BARRA DE MENÚ

EXERIA

A PRIMEIRA VIAXEIRA


Exeria 
 foi unha viaxeira e escritora hispanorromana do século IV. Parece que naceu na provincia romana de Gallaecia.        
Peregrinou a Terra Santa e narrou as súas aventuras nas cartas que dirixía ás súas amigas, entre 381 e 384.
Este relato de viaxes é o máis antigo do que se ten noticia en España e escrito por unha muller, e galega; está redactado en latín vulgar e é coñecido como o "Itinerarium ad Loca Sancta".
A súa guía de viaxe era unha Biblia e pernoctaba nos monasterios.
A pelegrinaxe durou tres anos e visitou Oriente Próximo saíndo de Galiza, percorrendo Francia, atrevesando o norte de Italia e cruzando en barco o mar Adriático; continuou a súa viaxe ata Constantinopla e finalizou o periplo entre Xerusalén e Alexandría.

Outras pelegrinas da época foron Melania, tamén hispana, Paula e Silvia de Aquitania.

Itinerarium ad Loca Sancta
Máis información en:
Aprende coas mulleres galegas: Galegas
Mujeres en la Historia: Pioneira
Wikipedia: Exeria
Traveler: Viaxeira
A túnica de Neso: Itinerarium 
Cultura Cervantes: Escritora
No me cuentes cuentos: Podcast
El español: Cronista




Películas

FILMOGRAFÍA DE, POR E PARA MULLERES

- Carteleira do 8 M

Andaina recompila 80 películas recomendadas para conmemorar o 8 de Marzo de 2024, día Internacional da Muller. 

ColaboraLAB Andaina en Instagram: "En Andaina este ano somos cine! As mulleres tamén estamos todo o ano!"

Achegan este PDF con listado de 80 pelis, doces que seleccionaron e poden ser de interese.

Pódese ver na seguinte ligazón Andaina


- Películas sobre mulleres científicas do 11 de febreiro de 2021: 

No seguinte enlace pódense atopar filmografía sobre mulleres científicas: Científicas

Tamén hai unha selección de películas ca temática "Ciencia y Mujeres" na páxina Pelis feministas e Xataca recomenda estas películas 9 Pelis e os seguintes documentais




- Películas sobre a vida de mulleres filósofas ( Hanna Arendt, Rosa Luxemburg, Edith Stein, Simone de Beauvoir, Hipatia de Alejandría, María Zambrano, Judith Buther e outras máis, que se poden visionar en Cultura Inquieta


- Co motivo do 8 de marzo, en United Explanations hai unha listaxe de moitas películas producidas, interpretadas e/ou relacionadas con mulleres de todo tipo que tratan da situación da muller no mundo. Premer nesta ligazón: 70 Pelis









ASPASIA DE MILETO

A "BELA BENVIDA"



Aspasia, a bela benvida, naceu en Mileto alá polo 470 aC. Cuns 20 anos parteu a Atenas onde fundou unha escola de filosofía e declamación para xente xoven. Tanto foi o seu prestixio que Pericles quixo coñecela. E tanto lle namorou que viviron xuntos ata a súa morte.
Aspasia era unha artista da retórica, tanto no aspecto logográfico como no pedagóxico, que se rodeou dos máis ilustres e recoñecidos intelectuais da súa época, contribuindo de forma activa ao florecimento da vida cultural en Atenas 
Tamén salientar a súa faceta de científica e médica. A obstetricia, a ginecología e a cirurxía foron os seus ámbitos de actuación e de investigación. Foi quen de detectar e previr embarazos de risco e desenvolveu remedios naturais para o post-parto.
Tivo un papel relevante no nacemento do movemento de emancipación feminina, conseguindo que por primeira vez se tivera en conta ás mulleres na vida pública da cidade.
Retirouse ao campo deixando de lado a vida pública e fundou unha Academia de Elocuencia e Arte Amatoria onde as xóvenes ían aprender a carreira de hetaira, sendo unha das súas mellores discípulas Lais de Corintio.
Parece que morreu no ano 400 aC.


