BARRA DE MENÚ

Trótula de RUGGIERO

A PRIMEIRA XINECÓLOGA

Trótula di Ruggiero (Italia, S XII), coñecida posteriormente como Trótula de Salerno, foi unha importante médica da Idade Media e profesora na Escola de Salerno, un dos poucos lugares nos que se permitía que houbese profesoras e alumnas. 

Foi a máis famosa das "Mulieres Salernitanae", é dicir as Damas da Facultade de Medicina de Salerno.

O seu home e os seus dous fillos, Matthaeus Platearius e Giovanni Plateario il Giovane, tamén foron profesores na Escola Médica Salernitana, na que prevalecía o coñecemento por encima de todo e usabase a lóxica da prevención de enfermidades.

Mentras que o home que experimentaba e trataba doencias usando herbas medicinais era un alquimista e a muller que o facía era unha bruxa, na época na que a ciencia era cousa de homes, Trotula de Salerno convertese nunha médica capaz de tratar enfermidades como o cancro, doenzas oculares ou problemas na pel. 

Pero as súas ideas máis revolucionarias para o seu tempo estiveron relacionadas coa área da xinecoloxía e a obstetricia, destacando con ideas transgresoras sobre o control da natalidade, os problemas de fertilidade ou os métodos para reducir a dor no parto. 

Por todo iso, hoxe en día considerase que foi a primeira persoa no mundo en especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia.

As ensinanzas de Trótula eran revolucionarias, por exemplo, consideraba que os problemas de infertilidade podían ter a súa causa tanto no home como na muller. Ademais, concedía moita importancia á prevención das enfermidades, á boa alimentación e ao exercicio físico.

No século XII, chamábase Trotula a un grupo de tres textos italianos compostos na cidade portuaria de Salerno, sobre medicina feminina, o Liber de sinthomatibus mulierum, o De curis mulierum e o De ornato mulierumAs condicións da muller, Os tratamentos para a muller e A cosmética feminina, respectivamente.

Parece ser que a autoría de Curis mulierum corresponde a Trota, no que expuxo temas tan perigosos para o seu tempo como intentar eliminar a creenza de que todos os males da muller lle viñan da menstruación, e defendeu o uso de herbas para mitigar as dores do parto, algo totalmente prohibido daquela.

Esta obra converteuse nun texto imprescindible nas universidades europeas ata o século XVI, consta de 60 capítulos nos que fala do embarazo, o parto, o puerperio, a fertilidade e outros temas relacionados coa muller.

En Ornatu Mulierum se defende a hixiene como necesaria para a prevención de infeccións e enfermidades nas mulleres, algo totalmente novidoso na Idade Media.

Trotula tamén escribiu o texto Practicam secundum TrotamDicía que a libido non é só masculina senón de ambos sexos. Advirte ás solteiras, monxas ou viuvas dos inconvenientes dunha prolongada abstinencia sexual.

Tralo nacemento preocupase polo benestar físico e psíquico do recén nado e recomenda o contacto físico frecuente, calor e masaxes en todas as partes do seu corpo e proporcionarlle auga quente e mel no paladar. Tamén fala de estimular os seus sentidos con cores e sons armoniosos.

The Dinner Party
Trotula morreu na súa cidade natal, posiblemente no ano 1160, a unha idade avanzada, algo moi pouco frecuente para a época. Quizáis grazas a gran cantidade de coñecemento acumulado sobre o mantemento dunha boa saúde.

Trota de Salerno forma parte da instalación da artista feminista Judy Chicago, The Dinner Party, na que o seu cuberto combina referencias ao seu papel de médica no parto e os coidados.

A súa  fama foi tan grande que ao seu enterro asistir un cortexo fúnebre de tres kilómetros de longo, e mesmo o escritor inglés Geoffrey Chaucer mencionaa nos seus míticos Contos de Canterbury.

No ano 2016, Mercedes Arriaga López, catedrática en Filoloxía Italiana pola Universidade de Sevilla, foi codirectora dunha tese doutoral sobre Trotula de Ruggiero e as mulleres da Escola de Salerno.

Esther LEDERBERG

PIONEIRA DA XENÉTICA MICROBIANA

Esther Miriam Zimmer (nome de solteira de Esther Lederberg), naceu o 18 de decembro de 1922 no Bronx, en Nova Iorke. Estudou en Hunter College, onde pensaba graduarse en francés ou literatura, pero cambiou de idea e optou pola bioquímica, desoíndo os consellos do seu profesorado, que lle dicían que a ciencia era un ámbito que ofrecía ás mulleres moi poucas oportunidades de realizar unha carreira profesional.

Rematou a súa licenciatura, e entre 1941 e 1942, traballou no Xardín Botánico de Nova Iorke, investigando en Neurospora crassa. No 1946 obtivo o título de máster en xenética. 

En decembro dese ano, casou co tamén biólogo Joshua Lederberg. E no ano 1950 defendeu brillantemente a súa tese doutoural dedicada á xenética das bacterias.

