BARRA DE MENÚ

Rose VALLAND

A HISTORIADORA DA ARTE

Rose Antonia Maria Valland foi unha historiadora de arte, membro da Resistencia francesa e capitana do exército francés. Durante e despois da Segunda Guerra Mundial participou en operacións de sabotaxe e na recuperación de case 45.000 obras de arte roubadas polos nazis.​​​

Rose traballaba no museo de arte Jeu de Paume de Paris e como pasaba prácticamente desapercibida, aproveitou para levar un rexistro segredo, onde anotaba todas as saídas e entradas destas obras de arte. 

Rose Valland naceu en 1898 e faleceu en 1980, en Saint-Étienne-de-Saint-Geoirs, Isère, (Francia). Foi mestra, profesora de debuxo, licenciada en Historia da Arte e conservadora de museos. 

Dedicou toda a súa vida á arte, escribiu os seus sus periplos durante a Segunda Guerra Mundial nun libro en 1961, titulado El frente del arte

documental La espía de cuadros, Rose Valland (2015) dirixido por Brigitte Chevel narra a súa historia.

Máis información en:

Los ojos de Hipatia: Valland
Mujeres en la historia: Rose
Artenea: Monument
Wikipedia: Historiadora




Laura BASSI

A PIONEIRA DA CONCILIACIÓN


Laura María Catharina Bassi foi unha científica italiana do século XVIII, filósofa, poeta, docente, madre de familia numerosa, segunda muller doctorada en Europa, primeira nunha cátedra universitaria e gran loitadora pola igualdade. 
Naceu en Bolonia o 29 de novembro de 1711 e faleceu na mesma cidade o 20 de febreiro de 1778.
Un cráter do planeta Venus leva o seu nome.
Foi unha pioneira na conciliación da vida familiar e profesional xa que logrou ter unha gran familia (12 fillos e fillas) e adicarse á ciencia, aínda que tivo que superar moitos atrancos.
Pero as súas contribucións foron totalmente ignoradas e non só non aparecen referencias súas nas historias oficiais da ciencia, senón que algúns historiadores afirman que só impartiu leccións privadas na súa casa, pese a estar documentada a súa docencia na Universidade de Bolonia durante máis de coarenta anos.
Nena prodixio, con vinte recibiu unha coroa de loureiro de plata e deu un discurso de aceptación en latín. O Senado de Bolonia creou unha medalla na que ela aparecía nunha cara e Minerva –a deusa da sabiduría– na outra, xunto coa inscripción ‘Soli cui fas vidisse Minervam.
O papa Benedicto XIV creou unha nova praza, a vixésimo quinta, entre os Benedettini para que fose ocupada por Bassi. Co seu marido Giuseppe Veratti inaugurou un laboratorio e unha escola privada de física experimental no seu domicilio, que pronto fíxose famosa en toda Europa.

Máis información:
El País: Laura                                         Projecto Continua: Filósofa
Mujeres con Ciencia: Científica           Mujeres en la historia: Minerva
Wikipedia: Bassi                                    BBC: Licenciatura

María IZQUIERDO

A PINTORA MEXICANA

María Cenobia Izquierdo Gutiérrez, máis coñecida como María Izquierdo, foi unha pintora mexicana, a primeira en expoñer as súas obras fora de México, en 1930. A súa primeira exposición tivo lugar no Art Center da cidade de Nova Iorke. Aínda que a maioría dos seus biógrafos aceptan 1902 como o ano do seu nacemento, algúns outros afirman que foi en 1906. Faleceu en México en 1955.

Vencellada ao muralismo mexicano, interesouse pola cultura indíxena do seu país. As protagonistas das súas pinturas soen ser mulleres; no seu discurso pola radio «La mujer y el arte» denunciou l a opresión na que vivían as mulleres mexicanas. Nunca abandonou ese activismo.

Pero polo feito de ser muller Diego Rivera, Sequeiros y Orozcos impediron que realizara un mural xa que "unha muller non tiña as cualidades necesarias para realizar traballo mural".  

“El progreso de la Ciudad de México”, o proxecto que non prosperou pola oposición dos muralistas é hoxe unha realidade grazas ao traballo de máis de 150 mulleres que pintaron nunha parede da rúa Aldama, en El Barrio de Jalatlaco, Oaxaca, como parte da homenaxe á artista chamándoo "El mural que debió ser".
 

Más información en:

Wikipedia: María
Historia arte: Arte
El mural que debió ser: Jalatlako
Mural: 110 pintoras
El País: Pintora tapada


Rosa BONHEUR

A PINTORA DE ANIMAIS

Boneca "Rosa"
Marie-Rosalie Bonheur, máis coñecida como Rosa Bonheur, foi unha artista francesa, fundamentalmente pintora pero tamén escultora, que se especializou na representación de animais, de estilo realista e naturalista.​ 

Naceu en Bordeaux o 16 de marzo de 1822 e faleceu en Thomery o 25 de maio de 1899. Tivo dúas parellas, as tamén pintoras  Nathalie Micas e Anna Elizabeth Klumpke. As tres están xuntas no cemiterio do Père-Lachaise, en Paris.