Aspasia cos filósofos gregos - Corneille, 1672
Para saber máis:
Freedamedia: Pericles
Wikipedia: Aspasia
Nueva tribuna: Hetaira
La mente es maravillosa: Mente
Mujeres Riot: Grecia
Filósofas antiguas: Las dos Aspasias



ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro


Santiago de Compostela, 24/02/1837  
Padrón, 15/07/1885

Escritora e poetisa que escribiu tanto en castelá como en galego, facendo renacer esta lingua, o que se deu en chamar "rexurdimento", pois a literatura galega desaparecera dende os Reis Católicos.

"Cantares Gallegos" publicouse o 17 de maio de 1863; 100 anos despois foi escollido este día para celebrar o día das Letras Galegas.

Aínda que é unha muller moi coñecida, este 24 de febreiro lembramola tamén neste blogue de mulleres e as súas historias.

No 1858 aparece no xornal El Álbum del Miño, de Vigo, o artigo titulado «Lieders». Pódese ver aquí: Lieders.

Está considerada unha pioneira da poesía española e do pensamento feminista.

Adiós ríos, adiós fontes! Cantado por Amancio Prada:



A Asociación Astronómica IO da Coruña impulsou e logrou que Rosalía de Castro fora o nome da estrela HD 149143, situada na constelación de Ofiuco (encantador de serpes), a 240 anos luz da Terra e que o seu planeta asociado pasara a denominarse Río Sar. Dende 2019 Rosalía xa é de forma oficial unha auténtica estrela.

Ler máis nestas ligazóns: 

Consello da cultura galega: Álbum
Biografías y vidas: Biografías
Casa Museo de Rosalía: Casa
Cervantes virtual: Castro 
Canal historia: Perfil
National Geographic: Saudade
A Voz de Galicia: Estrela
Wikipedia: Rosalía



Nina EPTON

VIAXEIRA POR GALIZA

Nina Consuelo Epton (1913–29 de outubro de 2010) foi unha produtora de radio, locutora e escritora de viaxes británica, particularmente activa nas décadas de 1950 e 1960. 
Viaxou soa por España, África do Norte e Indonesia. Na década de 1970 publicou un a serie de obras históricas sobre a realeza, dous libros sobre gatos e una novela baseada na vida de Jane Digby
O seu maior éxito comercial foi unha serie de libros literarios, históricos e sociolóxicos sobre as relacións amorosas: Love and the French (1959), Love and the English (1960), Love and the Spanish (1961). En varias combinacións, estes traduxeronse ao francés, alemán e español. Os tres fueron reimpresos por Penguin Books en 1964-1965. 

  
UVAS E GRANITO

Na metade dos anos cincuenta Nina desembarca nun porto galego á percura de novas experiencias. Non sabía que ía facer a máis fantástica crónica de viaxes por Galicia, un país a medio camiño entre o pasado e a necesidade de ter futuro. 
Coñeceu e tratou a ilustre xeración sobrevivente do Partido Galeguista, interpretou a xente do país como ninguén, entrou na paisaxe, nas texturas e nas cores. 
No principio e no final desta obra deixou escrito: "moito do feitizo de Galicia é indescriptible".

Máis información en:
Wikigalicia: Nina
Coata sur: Epton



Jennifer DOUDNA

JENNIFER DOUDNA, NOBEL DE QUÍMICA

Tal día coma hoxe, 19 de febreiro de 1964 naceu en Washington Jennifer Doudna

Bioquímica, en 2012, cos seus colegas descubriu unha nova técnica, e barata, para editar o ADN de calquer oganismo: o CRISPR/Cas 9.

Entre outros moitos recoñecemeentos, xunto a Emmanuelle Charpentier foi galardonada co premio Princesa de Asturias en Ciencia e Tecnoloxía 2015, precisamente polo desenvolvemento de esa gran innovación no campo da xenética molecular e das súas aplicacións.

En 2020 recibiu o Premio Nobel de Química (xunto a Emmanuelle Charpentier) polo desenvolvemento dun método para edición xenética.

Feliz aniversario!!!

Máis información en:

Mujeres con ciencia: DOUDNA

Wikipedia: Jennifer



Dolors ALEU

A primeira médica española


Filla dunha familia da burguesía barcelonesa do século XIX, Dolors Aleu sacou proveito da súa posición privilexiada e convirtiuse na primeira muller en conseguir un doctorado e exercer a medicina en España. Na súa tese utilizou os argumentos médicos que tan ben coñecía para criticar o uso dunha das prendas femininas por excelencia: o corsé.

