BARRA DE MENÚ

Miriam FRIEDMAN MENKIN

A PRIMEIRA EN FECUNDAR UN ÓVULO HUMANO "IN VITRO"

Foi a científica estadounidense de orixe letón Miriam Friedman Menkin a primeira persoa en conseguilo. O seu traballo contribuiu significativamente ao desenvolvemento das técnicas de fecundación in vitro, tal e como se coñecen hoxe en día.

Naceu o 8 de agosto de 1901 en Riga e faleceu o 8 de xuño de 1992 en Boston (EEUU), aos 91 anos de idade. Estudou Histoloxía e Anatomía comparada na Universidade de Cornell, en Nova York e aos 20 anos de idade graduouse e comezou unha maestría en Xenética na Universidade de Columbia, obtindo o título un ano máis tarde, en 1922.

A partir de entón, Miriam tratou de seguir os pasos do seu pai, que era médico, e tentou inscribirse a un doctorado en varias Facultades de Medicina, pero sen éxito. Nese momento, acceder a este tipo de estudos era extremadamente difícil para unha muller.

Axudando ao seu marido, estudante de mediciña, nos seus experimentos, aprendeu algunhas nocións de embrioloxía e bacterioloxía. Pero Miriam Friedman non deixo de formarse e investigar pola súa conta, e en 1930 conseguiu retomar a súa carreira científica e obtivo un posto como investigadora na Facultade de Medicina de Harvard, que mantivo ata 1935. Despois, comenzou traballar alí co biólogo Gregory Pincus onde se dedicaba a preparar solucións para propiciar a ovulación en coellos. 

Pouco despois de quedarse sen emprego, Miriam solicitou un posto como investigadora no laboratorio de John Rock, no Free Hospital for Women de Boston.  Tratou de fecundar óvulos in vitro en diversas ocasións, ata que en 1944, por un despiste, observou por primeira vez como o óvulo foi fecundado por un espermatozoide comezando a división celular. 

Tralo seu primer éxito, Friedman conseguiu repetir a fecundación in vitro en tres ocasións máis e logrou documentalo con fotografías, pero ningún dos óvulos fecundados lograba sobrevivir máis aló das primeiras divisións celulares. 

Maltratada polo seu marido tivo que separarse e coidar soa da súa prole polo que non puido pagar as taxas do seu título de médica nin adicarse nunca máis á investigación da fertilización in vitro a tempo completo.

Pese a que chegou a estar nominada xunto a Rock para recibir o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1951, como recoñecemento aos seus importantes traballos en reproducción in vitro, o seu nome xa non volveu a mencionarse en demasiadas ocasións. 

Máis información en: BBCGenotipia,  MujeresconCienciaWikipedia