Creadora do condensado Bose-Einstein
A física danesa Lene Vestergaard Hau (Vejle, 13 de novembro de1959) creou un novo tipo de materia, o condensado de Bose-Einstein e tamén logrou, cun equipo de investigación da Universidade de Harvard, reducir a velocidade dun raio de luz en 17 metros por segundo. En 2001, grazas ao uso dun superfluido, conseguiron deter un raio de luz momentáneamente. No campo da computación cuántica, co seu equipo, consiguiu transferir luz a unha onda de materia e viceversa.
Na Universidade danesa de Aarthus, obtivo unha licenciatura en matemáticas (1984), unha maestría en física (1986) e un doctorado en física (1991). Así mesmo formouse na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) en Xinebra, en 1984-85.
Dende 1999 ocupa as cátedras de Física Aplicada e Física, na Universidade de Harvard.
Recibiu numerosos premios, como o NKT da Sociedade de Física Danesa ou o Samuel Friedman Rescue Award, ou o premio Año 2000 de la Top Danmark Foundation, Copenhague (2000), e o premio 200º aniversario de J. C. Jacobsen, otorgado pola Fundación Carlsberg, Dinamarca (1989);
Forma parte da Real Sociedade Danesa de Ciencias dende o 2002, da Real Academia de Ciencias de Suecia dende 2008 e da Academia Estadounidense de Ciencias, dende 2009.
"A física é facerse preguntas, estudar, investigar a naturaleza. Ti investigas e, se tes sorte, das coas pistas extranas".
Máis información en:
Delphipages, Enerxia, Entre científicas, Mujeresconciencia, Wikipedia