BARRA DE MENÚ

María CASTAÑA

A "REVOLTOSA" GALEGA DE ANTANO

María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira foi unha heroína galega nacida en Cereixa, en Monforte de Lemos, no século XIV, que encabezou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico en 1386.

En realidade moi pouco se sabe de María Castaña, case soamente o que se recolle nun documento do Arquivo Episcopal de Lugo citado na España sacra, do Pai Manuel Risco e no Episcopoloxio Lucense, de Amador López Valcárcel.

Cando morrera o bispo de Lugo, Odoario, o rei Fernando II de León ratificou o seu testamento no que se dicía que o señorío da cidade de Lugo pasaría a máns da catedral, provocando a pugna entre as autoridades civís e eclesiásticas.

María Castaña púxose ao fronte do pobo en contra do novo bispo, Pedro López de Aguiar, que, apoiado polo rei Xoan I de Castela, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos. A consecuencia da revolta o mordomo do eclesiástico, Francisco Fernández, morreu culpándoa a ela e aos seus dous fillos, Gonzalo e Afonso Cego da súa morte. 

Tamén obrigáronlles a donar os seus bens que incluían as posesións do Couto de Cereixa, no actual concello de Brollón, en Terra de Lemos, e mil maravedíes á Igrexa, é decir á Catedral.

Adicionalmente tiveron que prometer que non volverían actuar contra a institución relixiosa.

A partir de ahí, popularmente se di a frase "... en tempos de Maricastaña", pero xa sucedía na época de Cervantes cando era unha referencia temporal equivalente a "os tempos de Matusalén", como así o dicía o licenciado de “O casamento engañoso”.


Máis información en PatrimonioRecreaciónMaricastañaVídeoGalipedia, Avelaíña Teatro

Suzanne GROS-NOËL

PIONEIRA DA CIRURXÍA PLÁSTICA

Suzanne Nöel , como era coñecida Suzanne Blanche Gros Noël, naceu o 11 de novembro de 1878 en Laon, Francia, e faleceu o 31 de xaneiro de 1954, en Paris. Foi unha das primeiras cirurxiás plásticas francesas. Realizaba con eficiencia a "pequena operación",  unha técnica de estiramento facial.

Xa casada e cunha filla recén nada, en 1912, rematou os seus estudos de medicina, despois se interesou na medicina estética, experimentando con coellos anestesiados. En 1916 comezou as súas prácticas e se lle permitiu realizar cirurxías faciais a soldados feridos durante a Primeira Guerra Mundial. 

Especializouse en operar cicatrices desfigurantes e no rexuvenecemento de rostros enrugados.  Traballou de 1916 ata 1952. 

Foi galardonada coa Lexión de Honor do Ministerio de Asuntos Exteriores francés por ser "doutora de habilidades inusuais", como cirurxías faciais, inxertos de pel ou osos a soldados que tiñan as súas caras desfiguradas polas cicatrices. O que foi un paso importante para as cirurxiás nun momento no que as mulleres loitaban por afianzarse no campo da medicina.

En 1926, escribiu un manual de cirurxía plástica, "A Cirurxía Estética e o seu rol social", como forma de explicar a importancia de practicar esta cirurxía, prohibida pola Igrexa Católica, que foi ampliamente difundido. 

Empregou os seus coñecementos para axudar ás mulleres obreiras a non caer na precariedade e operou a persoas xudeas para que non foran recoñecidas e capturadas na Francia ocupada. 

A través das súas técnicas cirúrxicas, a doutora Nöel quixo corrixir os efectos da vellez, a pobreza, a enfermidade ou o agotamento.

Tamén foi unha activa feminista, doctrina esencial para exercer a xirurxía estética, segundo ela. Loitou polo dereito ao voto das mulleres.

En 1923 interesouse polo movemento Soroptimism, integrado por mulleres profesionais. Viaxou por todo o mundo ata o final da súa vida apoiando o Soroptimism, promovendo os dereitos das mulleres e capacitándoas, mentras daba conferencias sobre a súa especialidade.

En 1924, fundou en París un dos primeiros clubes de Europa e posteriormente, abreu sedes en outras dez capitais europeas, como Ámsterdam, Viena ou Berlín, e tamén en Pekín e Tokio, converténdose en 1930 na primeira presidenta da Federación Europea de Soroptimist International, unha organización de mulleres fundada por Violet Richardson Ward en 1921.

Ata o fin dos seus días seguiu investigando para devolver a dignidade ás persoas feridas e marcadas como prisioneiras en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial. 