A pesar de que, durante máis de 50 anos, Esther Lederberg dedicou os seus esforzos a sentar as bases da xenética microbiana, foi o seu marido quen recibiu o recoñecemento do premio Nobel.

En 1958, cando Joshua Lederberg obtivo o premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos da organización do material xenético nas bacterias, pero non Esther, lidérela desa investigación.

Esquema do método de réplica en placa 

As contribucións de Esther inclúen o descubrimento do virus bacteriófago lambda λ, a transferencia de xens entre bacterias por transducción especializada, o desenvolvemento do método de réplica en placa para o cultivo de bacterias e o descobremento do factor de fertilidade.

Tamén atopou a manera de obter réplicas idénticas dunha placa de Petri copiando a original nun "selo", non de goma, senón de terciopelo de algodón esterilizado. Ao presionar a placa quedaban bacterias iguais ás originais.

En 1966 separouse e permaceu en Standford onde fundou e dirixiu o Centro de Referencia de Plasmidios. Xubilouse en 1985 e en 1993 casou de novo con Mattew Simon, con quen compartía a paixón pola música.

Outra das súas inquedanzas foron a danza, a botánica e a literatura.

Esther Zimmer faleceu en 2006, á idade de 84 anos a causa dunha neumonía.

Máis información en NG, Wikipedia, ConCiencia, Astro, Microbioloxía



Eva GONZALÈS

A PINTORA BREVE

Autorretrato
Eva Carola Jeanne Emmanuela Antoinette Gonzalès, (París, 19 de abril de 1849-París, 5 de maio de 1883) foi unha pintora impresionista francesa de ascendencia española e monegasca.

Eva Gonzalès era filla do escritor Emmanuel Gonzalès e grazas á fama da súa nai, Marie Céline Ragout, música francesa, Eva creceu rodeada da arte e cultura máis exquisitas de París.

Comezou a pintar con 16 anos, sendo discípula de Charles Joshua Chaplin (mestre tamén de Mary Cassat),  un pintor que había deserrolado un programa de estudios artísticos para mujeres

Pero quería evolucionar e trasladouse ao taller de Manet onde foi tanto discípula como modelo, polo que foi máis conhecida que como artista profesional por dereito propio. 

La toilette

A influencia de Manet é evidente no seu traballo temperá, como O soldadiñoexposta en 1876 no Salón de Paris, obra moi similar a O pífano pintada 4 anos antes por Manet. Pero a finais dos 70 comezou a desenvolver un estilo moito máis propio, empregando cores pastel, pinceladas máis soltas e temática intimista, o que lembra a Degàs e a Morisot, ca cal entrara en conflicto.

Chamabanlla a máis academista do impresionismo debido á calidade do debuxo nos seus cadros e o tratamento dos detalles, pero o trato de luces e sombras con pinceladas esbozadas, aplicando a cor con toques rápidos son propios do impresionismo. 

Combinaba unha técnica sinuosa e tamizada, con tonos pasteis, representando ás súas modelos e a sí mesma dunha forma realista, a diferencia do que Manet fixo con ela. O que queda reflectido nas súas obras Espertar na mañá e Muller en Rosa, na que pinta de forma realista a súa irmá Jeanne que lle servía de modelo, en 1874.

Outras pinturas súas son Palco no teatro, que se atopa no Museo d'Orsay de París, o pastel Sombrereira, de 1877, no Chicago Art Institute, Lectura no bosque, de 1879 e Paseo en burro, de 1880, exposto no Bristol Museum and Art Gallery.

O soldadiño

Muller en Rosa

Espertar na mañá

Sombrereira

Paseo en burro

Faleceu moi xove, con 34 anos, despois de dar a luz a súa filla Julie, debido a unha embolia, cinco días despois da morte de Manet, o seu mestre, amigo e conselleiro. Está soterrada no cemiterio de Montmartre, en París.




Máis información en Wikipedia, Arte, Historia, Wikiart, Impresionistas, EvaObras






Francisca de PEDRAZA

PIONEIRA DO DIVORCIO POR VIOLENCIA DE XÉNERO NO 1624

Francisca de Pedraza foi a primeira española que obtivo unha sentencia favorable de violencia de xénero, no Século de Ouro, despois de denunciala ante os tribunais de xustiza da Universidade de Alcalá, en 1624.

Esta denuncia foi un feito sen precedentes daquela, como tamén o foron as súas consecuencias. Despois de non poucos avatares, o tribunal dictou  unha sentencia excepcional de gran relevancia xurídica: divorcio, devolución da súa dote e orde de afastamento. Non houbo unha sentencia similar ata ben avanzado o século XX.

Francisca de Pedraza (Alcalá de Henares, finais do século XVI-mediados do XVII) orfa humilde, foi educada polas monxas complutenses no convento das Carmelitas Descalzas e logo conseguiu casar. Pero casou cun home alcohólico e pendenciero que lle pegaba "o normal", a ela e a súa prole. Cando o denuncia recibe como sentencia favorable a indicación ao seu marido de que a trate con amor. 

