A PINTORA DE ANIMAIS
Boneca "Rosa" |
Naceu en Bordeaux o 16 de marzo de 1822 e faleceu en Thomery o 25 de maio de 1899. Tivo dúas parellas, as tamén pintoras Nathalie Micas e Anna Elizabeth Klumpke. As tres están xuntas no cemiterio do Père-Lachaise, en Paris.
Como tiña problemas para ler a súa nai propúxolle que elixiera un animal para cada letra e o debuxara, así nacería a súa paixón polos animais.
Considerada unha das artistas máis famosas do século XIX, tanto que nesa época as bonecas facíanse á súa imaxe e lles chamaban "Rosa".
O seu maior recoñecemento foi por “Feria de Cabalos”, presentada no Salón de Paris no 1853.
El Cid |