Despois da súa morte, estableceuse un fondo ao seu nome dentro do SIE (Soroptimist International of Europe) cuxo obxectivo principal é cubrir os gastos de formación de médicas interesadas na cirurxía plástica e reconstrutiva.

A novela gráfica Con las manos desnudas (Liana Editorial), onde a escritora francesa Leïla Slimani e o debuxante Clément Oubrerie rinden homenaxe a súa figura, revela que a opinión pública da época consideraba a cirurxía estética unha práctica perigosa e innecesaria. Suzanne, en cambio, a vía como unha ferramenta para a emancipación da muller. 

Está a piques de saír a película "Suzanne", de Cartoon Movie, sobre a súa vida, dirigida por Anaïs Cau­ra e Joëlle Oost­er­linck, que escribiu tamén o guión.

Máis información en HistoriaWikipediaMujeresconCienciaSuzannePelículaPioneiraPíkara


Gabriele MÜNTER

PINTORA EXPRESIONISTA E FOTÓGRAFA ALEMANA

Autorretrato

Alumna, colaboradora e compañeira sentimental de Wassily Kandinsky durante os anos previos á Primeira Guerra Mundial, Gabrielle Münter participou activamente en diversos movementos artísticos muniqueses como o Der Blauer Reiter.

Naceu en Berlín o 19 de febrero de 1877, filla dunha familia acomodada que lle permitió adicarse á arte. Estudou arte na Malschule für Damen de Düsseldorf. Iniciouse na fotografía amateur cunha Kodak. Despois viaxou por EEUU e en 1901 estableceuse en Munich. 

Máis tarde entrou na escola progresista de arte Phalanx onde traballaba o pintor Kandinsky, con quen se compromete a partir de 1903, vivindo xuntos ata 1917. Visitaron Túnez, Holanda, Italia e Francia.  En Paris, nos anos 1906-07, inspirouse en Matisse e outros fauvistas e cambiou o seu estilo.

Paseo en barca

En 1909 comprou unha casa en Murnau am Staffelsee, hoxe o museo Das Münter-Haus in Murnau, onde recibían numerosos artistas, galeristas e coleccionistas, tendo un papel decisivo na creación de Der Blauer Reiter.

Tras varios anos de silencio, reiniciou a súa actividade creativa en Paris. Despois regresou a Murnau onde pintou sobre todo frores e obras abstractas. Durante a segunda guerra mundial ocultou máis de 80 obras para evitar a súa destrucción polos nazis. 

Nos anos 50 expuso a súa obra ininterrompidamente, unha vez ao ano en galerías e museos alemáns, doando moitas da súa colección e das do Xinete Azul.

Münter recibiu o Premio Cultural de Pintura en 1956 e a Medalla de Honra de Ouro da Cidade de Munich en 1957. Faleceu o 19 de maio de 1962 en Murnau am Staffelsee, Alemania.

En 1994 créase o Premio Gabriele Münter destinado a mulleres artistas maiores de 40 anos, para contribuir a darlles visibilidade para asentarse no mundo da arte. O Museo das mulleres de Bonn participa no premio.

As súas obras máis importantes son Zuhören (Retrato de Jawlensky), de 1909, Landschaft mit weißer Mauer e Stillleben mit Orangen, ambas de 1910, Spreufuhren e Reiflandschaft, en 1912 as dúas.







Máis información en Wikipedia, Museo Tissen, Vídeo, Documental, Arte, Xataka, Aula, Debate

ENDE

A PRIMEIRA ILUMINADORA ESPAÑOLA

Ende (o En) foi unha iluminadora de manuscritos no Reino de León, activa a finais do século X. 

É a primeira artista na península ibérica e unha das primeiras en Europa da que se ten rexistro. Podería dicirse que Ende foi a primeira pintora da historia de España.

Parece ser que era oriunda de León ou dos arredores, como proban as referencias á arte mozárabe e mesmo islámico de moitas das súas miniaturas, anticipándose ao románico.

Posiblemente fora monxa, quizais no monasterio de San Salvador de Tábara, en Zamora, onde traballaría no Scriptorium, ou ben sería unha muller da nobreza que vivira no convento sen profesar.

No monasterio de Tábara as súas tarefas principais serían as de preservar a cultura, copiando, traducindo, estudando grego, latín, composición musical ou creando maravillosos códices ilustrados e copias de beatos, como o de Xirona, no que se atopan algunhas das súas ilustracións.

A cada un dos distintos códices manuscritos que copian o Comentario ao Apocalipsis de San Xoan realizado polo Beato de Liébana, abade do monasterio de Santo Toribio, no val de Liébana en Cantabria, no ano 776, denomínase Beato.

