Pioneira da igualdade
Christine de Pizan, naceu en 1364, en Venecia, e faleceu no Mosteiro de Poissy, en 1430.
Poetisa, filósofa, escritora, copista, tradutora, ... nun mundo de homes.
Escribiu a biografía do rei Carlos V de Francia. Casou e quedou viuva aos 25 anos e con tres crianzas, a nai e unha sobriña ao seu cargo, polo que decidiu adicarse a ser escritora profesional, obtindo gran popularidade.
Escribiu a biografía do rei Carlos V de Francia. Casou e quedou viuva aos 25 anos e con tres crianzas, a nai e unha sobriña ao seu cargo, polo que decidiu adicarse a ser escritora profesional, obtindo gran popularidade.
Entrega o libro á Delfina |
Dedicou o Libro das tres virtudes (Le Livre des trois vertus) (1407), á delfina Margarita de Borgoña, no que lle aconsellaba "o que debía aprender e como debía comportarse". E parece ser que esta encargoulle un poema, antes de falecer, sobre Jeanne d'Arc, "a doncela de Orléans".
Os seus poemas están extraídos diretamente da súa experiencia persoal como Seulette suy et seulette vueil estr ("Solita esto y solita quiero estar").
A partir de 1399 comezou a escribir sobre os dereitos das mulleres e fundou «La Querelle de la Rose», unha agrupación feminina para discutir o acceso das mulleres ao coñecemento. Participaron mulleres de diferentes clases sociais, entre elas pensadoras, intelectuais e gobernantas, que rexeitaron as teorías que situaban por cuestións biolóxicas á muller por debaixo do home. Esta agrupación permaneceu ata o século XVII.
E fundamentalmente foi precursora do femi
nismo e da igualdade entre mulleres e homes pola súa obra "La cité des Dames", escrita en 1405. Christine reuníu ás mulleres da historia e da mitoloxía nunha cidade para demostrar que a opresión do home era a única verdadeira causa da inferioridade feminina.
"A cidade das Damas" |
Pódese descargar o libro aquí.
Máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario