Bióloga mariña e oceanógrafa galega
Ángeles Alvariño González foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica. Participou en varias expedicións e cruceiros científicos no Atlántico e Pacífico, a bordo de buques oceanográficos de Inglaterra, Estados Unidos, España e México.Nos seus últimos anos de vida, da súa época como científica emérita, realizou un esforzo especial para reivindicar o pasado científico de España publicando a súa obra máis destacada "España y la primera expedición científica oceánica (1789-94)". Unha obra patrocinada pola Xunta de Galicia na que estudaba a expedición Malespina, sinalando a súa prioridade histórica, fronte á de James Cook, no terreo das expedicións científicas mariñas. Foi a súa maneira de combater a propaganda dada a Cook como a primeira expedición científica.
En diferentes momentos da súa actividade profesional sentiuse discriminada laboralmente por razóns de xénero (Fraga Vázquez, 2018).
Naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e faleceu en La Jolla, San Diego (California-EEUU) en 2005, o 29 de maio. Estudou Ciencias naturais, aínda que quería ser médica, en Madrid onde viviu na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu.
O Instituto Español de Oceanografía bautizou co seu nome o último e máis moderno buque de investigación do Instituto Español de Oceanografía, botado en 2012.
Os seus colegas puxeron o seu nome a dous novos exemplares planctónicos, o quetognato Aidanosagitta alvarinoae (Pathansali, 1974) e a hidromedusa Lizzia alvarinoae (Segura, 1980).
Forma parte das científicas da Tabla Periódica elaborada en 2019.
Libro |
Máis información en: