BARRA DE MENÚ

Marie de GOURNAY

PRECURSORA DO FEMINISMO

6 de outubro de 1565, en Paris, nace Marie Le Jars, máis tarde coñecida como Marie de Gournay, que chegou a ser unha importante escritora, filóloga, tradutora, poeta e filósofa francesa dos séculos XVI e XVII. 

Filla dun nobre que veu a menos, Marie, como moitas mulleres daquela época, sabía Latín, Grego, Física, Xeometría e Historia, os clásicos e a literatura francesa, pero formouse de maneira autodidacta; así, aprendera o latín comparando textos traducidos ao francés cos orixinais.

En 1588, aos vintetrés anos, coñeceu ao filósofo Michel de Montaigne. Ela sabía da súa obra desde facía tempo e quedaron mutuamente impresionados. Entón el converteuse non só en admirador das súas ideas senón que alentouna a escribilas e publicalas, algo totalmente revolucionario para o seu tempo.

Tres anos despois do falecemento do seu protector, Marie le Jars publicou en 1595 a terceira edición dos Ensaios de Montaigne.

Gañabase a vida escribindo e realizando traducións. Ofrecía o seu traballo a raíñas, reis e á nobreza. Finalmente conseguiu poder publicar as súas obras e Richelieu concedeulle unha modesta pensión real.

É autora de Igualdade dos homes e as mulleres (1622)Agravio de damasApoloxía da que escribe e Copia da Vida da doncella de Gournay, onde analiza a tradición filosófica e o mundo no que vive, argumentando acerca das causas da desigualdade e os mecanismos de desautorización feminina. 

Pola súa obra está considerada como unha das precursoras históricas do feminismo

"Escritos sobre a igualdade e en defensa das mulleres" é unha edición que nos acerca as palabras dunha muller que xa no século XVII defendeu cuestións tan modernas como a linguaxe inclusiva e ridiculizou a aqueles que se empeñaban en relegar ás mulleres con afirmacións como esta que é, quizais, unha das súas máis famosas e brillantes aseveracións acerca da igualdade de xénero: "Non hai nada máis parecido a un gato sobre unha fiestra, que unha gata".

O seu estilo de vida foi sumamente inusual para a súa época, foi unha muller solteira que se gañou a vida a través dos seus escritos e defendeu o acceso igualitario das mulleres á educación e os postos públicos. Nos seus ensaios atacou a corrupción das cortes, ao clero e á aristocracia.

Os factores que segundo Gournay explican a subordinación da figura feminina son: a crianza nun ambiente misóxino, a educación e o lugar de nacemento. Por esta razón, defenderá un sistema educativo que inclúa ás mulleres na vida pública; e que, grazas a ilo, poida contar con unha independencia económica do varón, pudéndose permitir dedicarse a proxectos intelectuais, máis alá da tradición imposta como esposa e nai. 

Pódese considerar unha humanista, unha muller renacentista, non só por vivir nese período senón tamén polos seus amplos coñecementos en diversas disciplinas. Grazas a isto pudo dirixir un salón na súa casa onde se reunían homes e mulleres intelectuais para debatir sobre os temas máis diversos de filosofía, política e literatura.

Tras falecer en París o 13 de xullo de 1645 foi esquecida e silenciada.

Antes de morrer compilou todas as súas obras en "Les advis ou les presens de la demoiselle de Gournay", publicado en 1641. Actualmente este primeiro volume das súas obras completas publicouse de novo en 1997.

Para saber máis clicar en Wikipedia, MujeresconCiencia, MujeresHª, MujeresLila, ReF, DF, MRPioneiras