Tal día coma hoxe, 19 de febreiro, pero en 1913 falecía en Barcelona. Nacera o 7 de abril de 1857

Foi a primeira muller licenciada en Medicina de España​ e a primeira médica en alcanzar o título de doutora.


National Geographic-Historia: Aleu
Postcad: Doutora
Wikipedia: Dolors








ALEXANDRA DAVID-NÉEL

"MADAME TIBET", UNHA VIAXEIRA INCANSABLE


Louise Eugénie Alexandrine Marie David, chamada Alexandra David-Néel, naceu en Paris o 24 de outubro de 1868, e faleceu o 8 de setembro de 1969 con case 101 anos.

Foi orientalista, cantante de ópera, periodista, exploradora, anarquista, espiritualista, budista e escritora.

É coñecida principalmente pola súa visita, en 1924, a Lhasa, capital do Tibet, cidade prohibida aos estranxeiros, sendo a primeira muller occidental que chegou alí.

Na súa xuventude interesouse polas ideas anarquistas e feministas da época o que inspirou a súa publicación "Pour la vie" (1898). Loitou pola emancipación económica das mulleres.


Entre as súas obras salientar:

"Viaxe dunha parisina a Lhasa" (1927),  
"O budismo, as súas doctrinas e os seus métodos" (1939), 
"No corazón dos Himalayas: Nepal" (1949), 
"As ensinanzas secretas dos budistas tibetanos, a vida penetrante" (1951), 
"A India, onte, hoxe e mañá" (1951)
"O vello Tibet fronte a nova China" (1953), 
"Vivir no Tibet: cociña, tradición e imaxes" (1975), 



Para saber máis:

Wikipedia: David
National Geographic: Alexandra
Web de Alexandra: Web
Vídeo RTVE: Mujeres viajeras



Para ler nun momento "A India na que vivín"

TABLA PERIÓDICA DE CIENTÍFICAS

MULLERES CIENTÍFICAS NA TABLA PERIÓDICA


En 2019 conmemorouse o 150º aniversario da publicación de Mendeléyev na que colocaba nunha tabla os 63 elementos químicos coñecidos ata ese momento en función das súas propiedades periódicas, pero deixando ocos para elementos descobertos con posterioridade e que posuían as propiedades esperadas. Polo tanto foi declarado Ano Internacional da Tabla Periódica dos Elementos Químicos.

Por este motivo Teresa ValdésInxenieira Química e doutora (UniOvi) en Tecnoloxías do Medio Ambiente. Científica del CSICelaborou unha tabla periódica coas mulleres científicas máis salientables.


Pódese descargar a tabla Tabla Científicas.

As científicas que compoñen esta tabla (por orde alfabética de símbolos) son as seguintes:


Nestas ligazóns atópase información sobre elas:
Actualización 29/11/18
O apartado da tabla periódica correspondente ás Terras Raras está adicado a 28 científicas españolas raras por preciosas e descoñecidas (ou polo menos máis descoñecidas do que deberan)




Máis información desta tabla periódica de científicas en:
Naukas: Teresa Valdés
Mujeres con ciencia: Tabla



ELEMENTARTISTAS

MULLERES ARTISTAS ELEMENTAIS 

A Gran Tabla das mulleres artistas elementais naceu da mán da profesora de Debuxo de Oviedo Lucía Álvarez para dar visibilidade ás mulleres que contribuiron a dar forma á arte de todos os tempos inspirada pola Tabla das Científicas levada a cabo por Teresa Valdés Solís


Para ver a tabla e participar na súa elaboración se pode premer nesta ligazón TABLA.
As artistas están agrupadas segundo as súas especialidades. 

