A "REVOLTOSA" GALEGA DE ANTANO
María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira foi unha heroína galega nacida en Cereixa, en Monforte de Lemos, no século XIV, que encabezou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico en 1386.En realidade moi pouco se sabe de María Castaña, case soamente o que se recolle nun documento do Arquivo Episcopal de Lugo citado na España sacra, do Pai Manuel Risco e no Episcopoloxio Lucense, de Amador López Valcárcel.
Cando morrera o bispo de Lugo, Odoario, o rei Fernando II de León ratificou o seu testamento no que se dicía que o señorío da cidade de Lugo pasaría a máns da catedral, provocando a pugna entre as autoridades civís e eclesiásticas.
María Castaña púxose ao fronte do pobo en contra do novo bispo, Pedro López de Aguiar, que, apoiado polo rei Xoan I de Castela, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos. A consecuencia da revolta o mordomo do eclesiástico, Francisco Fernández, morreu culpándoa a ela e aos seus dous fillos, Gonzalo e Afonso Cego da súa morte.
Tamén obrigáronlles a donar os seus bens que incluían as posesións do Couto de Cereixa, no actual concello de Brollón, en Terra de Lemos, e mil maravedíes á Igrexa, é decir á Catedral.
Adicionalmente tiveron que prometer que non volverían actuar contra a institución relixiosa.
A partir de ahí, popularmente se di a frase "... en tempos de Maricastaña", pero xa sucedía na época de Cervantes cando era unha referencia temporal equivalente a "os tempos de Matusalén", como así o dicía o licenciado de “O casamento engañoso”.
Máis información en Patrimonio, Recreación, Maricastaña, Vídeo, Galipedia, Avelaíña Teatro