu en Cambridge o 3 de abril de 1998, aos 98 anos.  Aínda que lle atraía a Historia, cursou a carreira de Matemáticas de 1919 a 1923.

Obtivo o seu doutorado en 1930, baixo a dirección de Godfrey Harold Hardy.  Leva o seu nome o teorema de Cartwright sobre máximos de funcións. Pódese dicir, que co seu teorema e os seus estudos con Littlewood,  comeza a teoría do caos (íntimamente relacionada co efecto mariposa).

Ao longo da súa vida profesional rompeu varios teitos de cristal. Cando comezou Matemáticas na Universidade de Oxford, era unha das únicas cinco mulleres que estudaban esta carreira.

Anos máis tarde, as súas aportacións a campos como a análise complexa ou os sistemas dinámicos convertírona na primeira muller en ser elixida como membro da Royal Society, en 1947, e na primeira muller –e única ata o de agora– en presidir a London Mathematical Society, de 1961 a 1963. 

Pioneira, asemade, en obter a Sylvester Medal, en 1964, e a raíña Isabel II concedéulle o título de Dama Comandante da Orde do Imperio Británico en 1969, polo que pasou a ser Lady, entre outros recoñecementos.

Publicou preto de 100 artigos sobre análise clásico, ecuacións diferenciais, problemas topolóxicos relacionados, historia, biografías e xeral. 

As súas investigacións axudaron ao seu goberno a gañar a I Guerra Mundial ao desenvolver os aspectos teóricos do que máis tarde se coñecería como radar.

A pesar de dedicarse ás matemáticas non abandonou o seu interese pola historia, o seu amor por esta materia reflectiuse nas biografías de matemáticos que máis tarde escribiu.

Máis información en:

Agnes School: Lucy
Biografía: Mac Tutor
Mujeres con Ciencia: Matemática
Mujerícolas: Apasionada
El País: Caos
Wikipedia: Mary
Mary Lucy Cartwright, la primera mujer en recibir la Medalla Sylvester en mátematicas, por Juan Núñez Valdés, Lucía Gámez Gallardo e Magdalena Jáñez Vaz, en Medios y comunicación en tiempos de posverdad (Editorial Fragua):  Artigo