BARRA DE MENÚ

Murasaki SHIKIBU

A PRIMEIRA NOVELISTA

Murasaki Shikibu (978 - 1014 ou 1025) foi unha escritorapoeta e cortesana xaponesa coñecida por ser a autora de Genji Monogatari (A novela de Genji), primeira novela xaponesa e primeira novela moderna do mundo.

Pertencía a unha familia de funcionarios letrados da mediana nobreza, aínda que estaba emparentada coa poderosa familia Fujiwara. Cicáis foi neta do gran poeta Fujiwara no Kanesuke.

Naceu no período Heian, no que as mulleres estaban excluidas da aprendizaxe do chino, que era a linguaxe escrita do goberno, pero Murasaki recibiu unha excelente educación destacando pola súa intelixencia dende pequena.  

Ademáis dos clásicos chinos, coñecía textos budistas como o Hokekyō (Sutra do Loto), antoloxías de poemas como o Kokin wakashū (“Colección de poemas de Antaño e Hogaño”) e libros de historia como e Nihon Shoki

Súa nai e a súa irmá morreron pronto e casou xoven, pero enviuvou axiña e quedou soa coa súa filla Kenshi. Nese contexto levou a cabo un retiro espiritual no templo do lago Biwa, onde escribiu a súa novela relatando as andainas de Gemji de forma realista. 

manuscrito orixinal non se conserva, estaba formado por 54 kakimono (rolos), cada un correspondente a un capítulo. Pensouse que Murasaki só escribiu os 33 primeiros capítulos, e que o resto eran obra da súa filla, tamén poeta, coñecida como Daini no Sanmi, pero non é así.

Asemade levaba un diario da súa vida, Murasaki Shikibu nikki.

O seu éxito fixo que o rexente a levara á corte da Emperatriz como dama de compañía ata o ano 1013, falecendo un ano despois.

A súa tumba se conserva na antiga capital Kioto, escenario das historias dos seus personaxes.

O seu verdadero nome ers Fujiwara no Takako, pero chamánballa Shibiku polo lugar onde trabalhava o seu pai, e Murasaki pola cor violeta coa que sempre se vestía e porque era a súa cor favorita. 

Máis información en Wikipedia, NG, Nippon, Gemjy