BARRA DE MENÚ

June ALMEIDA

DESCOBRIDORA DO CORONAVIRUS

O 5 de outubro de 1930, en Glasgow, naceu June Dalziel Hart a viróloga escocesa que, con escasa educación formal, converteuse en doutora en ciencia e foi pioneira na identificación, o diagnóstico e a obtención de imaxes de virus.​​ Faleceu en Bexhill o 1 de decembro de 2007.

Máis coñecida como June Almeida, foi a primeira persoa que viu un coronavirus cun microscopio, en 1964.​​ Era un virus similar ao da gripe etiquetado como B814. June describiuno como «rodeado por un halo, como unha coroa solar» e chamouno coronavirus. ​

A finais dos anos 1980, axudou a publicar algunhas das primeiras imaxes en alta calidade do VIH e foi a primera persoa en fotografiar e ver o virus da rubeola​ cun microscopio electrónico.

Publicou, para a Organización Mundial da Saúde, o Manual de diagnóstico rápido de virus no laboratorio, en 1979.

Na actualidade, en moitas investigacións úsanse as súas técnicas para identificar virus de forma rápida e precisa.

Máis información en Mujeres con ciencia, National Geographic, Muy Historia
VídeoEl UniversoWikipedia