GALEGAS SILENCIADAS
Lola Ferreiro Díaz, médica e referente do feminismo en Galicia, elabora cada ano un almanaque que lembra a doce mulleres galegas represaliadas polo franquismo e prácticamente descoñecidas.
Este ano 2021 centrouse en mulleres militantes da CNT (Confederación Nacional do Traballo) e/ou FAI (Federación Anarquista Ibérica) investigadas por Carmen Blanco García no libro "Casas anarquistas de mulleres libertarias", baseado na colaboración de Eliseo Fernández e Dionisio Pereira "Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza".
O período da Segunda República impulsou as asociacións femeninas e feministas, segundo estas investigaciós en Galicia chegaron a ser 6.000 as asociadas; entre as más activas figuran as libertarias, todas loitaban para que os seus dereitos laborais fosen recoñecidos.
Libertarias eran as mulleres partidarias do libertarismo ou anarquismo que se adicaban ao “auxilio á rebelión”, neste caso concreto por ofrecer refuxio nos seus domicilios aos militantes fuxidos e perseguidos, sabendo que arriscaban as súas vidas. En xullo de 1937 “La Brigadilla” da Garda Civil asaltou varias casas en A Coruña, mataron aos anarquistas que atoparon, moitos mozos de vinte anos; se estaba a dona da vivenda, o máis común era que caese ese mesmo día.
Na emisora de radio a Xanela das Fucas pódese escoitar unha entrevista a Lola Ferreiro falando sobre o calendario referido ás libertarias galegas.
En abril de 2021, a Asociación Cultural "Fuco Buxán", que é unha entidade sen ánimo de lucro que toma o seu nome e a súa irrenunciable tarefa dun poema de Celso Emilio Ferreiro “Carta a Fuco Buxán”: Fuco Buxán somos todos cando reclamamos dereitos e dignidade, publicou un artigo de Lola Ferreiro no que nos fala das libertarias galegas, mulleres galegas anarquistas que loitaron contra o franquismo e, como moitas outras mulleres, foron silenciadas.
Tamén atópase máis información no libro "O movemento libertario en Galiza (1936-1976)", Vigo, Edicións A Nosa Terra, 2006, dos mesmos autores.
En "XXV anos de represión sobre os anarcosindicalistas galegos", Union Libre. Cadernos de vida e culturas 9, Memoria antifascista de Galicia, Sada, A Coruña, Ediciós do Castro, 2004, pp. 139-148
E en "Unha achega á represión franquista contra as mulleres libertarias na Galiza", Unión libre. Cadernos de vida e culturas 11, Vermellas, Sada, A Coruña, Ediciós do Castro, 2006,
As 22 libertarias galegas que foron investigadas por Carmen Blanco son:
- - María Otero González (As Atochas)
- - Elisa Vázquez Rozas
- - Alicia Dorado Viso (As Atochas)
- - Marina Rey Sánchez
- - Pilar Suárez Marantes
- - Josefa Calvo Cortés (As Atochas)
- - Aurora Miguélez Pena (As Atochas)
- - Consuelo Meitín Rodríguez
- - Paca
- - Alejandra
- - Teresa Lamas Conchado
- - María Seijas Sánchez
- - Basilisa Álvarez González, «A Corales» ou «Sofía Rodríguez».
- - Emilia Calderón
- - Sebastiana Vitales Gascón: CNT
- - Josefa Barreiro González
- - Otilia Tobío
- - Pilar Fernández Seijas
- - Virginia González Pastoriza
- - Amparo Rivas Comesaña
- - María Josefa Becerra Laíño
- - Primitiva Lodeiro Otero
Libertarias galegas nomeadas por Lola Ferreiro no calendario e no seu artigo (algunhas coinciden coas 22 de Carmen Blanco):
- - María Otero González
- - Alicia Dorado Viso
- - Avelina Fernández Rey.
- - Concepción Alfaya
- - Felicia Bértalo
- - Luisa Elizalde
- - Aurora Merlán
- - Marina Ochotorena
- - Esther Botana
- - Carmen Gerpe
- - Emilia Cagide Pérez
- - Teresa Keiler Patiño
- - Isidora Mañas San Frutos
- - Laura López.
- - Sebastiana Vitales Gascón
- - Ángela Collado
- - Sofía Pazos
- - Rosario Vizoso
- - Antonia Pardo
- - Laura López
- - Amalia Pregonas
- - Carlota Sanjurjo
- - Blandina
- - Sara Mandiá Sánchez
- - Manuela Blanco
- - Lola Blanco Montes
- - María Bello Paz (1885-1936)
- - María Otero González (1904-1937) (1)
- - Alicia Dorado Viso (?-1937) (3)
- - Josefa Calvo Cortés (1890-?)
- - María Seijas Sánchez (12)
- - Consuelo Meitín Rodríguez (1900-1994) (8)
- - Basilisa Álvarez González “La Corales” (1896-?) ou Sofía Rodríguez (13)
- - Emilia Calderón (14)
- - Benita
- - Carmen López Varela
- - Consuelo Grao Varela
- - Marina Rey Sánchez (1911-?) (4)
- - Pilar Suárez Marantes (1916-?) (5)
- - Aurora Miguélez Pena, (1877-?) (7)
- - Teresa Lamas Conchado (1893-?) (11)
- - Paca de San Amaro (9)
- - Alejandra (10)
- - Emilia Pérez Pazos “Manchada” (1894-1960)
- - Elisa Vázquez Rozas (1901-?)
- - Sebastiana Vitales Gascón (1902- 2000) (15)
- - Primitiva Lodeiro Otero (22)
- - Josefa Barreiro González (1911-1937) (16)
- - Otilia Tobío (17)
- - Pilar Fernández Seijas, “A Montañesa” (18)
- - María Josefa Becerra Laíño (1890-1938) (21)
- - Virginia González Pastoriza (1912-?) (19)
- - Amparo Rivas Comesaña (1894-?) (20)
- - Dolores Blanco Montes “Lola De Cangas” (1885-1947)
- - Carmen Pesqueira Domínguez (A Capirota)
- - Dolores Santiago Troitiño “Pasionaria” (1904-?)
- - Antonia Otero Martínez (Ramona) As Casqueiras
- - Adelina Otero Martínez (irmá de Antonia) As Casqueiras
- - Asunción Vilas López “A Vidala” (1913-1989)
- - Carmen Jérez Rodríguez (?-1947)
- - Joaquina Dorado Pita (?-2017): Álbum
- -Amalia Fraguela (1884-1958) "La Antorcha"
- - Rosario Sardina "La Antorcha"
- - Emilia Cora "La Antorcha"
Libertarias from Lund University / LUSEM on Vimeo.