BARRA DE MENÚ

Trinidad ARROYO VILLAVERDE

PIONEIRA DA OFTALMOLOXÍA EN ESPAÑA

Trinidad Arroyo foi unha das primeiras mulleres en exercer a medicina e ser recoñecida pola súa talla profesional. Consciente da súa influencia sobre as mulleres máis novas, apoiou numerosas iniciativas para o desenvolvemento da súa educación.

Naceu o 26 de maio en 1872 en Palencia. Despois matricularase na Facultade de Medicina de Valladolid en 1888, a pesar de que o Rector ignorase a Disposición Real que permitía ás mulleres realizar estudios universitarios, precisamente, desde ese mismo ano, rematando a carreira en 1895. 

Tras superar o exame do Grao de Licenciatura, trasladou o seu expediente a Madrid e comezou o doutorado e a especialización como oftalmóloga. En 1896, defendeu a súa tese sobre os músculos intrínsecos dos ollos e os efectos de certas drogas sobre estes, que foi a terceira e derradeira tese de autoría feminina lida en España durante o século XIX.

Co seu irmá consultaba en Valladolid e arredores, logo en Madrid abriu unha consulta privada co seu home, entre 1911 e 1936, ao tempo que compartía a súa actividade docente universitaria e o seu labor asistencial. Traballou no Real Hospital do Bon Suceso e no Consultorio de Nenos de Peito e Gota de Leite de Madrid.

Foi profesora auxiliar na Facultade de Medicina e, de feito, a primeira muller membro do seu claustro, grazas ao cal se lle permitíu votar, sendo posiblemente a primeira muller en votar nunhas eleccións ao Senado español. Emitíu o seu voto en 1916, dezasete anos antes de que se conseguira o sufraxio femenino en España.

Asemade foi socia fundadora do Lyceum Club Feminino, vicepresidenta do Comité Feminino de Hixiene Popular en Madrid, presidenta Honoraria da Asociación Española de Mulleres Médicas e colaboradora da revista Medicina Social Española (1916-1920) na súa sección «Notas feministas. De muller a Muller». Formou parte da comisión seleccionadora que creou a Junta para Ampliación de Estudos para o intercambio de alumnado feminino coas universidades de Estados Unidos.

Políticamente, foi vicepresidenta do Comité Nacional de Mulleres Antifascistas, e traballou para fortalecer os lazos entre a Unión Soviética e España a través da creación dun programa de intercambio social, viaxando alí co seu esposo en 1937.

Nos primeiros días da guerra civil española, axudou no tratamento dos feridos. Pero por todo iso, tivo que exiliarse a México onde continuou exercendo a medicina. Alí pertenceu á Asociación de Mujeres Españolas e colaborou na súa revista.

No IES Jorge Manrique

En 1939, por orden ministerial, iníciase contra Trinidad Arroyo (ao igual que contra numerosos e numerosas intelectuais, artistas, mestras/os … do país) un proceso de depuración.

Só regresou a España unha vez, en 1955, para crear unha serie de becas de bacharelato no Instituto de Segunda Enseñanza Jorge Manrique de Palencia e outra en Valladolid, para un alumno o alumna da súa Facultade de Medicina que carecese de recursos económicos. 

Faleceu en México DF o 28 de setembro de 1959.

Máis información en wikipedia, MujeresconCiencia, RAH, UCM, IES, PARES, Tremedica, Oftalmoloxía