O maltrato continúa, mesmo provocándolle un aborto nunha praza pública, ante testemuñas, e reitera a querela. Por fin, despois de máis de catro anos de denunciar ao seu marido ante distintas instancias civís, eclesiásticas e universitarias a violencia que sufría, por fin gañou o pleito. 

A asociación de "Mujeres Progresistas de Alcalá de Henares" estableceu no ano 2016 o primeiro  “Premio Francisca de Pedraza contra la Violencia de Género” coa finalidade de recoñecer e distinguir o labor desenvolvida por persoas ou institucións na prevención e erradicación deste grave problema social.

Este galardón foi concedido na súa primeira edición en 2016 ao ex Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, por haber impulsado iniciativas lexislativas para erradicar a violencia de xénero e promover a igualdade entre mulleres e homes. 

E na quinta ás cineastas Mabel Lozano e Isabel de Ocampo ex-aequo, recoñecendo o valor da mensaxe de denuncia e concienciación contra a violencia de xénero que se realiza desde el campo audiovisual pola súa enorme influencia social.

En 2023 otorgouse o premio á iniciativa "El Prado en femenino", dirixida por Noelia García Pérez en recoñecemento ao traballo en promoción da igualdade.

Recentemente recibiron a "Francisquita", como se lle chama cariñosamente a este premio, á periodista Macarena Baena e a Isaías Lafuente, de 'La Ventana', polo seu labor informativo en compromiso para erradicar e denunciar a violencia de xénero.

En Alcalá de Henares, un instituto de ensino secundario leva oa seu nome, IES Francisca de Pedraza, e outro en Segovia.

A súa loita foi rescatada polos historiadores, profesores da universidade Rey Juan Carlos de Madrid, Ignacio Ruiz Rodríguez e Fernando Bermejo Batanero, e recollida no seu libro ‘Una alcalaína frente a un mundo: el divorcio de Francisca de Pedraza’.

Máis información en PremioFEMPWikipediaDivorcioLegalEl PaísFranciscaCadena SerLibro.




María Cecilia CARDARELLY BOUSQUET

A PRIMEIRA FOTÓGRAFA GALEGA

Nada en Zaragora en 1845, María Cecilia Cardarelly Bousquet foi unha fotógrafa galega, unha das primeiras mulleres en contar con estudio propio en España e a primeira en Galicia. Coa súa familia, tintureiros franceses, chegou a Galicia sobre 1851. 

Estableceronse definitivamente en Santiago, cando María contaba 9 anos. Tras un breve paso pola rúa Nova, fixaron a casa e o negocio na rúa do Hórreo. 

Á mesma parroquia pertencía unha pequena burguesía coa que se relacionaba e máis tamén con certa parte dos intelectuais liberais da época, cos que compartían inquedanzas. Neste sentido isto explicaría a súa relación cos Murguía-De Castro e o fotógrafo Eliseo Segond.

Parece que se formou como retocadora e pintora de panos de fondo nalgún dos estudios locais, o que lle puido valer tamén para formarse en fotografía. Asemade estivo relacionada co fotógrafo noiés Eliseo Segond (fillo tamén de tintureiros), que é o autor da única fotografía súa coñecida.

Deberon asociarse durante un breve período de meses en Santiago, no estudio que finalmente estableceu María. Porque, sobre 1864, efectivamente, cando María contaba uns 19 anos, comezou a exercer como fotógrafa de estudio no domicilio familiar, na rúa do Hórreo compostelá, que era daquela parte dos arrabaldes da cidade.

Pero tivo que abandonar a súa actividade polo seu fracaso comercial, tendo en conta a situación do local, a súa xuventude e a súa condición feminina, en 1866, marchando da cidade. 

Foi a primeira retratista coñecida de Rosalía de Castro

Conservanse dúas fotos, unha no fondo de imaxes familiares, que Gala Martínez-Murguía de Castro doou á Real Academia Galega, e a outra foi un achado que fixo Anxo Angueira no 2013. 

Ambas as dúas foron tomadas contra 1865 nunha mesma sesión fotográfica, e veñen asinadas co selo do seu estudio.

Así mesmo, no 2017, descubriuse que outra das fotografías doadas por Gala á RAG e asinada por María Cardarelly era, de feito, un retrato da primeira filla de Rosalía, Alejandra.

Andando o ano 1866, os Cardarelly abandonaron Santiago e estableceron a nova tinturaría na rúa María, en Ferrol. 

Alí traballou na venda a comisión de pianos. Tamén ofreceu recitais de piano en diferentes actos sociais ferroláns, e deu durante moitos anos clases particulares deste instrumento a nenas da cidade. 

Neste sentido, mantivo amizade coa notable pianista Eugenia Osterberger, coñecida como Madame Saunier.

En 1910, con 65 anos, trasladouse a Madrid a vivir cuns familiares, onde probablemente faleceu.

Máis información en Nós, Correo, Wikipedia, Galiza, Arte, Rosalía, Santiago.