DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO
Bioquímica, bióloga molecular e xenetista, ChristiAne Nüsslein-Volhard naceu en Alemaña o 20 de outubro de 1942. Dende 1985 dirixe a división de xenética do Instituto Max Planck de Bioloxía do desenvolvento en Tubinga, Alemania, convertíndose nunha das cinco mulleres directoras, entre os máis de douscentos directores.
Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou mediciña en 1995 polos seus estudos sobre os mecanismos xenéticos que controlan o desenvolvemento do embrión humano mediante o estudo da mosca da froita.
Os seus traballos realízanse, fundamentalmente, no campo da influencia da xenética sobre o desenvolvemento embrionario do feto. Identificaronse na Drosophila melanogaster, nomeada popularmente como mosca do vinagre, unha serie de xenes que determinan a evolución dos diferentes segmentos do animal e deciden a súa conversión en organismos especializados, aplicándose perfectamente na xénese humana.En 2004, co diñeiro procedente do Premio Nobel, creou unha fundación que leva o seu nome co fin de ofrecerlles axuda financeira e para o coidado dos seus fillos e fillas, ás mozas científicas alemás para animalas a dedicarse á investigación.
Este ano 2021 foi investida doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra pola súa contribución ao descubrimento dos principios xerais do desenvolvemento embrionario.
Os seus pasatempos son a música (Canto, Flauta, Música de cámara), deseño de xardínse cocinar. Tamén é Presidenta do Patronato Internacional de la Academia Hugo-Wolf de Stuttgart.
Publicou o libro de cociña "Mein Kochbuch: Einfaches zu besonderen Anlässen", en 2006.