A obra cumbre de Ende foi a ilustración do manuscrito do Beato de Xirona chamado así porque se conserva na Catedral de Santa María de Xirona, onde foi doado no ano 1078. 

O nome de Ende, xunto co de outro iluminador, figura no colofón deste manuscrito, en latín: ende pintrix et d(e)i aiutrix fr(a)ter emeterius et pr(e)s(bite)r (Ende, pintora e axudante de Deus; Emeterio, irmán e sacerdote).

Este Beato é único pola enorme cantidade de material ilustrativo que se lle engade respecto a outros Beatos anteriores.

Consta de 284 folios e de 586 páxinas escritas en letra visigótica.

Ten tamén 114 ilustracións, cando  a media de ilustracións do resto dos beatos está entre 80 e 90. As imaxes son moi ricas en policromía e abundan o ouro e a prata.  

Polo seu colofón sábese que completouse o 6 de xullo de 975.

Ende tamén é coñecida como cartógrafa; os seus mapas representan os espazos dunha forma gráfica, así o Mapamundi que aparece no devandito Beato de Xirona.






Marie de GOURNAY

PRECURSORA DO FEMINISMO

6 de outubro de 1565, en Paris, nace Marie Le Jars, máis tarde coñecida como Marie de Gournay, que chegou a ser unha importante escritora, filóloga, tradutora, poeta e filósofa francesa dos séculos XVI e XVII. 

Filla dun nobre que veu a menos, Marie, como moitas mulleres daquela época, sabía Latín, Grego, Física, Xeometría e Historia, os clásicos e a literatura francesa, pero formouse de maneira autodidacta; así, aprendera o latín comparando textos traducidos ao francés cos orixinais.

En 1588, aos vintetrés anos, coñeceu ao filósofo Michel de Montaigne. Ela sabía da súa obra desde facía tempo e quedaron mutuamente impresionados. Entón el converteuse non só en admirador das súas ideas senón que alentouna a escribilas e publicalas, algo totalmente revolucionario para o seu tempo.

Tres anos despois do falecemento do seu protector, Marie le Jars publicou en 1595 a terceira edición dos Ensaios de Montaigne.

Gañabase a vida escribindo e realizando traducións. Ofrecía o seu traballo a raíñas, reis e á nobreza. Finalmente conseguiu poder publicar as súas obras e Richelieu concedeulle unha modesta pensión real.

É autora de Igualdade dos homes e as mulleres (1622)Agravio de damasApoloxía da que escribe e Copia da Vida da doncella de Gournay, onde analiza a tradición filosófica e o mundo no que vive, argumentando acerca das causas da desigualdade e os mecanismos de desautorización feminina. 

Pola súa obra está considerada como unha das precursoras históricas do feminismo

"Escritos sobre a igualdade e en defensa das mulleres" é unha edición que nos acerca as palabras dunha muller que xa no século XVII defendeu cuestións tan modernas como a linguaxe inclusiva e ridiculizou a aqueles que se empeñaban en relegar ás mulleres con afirmacións como esta que é, quizais, unha das súas máis famosas e brillantes aseveracións acerca da igualdade de xénero: "Non hai nada máis parecido a un gato sobre unha fiestra, que unha gata".

O seu estilo de vida foi sumamente inusual para a súa época, foi unha muller solteira que se gañou a vida a través dos seus escritos e defendeu o acceso igualitario das mulleres á educación e os postos públicos. Nos seus ensaios atacou a corrupción das cortes, ao clero e á aristocracia.

Os factores que segundo Gournay explican a subordinación da figura feminina son: a crianza nun ambiente misóxino, a educación e o lugar de nacemento. Por esta razón, defenderá un sistema educativo que inclúa ás mulleres na vida pública; e que, grazas a ilo, poida contar con unha independencia económica do varón, pudéndose permitir dedicarse a proxectos intelectuais, máis alá da tradición imposta como esposa e nai. 

Pódese considerar unha humanista, unha muller renacentista, non só por vivir nese período senón tamén polos seus amplos coñecementos en diversas disciplinas. Grazas a isto pudo dirixir un salón na súa casa onde se reunían homes e mulleres intelectuais para debatir sobre os temas máis diversos de filosofía, política e literatura.

Tras falecer en París o 13 de xullo de 1645 foi esquecida e silenciada.

Antes de morrer compilou todas as súas obras en "Les advis ou les presens de la demoiselle de Gournay", publicado en 1641. Actualmente este primeiro volume das súas obras completas publicouse de novo en 1997.

Para saber máis clicar en Wikipedia, MujeresconCiencia, MujeresHª, MujeresLila, ReF, DF, MRPioneiras