PROFESORA NA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA E A PRIMEIRA CATEDRÁTICA
O 9 de agosto de 1484 naceu en Atienza (Guadalajara, antes Soria) Luisa de Medrano Bravo de Lagunas Cienfuegos, chamada as veces erróneamente Lucía de Medrano. Morreu tamén alí, en Atienza, no 1527.
Luisa de Medrano foi unha erudita, poetisa e pensadora española, filla de Diego López de Medrano e Magdalena Bravo de Lagunas. Ensinou latín na Universidade de Salamanca, substituíndo a Antonio de Nebrija en 1508. Escribiu poemas e filosofía, aínda que o seu traballo perdeuse.
Foi contemporánea de Beatriz Galindo "La Latina", pertence ao grupo de mulleres renacentistas famosas polos seus coñecementos e ás que os seus contemporáneos denominaron puellae doctae.
Puido desenvolver esta actividad cultural da que as mulleres daquela época estaban excluidas en Europa, debido a que estaba amparada pola raína Isabel I de Castilla. A súa obra e toda mención da súa existencia parece haber sido mandada eliminar polo rei Carlos I, e só subsistiron tres fontes primarias que fan mención a ela.
A primeira é un apunte en 1513, no rexistro de crónicas "Cronicón" de Pedro de Torres, canónigo de Sigüenza, catedrático y posterior Rector de la Universidad de Salamanca, quen a menciona en 1508 impartindo a cátedra de Cánones. Anótase alí: o día 16 de novembro de 1508 le a filla de Medrano na Cátedra de Cánones (A.D. 1508 die 16 Novembris hora tertia legit filia Medrano in Catedra Canonum)
A segunda fonte é unha longa e eloxiosa carta publicada Opus Epistolarum polo erudito italiano Lucio Marineo Sículo (profesor en Salamanca durante doce anos), que a coñeceu na universidade e deixou escrita en 1514 unha mostra da súa admiración pola sabiduría desta muller, a quen consciente o inconscientemente cambioulle o nome por Lucía.
O terceiro documento orixinal que fala de Lucía de Medrano é do mesmo Lucio Marineo Sículo. Trátase dunha mención en De Rebus Hispaniae Memorabilibus, tamén publicada en castelán como De las cosas memorables de España.
Segundo Jacinto Chicharro, Luisa de Medrano estaría retratada como Sibila Samia nunha das catro tablas de profetas e sibilas da igrexa da Trinidade de Atienza atribuidas a Juan Soreda, conservadas no museo de San Xil da mesma localidade.
En 1935 a alemana Thérèse Oettel publicou Unha catedrática no século de Isabel a Católica: Lucía de Medrano, obra que aínda segue sendo de referencia.
En 2015 creouse o Premio Internacional de Castela-A Mancha á Igualdade de Xénero «Luisa de Medrano», otorgado a Soledad Cazorla, Marcela Lagarde, Miguel Lorente, Amelia Valcárcel e Bernaldo de Quirós e, en 2020, a Carlota Bustelo García del Real.14
En 2018 a editorial Espasa publicou a novela de ficción histórica La catedrática, obra de María López Villarquide, que recrea a súa biografía a través dos puntos de vista de diferentes personaxes contemporáneos a Luisa de Medrano. A novela foi traducida ao chinés e publicada en 2022.
Máis información en: Wikipedia, Medrano, Lucía, Academia, La Catedrática, Doodle, La Pajarera, La Vanguardia, Heroínas
Ningún comentario:
Publicar un comentario