ARQUITECTAS:
ARTISTAS AUDIOVISUAIS:
  • 106. Hannah Wilke
  • 107. Patricia Esquivias
DIRECTORAS DE CINE:
  • 74. Pilar Miro
  • 75. Lotte Reiniger
  • 76. Iciar Bollaín
  • 77. Gracia Quejereta
  • 78. Agnès Vardà
  • 79. Sofia Coppola
  • 80. Isabel Coixet
  • 86. Valie Export
DISEÑADORAS:
  • 109. Pati Núñez
  • 111. Nathalie Du Pasquier
  • 112. Carolyn Davidson
  • 113. Jessica Hische
  • 114. Ray Eames
  • 115. Susan Kare
ESCULTORAS:
  • 16. Roldán, Luisa "La Roldana"
  • 53. Susana Solano
  • 56. Meret Oppenheim
  • 57. Rosemarie Trockel
  • 118. Camille Claudel
FOTÓGRAFAS:
  • 44. Möllinger, Francisca
  • 45. Yoshikazu Issan
  • 61. Leibobitz, Annie
  • 62. Ouka Lele
  • 63. Colita
  • 66. Neshat, Shirin (1957-...): Shirin Neshat
  • 67. Maar, Dora (1907- 1997): Dora Maar
  • 69. Germaine Dulac
  • 70. Lange, Dorothea (1895-1965): Dorothea Lange
  • 71. Arbus, Diane (1923-1971): Diane Arbus
  • 72. Taro, Gerda (1910-1937): Gerda Taro
  • 104. Polo, Paloma (1983-...): Paloma Polo
ILUSTRADORAS:
  • 81. Luz Beloso
  • 82. Paula Bonet
  • 83. Beatrix Potter
  • 84. Esther Sanchez
  • 108. Patricia Urquiola
  • 110. Jessica Walsh
  • 116. Malika Favre
  • 117. Paula Sher
INSTALACIÓN:
  • 93. Judy Chicago
  • 94. Sophia Calle
  • 95. Hanne Darboven
  • 96. Barbara Kruger
  • 97. Jenny Holzer
  • 98. Annette Messager
  • 99. Sherrie Levine
  • 100. Martha Rosler
  • 103. Azucena Vieites
PERFORMANCE: 
  • 68. Orlan
  • 85. Sterback, Janna (1955-...): Janna Sterback
  • 87. Marina Abramovic
  • 88. Guerrilla Girls
  • 89. Ana Mendieta
  • 90. Yoko Ono
  • 91. Gina Pane
  • 92. Carolee Schneemann
  • 102. Esther Ferrer
  • 105. García, Dora (1965-...): Dora García
PINTORAS:

  • 1. Hildegarda de Bingen
  • 2. Clara Peeters
  • 3. Sofonisba Anguissola
  • 4. Lavinia Fontana
  • 5. Judith Leyster
  • 6. Artemisia Gentileschi
  • 7. Angélica Kauffman
  • 8. Marie Loise Elisabeth Vigée Lebrun
  • 9. Levina Teerlinc
  • 10. Marietta Robusti (Tintoretta)
  • 11. Marie Bracquemond
  • 12. Suzanne Valadon
  • 13. Elisabetta Sirani
  • 14. Berthe Morisot
  • 15. Mary Cassat
  • 16. Luisa Roldán "La roldana"
  • 17. Rosario Weiss
  • 18. Amelie Beaury- Saure
  • 19. Élisabeth Nourse
  • 20. Frida Kalho
  • 21. Yayoi Kusama
  • 22. Sonia Delaunay
  • 23. Georgia O’Keefe
  • 24. Tamara de Lempicka
  • 25. Remedios Varó
  • 26. Leonora Carrington
  • 27. Brifget Riley
  • 28. Marie Blanchard
  • 29. Maruja Mayo
  • 30. Natalia Goncharova
  • 31. Maite Centol
  • 32. Chechu Alava
  • 33. Liubov Popova
  • 34. Helen Frankenthaler
  • 35. Ángeles Santos
  • 36. Eulalia Valldosera
  • 37. Soledad Sevilla
  • 38. Patricia Gadea
  • 39. Paula Modersohn-Becker
  • 40. Suzanne Valadon
  • 41. Romaine Brooks
  • 42. Lee Krasner
  • 43. Gabriele Münter
  • 52. Louise Bourgeois
  • 54. Niki de Saint Phalle
  • 55. Louise Nevelson
  • 58. Cristina Iglesias
  • 59. Annie López
  • 60. Kiki Smith
  • 64. Nan Goldin
  • 64. Cristina García Rodero
  • 65. Marie-Jo Lafontaine
  • 67. Maar, Dora (1907- 1997): Dora Maar
  • 101. Elena Asins