Matemáticas con perspectiva de xénero
A matemática e divulgadora Clara Isabel Grima Ruiz (Sevilla, 26 de enero de 1971) é profesora da área de Matemática Aplicada da Universidade de Sevilla dende Novembro de 1995. A súa actividade está enfocada á Xeometría Computacional.
Fai asequible as matemáticas a todos os públicos. Amosa interpretacións matemáticas en todos os feitos da vida cotidiana. Transmite o seu amor á ciencia e fomenta novas vocacións, especialmente nas nenas.
Afirma “Darlle perspectiva de xénero ás matemáticas é ensinar a resolver problemas para axudar á comunidade”.
Agora adica parte do seu tempo libre á divulgación no seu blogue "Mati e as súas mateaventuras", para nenas e nenos de 9 a 99 anos, consciente de que a todo o mundo lle gustan as matemáticas, só que algunhas persoas aínda non o saben; xunto á ilustradora Raquel García.
Máis información en Clara, Magisnet, Mati, Naukas, Wikipedia