PIONEIRA DO DIVORCIO POR VIOLENCIA DE XÉNERO NO 1624
Francisca de Pedraza foi a primeira española que obtivo unha sentencia favorable de violencia de xénero, no Século de Ouro, despois de denunciala ante os tribunais de xustiza da Universidade de Alcalá, en 1624.
Esta denuncia foi un feito sen precedentes daquela, como tamén o foron as súas consecuencias. Despois de non poucos avatares, o tribunal dictou unha sentencia excepcional de gran relevancia xurídica: divorcio, devolución da súa dote e orde de afastamento. Non houbo unha sentencia similar ata ben avanzado o século XX.
Francisca de Pedraza (Alcalá de Henares, finais do século XVI-mediados do XVII) orfa humilde, foi educada polas monxas complutenses no convento das Carmelitas Descalzas e logo conseguiu casar. Pero casou cun home alcohólico e pendenciero que lle pegaba "o normal", a ela e a súa prole. Cando o denuncia recibe como sentencia favorable a indicación ao seu marido de que a trate con amor.
O maltrato continúa, mesmo provocándolle un aborto nunha praza pública, ante testemuñas, e reitera a querela. Por fin, despois de máis de catro anos de denunciar ao seu marido ante distintas instancias civís, eclesiásticas e universitarias a violencia que sufría, por fin gañou o pleito.
A asociación de "Mujeres Progresistas de Alcalá de Henares" estableceu no ano 2016 o primeiro “Premio Francisca de Pedraza contra la Violencia de Género” coa finalidade de recoñecer e distinguir o labor desenvolvida por persoas ou institucións na prevención e erradicación deste grave problema social.
Este galardón foi concedido na súa primeira edición en 2016 ao ex Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, por haber impulsado iniciativas lexislativas para erradicar a violencia de xénero e promover a igualdade entre mulleres e homes.
E na quinta ás cineastas Mabel Lozano e Isabel de Ocampo ex-aequo, recoñecendo o valor da mensaxe de denuncia e concienciación contra a violencia de xénero que se realiza desde el campo audiovisual pola súa enorme influencia social.
En 2023 otorgouse o premio á iniciativa "El Prado en femenino", dirixida por Noelia García Pérez en recoñecemento ao traballo en promoción da igualdade.
Recentemente recibiron a "Francisquita", como se lle chama cariñosamente a este premio, á periodista Macarena Baena e a Isaías Lafuente, de 'La Ventana', polo seu labor informativo en compromiso para erradicar e denunciar a violencia de xénero.
En Alcalá de Henares, un instituto de ensino secundario leva oa seu nome, IES Francisca de Pedraza, e outro en Segovia.
A súa loita foi rescatada polos historiadores, profesores da universidade Rey Juan Carlos de Madrid, Ignacio Ruiz Rodríguez e Fernando Bermejo Batanero, e recollida no seu libro ‘Una alcalaína frente a un mundo: el divorcio de Francisca de Pedraza’.
Máis información en Premio, FEMP, Wikipedia, Divorcio, Legal, El País, Francisca, Cadena Ser, Libro.