A VOLTA AO MUNDO AO REVÉS DE NELLY BLY
Escritora, periodista, editora e poetisa, Elizabeth Bisland foi máis coñecida porque deu a volta ao mundo percorrendoo en sentido contrario a Nellie Bly. Ambas partiron o 14 de novembro de 1889 coa idea de romper o reto de Phileas Fogg o protagonista da novel ade Xullo Verne "A volta ao mundo en 80 días".Elizabeth foi enviada pola revista Cosmopolitan, que acababa de nacer, e Bly polo New York World, o periódico máis importante da época. Bisland logrou cumprir o seu obxectivo culminando a viaxe en setenta e seis días e medio, pero Bly superouna facéndoo en 72 días, 6 horas e 11 minutos.
Unha, Elizabeth, saíu de Nova Iorke cara ao Oeste rumbo a San Francisco en tren, e a outra, Nelly partiu e chegou a Hoboken, Nova Jersey pero viaxando cara o leste en dirección a Londres a bordo do vapor Augusta Victoria, sen saber que Elizabeth tamén competía ata que chegou a Hong Kong o 24 de decembro.En ambos casos os barcos de vapor e o tren foros os medios de transporte máis utilizados. Elizabeth contaría a súa experiencia en sete artigos publicados na revista Cosmopolitan, e que máis tarde, en 1891, serían recollidos no seu libro: In Seven Stages: A Flying Trip Around the World, que a editorial Casiopea publica por primeira vez en español, no 2020, dentro da súa colección "Victorianas".
Elizabeth Bisland nacera en Luisiana o 11 de febrero de 1861 e xa de adolescente comezou a escribir poesía conseguindo o seu primer traballo para o periódico The Sun en 1887.
Para 1889 traballaba para un bo número de publicacións, incluíndo o New York World. Máis tarde converteuse en editora na revista Cosmopolitan e tamén contribuiu ao Atlantic Monthly e ao North American Review.
En 1906 publicou A vida e cartas de Lafcadio Hearn, a que coñecera cando ambos vivían en Nova Orleans na década de 1880. O seu último libro, Tres homes sensatos do l'Este (1930), foi publicado póstumamente.
Elizabeth Bisland faleceu de unha neumonía cerca de Charlottesville, Virginia, o 6 de xaneiro de 1929, e foi enterrada no Cimiterio Woodlawn no Bronx, na cidade de Nova Iorke, casualmente no mesmo cimeterio que Nelly Bly, que tamén falecera de neumonía en 1922.
Máis información en Wikipedia, Bisland, Competición, Viaxe


