BARRA DE MENÚ

Patricia JACOBS

SÍNDROME DE KLINEFELTER

O 8 de outubro de 1934 naceu a xenetista escocesa, profesora honoraria de xenética humana, codirectora de investigación do Laboratorio Rexional de Xenética de Wessex, dentro da Universidade de Southampton, chamada Patricia Jacobs.

Asistiu á Universidade de St Andrews, onde se graduou en 1956 cunha licenciatura con honores de primeira clase en zooloxía e foi citada polo profesor Bryan Sykes en Adam's Curse: A Future Without Men. 

No ano 1959, a Dra Patricia Jacobs e cols describiron a primeira anormalidade cromosómica en homes, o cromosoma X extra no home con sindrome de Klinefelter (47,XXY). Ese mesmo ano a Dra Jacobs identificou tamén o cromosoma X extra na Trisomía X (47, XXX).

Recibiu numerosos premios en recoñecemento ao seu traballo, incluido o Premio Mauro Baschirotto 1999 da Sociedade Europea de Xenética Humana e o Premio 2011 March of Dimes en Bioloxía do Desenvolvemento.

En febreiro de 2010, foi elixida membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

Maís información en University, Wikies.