BARRA DE MENÚ

Hertha MARKS AYRTON

INVENTORA DO ARCO ELÉCTRICO

En electricidade, chámase arco eléctrico ou arco voltaico á descarga eléctrica que se forma entre dous electrodos sometidos a unha diferencia de potencial e colocados no seno dunha atmósfera gaseosa. 

Foi descuberto e demostrado por primeira vez pola enxeñeira, matemática, física e inventora Phoebe Sarah Marks (Hampshire 1854-Sussex 1923).

Máis coñecida como Hertha Marks Ayrton polo seu matrimonio e por que, como era unha agnóstica convencida, decidiu poñerse o nome de «Hertha», deusa da fertilidade e a Terra nai segundo a mitoloxía teutona, que era como se chamaba a heroína dun poema homónimo de Algernon Charles Swinburne, unha crítica direta ás relixións organizadas.

Loitadora polo sufraxio feminino, protectora das mulleres perseguidas por pedir o dereito ao voto, amiga de Marie Curie, foi a primeira muller en ingresar no 1899, na Institution of Electrical Engineers e no 1906 recibiu a Medalla Hugues, o premio da IEE.

Publicou, no 1902, o libro titulado O arco eléctrico e máis tarde,
preocupada polos patróns que deixaban as ondas do mar na area en forma de pequenas dunas, convertiu a súa habitación nun laboratorio con tanques de area para investigar "como se forman estos pequenos montonciños?", elaborou o seu estudo A orixe e desenvolvemento das marcas das ondas na area, unha concienzuda análise dos remoliños que fai o mar para crear estas ondeantes formas.

Escribiu: "Os erros son notoriamente difíciles de matar, pero o erro de atribuir a un home o que en realidade pertence ao traballo dunha muller, ten máis vidas que as dun gato."

Doole Herta Marks

Máis información en :



 

Lene VESTERGAARD HAU

Creadora do condensado Bose-Einstein 

A física danesa Lene Vestergaard Hau (Vejle, 13 de novembro de1959) creou un novo tipo de materia, o condensado de Bose-Einstein e tamén logrou, cun equipo de investigación da Universidade de Harvard, reducir a velocidade dun raio de luz en 17 metros por segundo. En 2001, grazas ao uso dun superfluido, conseguiron deter un raio de luz momentáneamente. No campo da computación cuántica, co seu equipo, consiguiu transferir luz a unha onda de materia e viceversa.

Na Universidade danesa de Aarthus, obtivo unha licenciatura en matemáticas (1984), unha maestría en física (1986) e un doctorado en física (1991). Así mesmo formouse na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) en Xinebra, en 1984-85.

Dende 1999 ocupa as cátedras de Física Aplicada e Física, na Universidade de Harvard. 

Recibiu numerosos premios, como o NKT da Sociedade de Física Danesa ou o Samuel Friedman Rescue Award, ou o premio Año 2000 de la Top Danmark Foundation, Copenhague (2000), e o premio 200º aniversario de J. C. Jacobsen, otorgado pola Fundación Carlsberg, Dinamarca (1989);

Forma parte da Real Sociedade Danesa de Ciencias dende o 2002, da Real Academia de Ciencias de Suecia dende 2008 e da Academia Estadounidense de Ciencias, dende 2009.

"A física é facerse preguntas, estudar, investigar a naturaleza. Ti investigas e, se tes sorte, das coas pistas extranas".

ChristiAne NÜSSLEIN-VOLHARD

DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO

Bioquímica, bióloga molecular e xenetista, ChristiAne Nüsslein-Volhard naceu en Alemaña o 20 de outubro de 1942. Dende 1985 dirixe a división de xenética do Instituto Max Planck de Bioloxía do desenvolvento en Tubinga, Alemania, convertíndose nunha das cinco mulleres directoras, entre os máis de douscentos directores. 

Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou mediciña en 1995 polos seus estudos sobre os mecanismos xenéticos que controlan o desenvolvemento do embrión humano mediante o estudo da mosca da froita.

