Rosalía de Castro
Santiago de Compostela, 24/02/1837
Padrón, 15/07/1885
Escritora e poetisa que escribiu tanto en castelá como en galego, facendo renacer esta lingua, o que se deu en chamar "rexurdimento", pois a literatura galega desaparecera dende os Reis Católicos.
"Cantares Gallegos" publicouse o 17 de maio de 1863; 100 anos despois foi escollido este día para celebrar o día das Letras Galegas.
Aínda que é unha muller moi coñecida, este 24 de febreiro lembramola tamén neste blogue de mulleres e as súas historias.
Está considerada unha pioneira da poesía española e do pensamento feminista.
Adiós ríos, adiós fontes! Cantado por Amancio Prada:
A Asociación Astronómica IO da Coruña impulsou e logrou que Rosalía de Castro fora o nome da estrela HD 149143, situada na constelación de Ofiuco (encantador de serpes), a 240 anos luz da Terra e que o seu planeta asociado pasara a denominarse Río Sar. Dende 2019 Rosalía xa é de forma oficial unha auténtica estrela.
Ler máis nestas ligazóns:
AELG: Celebracións
Consello da cultura galega: Álbum
Biografías y vidas: Biografías
Casa Museo de Rosalía: Casa
Cervantes virtual: Castro
Canal historia: Perfil
National Geographic: Saudade
A Voz de Galicia: Estrela
Wikipedia: Rosalía