Visibilización de mulleres moito e pouco coñecidas que deixaron a súa pegada ao longo da historia e recompilación de recursos que falan de historias de mulleres esquecidas, silenciadas ou borradas das crónicas polo patriarcado.
Co motivodahomenaxeque se llerendeu en Muras en 2015, o Observatorio da Mariña pola Igualdade editou esta UD e Guíasobreamestraepedagoga Antía Cal.
Antía Cal naceu na Habana, filla da emigración en Cuba, o 18 de abril de 1923, e ven de falecer o 30 de marzo do 2022, case con 99 anos.
Regresou a Muras con 9 anos. Logo se fai mestra, sendo unha das primeiras universitarias de Galiza. Casa con Antón Beiras, ten catro fillos e fillas e falaban galego na casa.
Funda a Escola Rosalía de Castro en Vigo que destacaba pola educación en valores e con valores: espirituais, intelectuais e económicos. A educación dábase nun ambiente galegofalante e respectuoso coa identidade e a historia de Galiza. A ensinanza era bilingüe (español-inglés). Destacaba o seu sistema pedagógico de vanguardia, que máis que a memorizar ensinaba a pensar, a ter criterio propio.
En 2012 recibe o Premio Trasalba otorgado pola Fundación Otero Pedrayo e en 2015 foi distinguida co Premio de Igualdade "Ernestina Otero", premio honorífico otorgado polo Consello Municipal da Muller de Vigo.
Educando iguais
En 2017 a editorial Laiovento publica o libro "O arte e a súa historia":
Estas cuartillas mecanografadas apareceron nunha caixa de zapatos na primavera de 2017, sesenta e dous anos despois de seren escritas.
Conforman un libro que non naceu para ser publicado, senón para que o lesen os fillos dos autores: así de sinxelo.
Nelas coméntase a recente morte de Einstein (abril de 1955), polo que deben ser do segundo lustro dos anos 50.
Por algunha razón desapareceron nunha das mudanzas dos autores e os seus catro fillos e foron estes quen as atoparon agora.
Nesta ligazón accédese ao seu libro Sementar no futuro,Premio Trasalba 2012: Sementar.
Tamén se pode ver a intervención de Antía Cal cando lle fixeron unha homenaxe na EUEE, Escola de Empresariais de Vigo en 2017