Como tiña problemas para ler a súa nai propúxolle que elixiera un animal para cada letra e o debuxara, así nacería a súa paixón polos animais.

Considerada unha das artistas máis famosas do século XIX, tanto que nesa época as bonecas facíanse á súa imaxe e lles chamaban "Rosa".

O seu maior recoñecemento foi por “Feria de Cabalos”, presentada no Salón de Paris no 1853. 

El Cid
Recentemente o Museo do Prado incorporou a súa obra permanente "El Cidque ela lle regalou como mostra de agradecemento ante a condecoración da Orde de Isabel a Católica que lle otrogaron 1879.

Historia National Geographic: Rosa
Mujeres en la Historia: Mujer
Mujeres pintoras: Pintora
Sararubayo: Rosalie
Wikiart: Artista
Wikipedia: Bonheur

Grunya SUKHAREVA

A PIONEIRA DO AUTISMO

En 2015 a revista Nordic Journal of Psychiatry rescatou a figura de Grunya Efimovna Sukhareva. Esta psiquiatra infantil publicou no año 1925 en ruso e no 1926 en alemán (e traducido ao inglés no año 1996 pola psiquiatra Sulla Wolff) a descripción de seis rapaces aos que tratou durante dous anos no departamento psiconeurolóxico infantil de Moscú. 

Estes nenos caracterizábanse por unha ausencia de expresividade facial, illamento, ausencia de interacción social e un comportamento extraño e socialmente inadecuado. Refiriu tamén as súas tendencias aos automatismos, con estereotipias conductuais e verbais, intereses obsesivos e unha gran necesidade de que os feitos sucederan sempre da misma maneira. Relatou a súa vez a sua alta sensibilidade aos ruidos e olores e como algúns deles estaban dotados para a música e preservados cognitivamente. Denominou Psicopatía Esquizoide ao conxunto de signos que describiu. en concordancia coa clasificación de Eugen Bleuler e Ernst Kretschmer, pero logo o cambiou por «psicopatologxía autística» nunha publicación posterior que, de momento, non está traducida do ruso titulada "Conferencias sobre psiquiatría infantil clínica". As características principais eran unha actitude autística, unha tendencia cara a soidade e a evitar dende a infancia a outras persoas, rexeitando a compañía de outros nenos e nenas. A diferencia de Hans Asperger describiu estas características en ambos xéneros, homes e mulleres con TEA.

Durante años se acusó a las madres, las “madres frigorífico”, de ser las causantes del autismo de su hijo

Estes traballos describían pacientes que seguirían os criterios diagnósticos actuais do Trastorno do Espectro Autista que anos máis tarde, Leo Kanner (1943 ) e Hans Asperger (1944 ), publicarían nos seus estudos sobre o autismo, que tiveron moito máis recoñecemento que os de Grunya, unha muller, xudea e nada no Imperio Ruso, características que non parece que lle axudasen a pasar á
historia.

Grunya Sukhareva naceu en Kiev o once de novembro de1891. Graduouse no instituto médico de mulleres da mesma cidade no 1915 e traballou como doutora dentro da sección epidemiolóxica, onde se interesou polos trastornos psiquiátricos que a miúdo atopou nos pacientes de enfermidades infecciosas. O seu interese derivou hacia a psiquiatría infantil ata o punto de facer contribucións en todas as ramas deste campo. En Moscú traballou con nenos e nenas deficientes mentais e regresou a Ucrania en 1933, sendo a xefa do Departamento de Psiquiatría Infantil no Instituto Psiconeurolóxico Kharkov. Dous anos despois, defendeu a súa tese doutoral e fundou o Departamento de Psiquiatría Infantil no Instituto Médico Central de Educación Continuada en Moscú, do que foi a súa xefa ata 1965. 

Asemade dos seus traballos sobre os nenos e nenas con características autísticas, investigou sobre esquizofrenia infantil e na adolescencia. Foi a primeira en ofrecer unha nosoloxía dos trastornos mentais na infancia. Escribiu que o desenvolvemento anómalo do sistema nervioso fundamentábase no biolóxico, como tendencia a un certo tipo de reacción e que para a aparición de desórdenes da personalidade eran necesarios tamén os factores sociais ou ambientais. Pensaba, igualmente, que a crianza en ambientes de relacións hostiles ou estresantes levaba á formación de desórdenes adquiridos da personalidade.

Dende os anos trinta do século vinte, Grunya Sukhareva defendeu os dereitos das nenas e dos nenos, manifestando que a infancia con dificultades non debían ser enviados ás colonias de traballo estatais senón que debían ser atendidos en Institucións médicas e pedagóxicas. 

Grunya Sukhareva morreu en Moscú no 1981 á idade de 89 anos. 

Máis información:

Neurociencia: Autismo
Revista eipea número 1, 2016: eipea
Wikipedia: Grunya
Al otro lado del espectro: TEA
Ciencias de la educación: Discapacitodos
Mujeres con CIENCIA: Sukhareva
Neuropíldoras: Neurocientíficas
Tik tok: Vídeo