Referente do feminismo interseccional
Gloria Jean Watkins, ese era o seu nome de pila, tomou prestado o da súa bisavoa materna (Bell Blair Hooks), quitoulle as letras en grande e converteuno no seu nome de guerra.
Naceu en Kentucky en 1952 e ven de falecer o 15 de decembro de 2021. “Se un elexiu vivir conscentemente, entón elixir un lugar para morrer é tan vital como elixir onde e como vivir”, comentou no seu libro "Belonging", en "Kentucky é o meu destino"
bell hooks describiu unha vez ao feminismo como “un movemento para terminar co sexismo, a explotación sexista e a opresión”. Esta definición é citada frecuentemente por outras feministas.
En 2004, regresou a seu estado natal de Kentuchy para ensinar no Berea College, unha escola de artes liberais que non cobra matrícula ao seu estudantado. En 2014, fundou o bell hooks Institute, que alberga arte e artefactos da súa vida e obra.
"Debemos ter valentía para aprender do pasado e traballar por un futuro no que os principios feministas poidan rexir en todos os ámbitos públicos e privados das nosas vidas".
"Ser feminista de forma auténtica é querer que todas as persoas, mulleres e homes, se liberen dos roles sexistas de dominación e opresión". "Non podemos facer polos nenos e homes o que deben facer por eles mesmos".
“Só o amor pode curar as feridas do pasado. Nembargantes, a intensidade das nosas feridas a menudo conduce a un peche do corazón, o que nos imposibilita dar ou recibir o amor que se nos da”.
Escribiu máis de 40 obras onde reflicte as súas teorías e aportacións, que subliñan a necesidade de entrelazar a análise e a loita de xénero coa da raza e a clase. Defendía que os tres sistemas están unidos e retroalimentanse sendo necesario ter en conta e combater os tres para erradicar verdaderamente a opresión.
- Todo sobre el amor (Paidós).