Os seus traballos realízanse, fundamentalmente, no campo da influencia da xenética sobre o desenvolvemento embrionario do feto. Identificaronse na Drosophila melanogaster, nomeada popularmente como mosca do vinagre, unha serie de xenes que determinan a evolución dos diferentes segmentos do animal e deciden a súa conversión en organismos especializados, aplicándose perfectamente na xénese humana.

En 2004, co diñeiro procedente do Premio Nobel, creou unha fundación que leva o seu nome co fin de ofrecerlles axuda financeira e para o coidado dos seus fillos e fillas, ás mozas científicas alemás para animalas a dedicarse á investigación.

Este ano 2021 foi investida doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra pola súa contribución ao descubrimento dos principios xerais do desenvolvemento embrionario.

Os seus pasatempos son a música (Canto, Flauta, Música de cámara), deseño de xardínse cocinar. Tamén é Presidenta do Patronato Internacional de la Academia Hugo-Wolf de Stuttgart.

    Publicou o libro de cociña "Mein Kochbuch: Einfaches zu besonderen Anlässen", en 2006.








    Científicas CANARIAS

    Calendario COEDUCATIVO

    A Cátedra de Cultura Científica, unha entidade da Universidade do País Vasco (UPV/EHU) dedicada a promover o coñecemento e o prestixio da ciencia na sociedade, publica un medio dixital que axuda a dar maior visibilidade á actividade desenvolvida polas mulleeres nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, a web Mujeres con Ciencia.

    No artigo de outubro, Mujeres canarias con-ciencia, se presenta este proxecto realizado pola experta en coeducación e profesora de ensino secundario  Mercedes Sánchez Vico, que consta dun calendario no que cada mes (dende setembro de 2021 ata agosto de 2022) se dedica a unha científica canaria; ademáis, saliéntanse algúns días relacionados cos logros ou as reivindicacións das mulleres en relación coa ciencia. 

    “Mujeres Canarias Con-ciencia” pretende acercar ás aulas canarias a importancia y presencia das científicas de Canarias e traballar o seu legado profesional co alumnado de Primaria, Secundaria, Ciclos formativos e Escola de Persoas Adultas".

    As doce científicas canarias protagonistas deste proxecto coeducativo son:

    1. a astrofísica Adriana de Lorenzo Cáceres,
    2. a química Verónica Pino Estévez,
    3. a matemática Edith Padrón Fernández,
    4. a otorrinolaringóloga Carlota de la Quintana,
    5. a bióloga Carolina Martínez Pulido (a máis veterana colaboradora de Mujeres con ciencia),
    6. a astrofísica Nayra Rodríguez Eugenio,
    7. a matemática Jezabel Curbelo Hernández,
    8. a ingeniera industrial Mary Barreto Cabrera,
    9. a bióloga marina Natacha Aguilar de Soto,
    10. a oceanógrafa Sarah Montesdeoca Esponda,
    11. a astrofísica Alicia López Oramas, e
    12. a astrofísica Julia de León Cruz.

    Máis información en Científicas Canarias, Calendario, Cartaz, Mujeres con ciencia


    Patricia JACOBS

    SÍNDROME DE KLINEFELTER

    O 8 de outubro de 1934 naceu a xenetista escocesa, profesora honoraria de xenética humana, codirectora de investigación do Laboratorio Rexional de Xenética de Wessex, dentro da Universidade de Southampton, chamada Patricia Jacobs.

    Asistiu á Universidade de St Andrews, onde se graduou en 1956 cunha licenciatura con honores de primeira clase en zooloxía e foi citada polo profesor Bryan Sykes en Adam's Curse: A Future Without Men. 

    No ano 1959, a Dra Patricia Jacobs e cols describiron a primeira anormalidade cromosómica en homes, o cromosoma X extra no home con sindrome de Klinefelter (47,XXY). Ese mesmo ano a Dra Jacobs identificou tamén o cromosoma X extra na Trisomía X (47, XXX).

    Recibiu numerosos premios en recoñecemento ao seu traballo, incluido o Premio Mauro Baschirotto 1999 da Sociedade Europea de Xenética Humana e o Premio 2011 March of Dimes en Bioloxía do Desenvolvemento.

    En febreiro de 2010, foi elixida membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

    Maís información en University, Wikies.