BARRA DE MENÚ

O DÍA DO LIBRO 2022

AS PREMIADAS DO "CERVANTES"

Tal día coma hoxe de fai 47 anos, para conmemorar o nacemento do escritor Miguel de Cervantes, é dicir, o 23 de abril de 1975, foi instituido o Premio Nacional de Literatura que vaise concedendo anualmente polo Ministerio de Cultura de España. Ao longo destes case 50 anos, só acadaron este galardón, o Premio Cervantes, 6 mulleres fronte a 41 homes.

"As tres Marías", María Zambrano, Dulce María Loynaz e Ana María Matute, foron as primeiras gañadoras,  en 1988,  1992 e 2010 respectivamente, como expresa Elena Poniatowska, a cuarta galardonada en 2013.

María Zambrano, nada en Vélez-Málaga o 22 de abril de 1904 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1991, foi unha filósofa e escritora española. Exilada en Cuba, tamén estivo en México, Porto Rico, Francia e Xenebra para retornar a España e afincarse en Madrid. A razón-poética é o estilo proposto por  ela como  un camiño de realización persoal, cuxa práctica consistía no propio camiñar coa conciencia desperta, atenta os sons dos pasos.

"Para salir del laberinto de la perplejidad y del asombro, para hacerme visible y hasta reconocible, permitidme que, una vez más, acuda a la palabra luminosa de la ofrenda: Gracias." Verbas de María Zambrano en boca da actriz Berta Riaza na entrega do premio na Universidade de Alcalá de Henraes en 19889ao que non poido asistir por problemas de saúde. 

Dulce Mª Loynaz nada na Habana o 10 de decembro de 1902 e finada na Habana o 27 de abril de 1997, graduouse en Doutora en Leis. A escritora cubana reivindicou a risa ao recoller o Cervantes en 1992. “La risa, cuando puede participarse, hermana a los hombres. Por otra parte no es difícil llorar en soledad y, a cambio, es casi imposible reír solo”. Formou parte do movemento da poesía intimista feminina sudamericana. Representaba dunha forma única os seus sentimentos con palabras, polo que foi considerada a mellor poetisa da década en Cuba. 

Ana Mª Matute nada en Barcelona o 26 de xullo de 1925 e finada na mesma cidade o 25 de xuño de 2014, é unha novelista catalá en lingua castelá. El que no inventa no vive”. Así comezou a súa reflexión a contista catalana. E, en cadeira de rodas, rematou cun rogo: “Si en algún momento tropiezan con una historia, o con alguna de las criaturas que transitan mis libros, por favor créanselas. Créanselas porque me las he inventado”. Formou parte, en 1996, da Real Academia Española, convertíndose así na terceira muller en ocupar unha cadeira de brazos, coa "letra K". Trataba temas como a inxustiza social, a nenez e a guerra civil. Depositou na Caixa das Letras do Instituto Cervantes un legado que permanecerá gardado ata o 26 de xullo de 2029.

Elena Poniatowska é unha escritora, xornalista e activista mexicana nada en París o 19 de maio de 1932. Destaca por ser unha muller combativa que loita pola visibilidade das persoas máis desfavorecidas en America Latina. Reivindicou ás mulleres creadoras na entrega do premio e vestida cun traxe tecido polas mulleres indíxenas de Oaxaca. Asociación de Escritores en Lingua Galega outorgoulle o galardón de “Escritora Galega Universal” en 2009. 

Ida Vitale nada en Montevideo o 2 de novembro de 1923, é unha poeta, tradutora, ensaísta, profesora e crítica literaria uruguaia. É membro do movemento artístico denominado "Xeración do 45" e representante da poesía "esencial". Obtivo o premio no 2018, e culminou o seu discurso cun desacordo co “maravilloso mundo Cervantino”, algo que da conta da súa humildade. “‘Que no hay poeta que no sea arrogante y piense de sí que es el mayor poeta del mundo’. No es mi caso, puedo asegurarlo”, dixo a poeta. 

Cristina Peri Rossi é a sexta muller que recibe este galardón literario, en 2021. Nada en Montevideo, Uruguai, o 12 de novembro de 1941, é unha escritora, tradutora e activista política uruguaia exiliada en España desde 1972 e residente en Barcelona, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira literaria. No seu discurso, lido pola actriz Cecilia Roth comenta que toda a súa vida “la he intentado vivir como 'doña Quijota', dedicada a desfacer entuertos y luchar por la libertad y la justicia”. Tiña claro quecomo Marcela, en una sociedad patriarcal ser mujer e independiente era algo raro que se escuchase”.