Calendario COEDUCATIVO
A Cátedra de Cultura Científica, unha entidade da Universidade do País Vasco (UPV/EHU) dedicada a promover o coñecemento e o prestixio da ciencia na sociedade, publica un medio dixital que axuda a dar maior visibilidade á actividade desenvolvida polas mulleeres nos ámbitos científicos e tecnolóxicos, a web Mujeres con Ciencia.
No artigo de outubro, Mujeres canarias con-ciencia, se presenta este proxecto realizado pola experta en coeducación e profesora de ensino secundario Mercedes Sánchez Vico, que consta dun calendario no que cada mes (dende setembro de 2021 ata agosto de 2022) se dedica a unha científica canaria; ademáis, saliéntanse algúns días relacionados cos logros ou as reivindicacións das mulleres en relación coa ciencia.
“Mujeres Canarias Con-ciencia” pretende acercar ás aulas canarias a importancia y presencia das científicas de Canarias e traballar o seu legado profesional co alumnado de Primaria, Secundaria, Ciclos formativos e Escola de Persoas Adultas".
As doce científicas canarias protagonistas deste proxecto coeducativo son:
- a astrofísica Adriana de Lorenzo Cáceres,
- a química Verónica Pino Estévez,
- a matemática Edith Padrón Fernández,
- a otorrinolaringóloga Carlota de la Quintana,
- a bióloga Carolina Martínez Pulido (a máis veterana colaboradora de Mujeres con ciencia),
- a astrofísica Nayra Rodríguez Eugenio,
- a matemática Jezabel Curbelo Hernández,
- a ingeniera industrial Mary Barreto Cabrera,
- a bióloga marina Natacha Aguilar de Soto,
- a oceanógrafa Sarah Montesdeoca Esponda,
- a astrofísica Alicia López Oramas, e
- a astrofísica Julia de León Cruz.
Máis información en Científicas Canarias, Calendario, Cartaz, Mujeres con ciencia