LETRAS GALEGAS 2021
Inicialmente chamabase Mª de los Ángeles, máis tarde Mª dos Anxos e dende 1995 pasou a ser Xela oficialmente. Naceu en Lugo pero rexistrárona en Sarria, o 4 de marzo de 1962 e faleceu en Vigo aos 41 anos o día de todas as persoas defuntas de 2003.
Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora, activista e profesional no ámbito da edición. Despois de once anos de traballo editorial retoma os estudos e en 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica. Nos últimos anos da súa vida exerce a docencia en distintos institutos da comarca viguesa.
Comprometida e inconformista, tomou a palabra para defender a paz, o medio ambiente ou a igualdade entre mulleres e homes. Tamén axudou a que as obras de moitas outras persoas chegasen ás librarías
"Xela Arias. A palabra esgazada" é unha serie documental de 6 capítulos da Real Academia Galega sobre a escritora, editora e tradutora á que a institución dedica o Día das Letras Galegas 2021:
Capítulo 1: Lugo-Vigo
Capítulo 2: Traballadora das palabras
Capítulo 3: Esgazadora de versos
Capítulo 4: En diálogo coas artes
Capítulo 5: Xela e Darío
Capítulo 6: Quedas en nós
O Consello da Cultura da Galega publica en edición facsimilar "Non te amola!", un relato inédito das experiencias da autora aos nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día. Pódese descargar nesta ligazón.
Tamén en "Aprende coas mulleres galegas" atópanse unha UD e actividades sobre Xela Arias.
Máis información:
Real Academia Galega: Xela Arias
AELG: Escritora
Consello da Cultura Galega: Tradutora
AELG: Escritora
Consello da Cultura Galega: Tradutora
Cultura Galega: Álbum de mulleres
Educando en Igualdade: Blog
Galipedia: Xela
Wikipedia: Arias