BARRA DE MENÚ

Maestra Justa FREIRE

A RÚA DESNOMEADA

O Tribunal Superior de Justicia de Madrid (TSJM) acordou o 13 de maio de 2021, manter o nome da rúa "General Millán Astray", no distrito madrileño de Latina, que foi cambiado por rúa "Maestra Justa Freire" polo Ayuntamiento de Madrid, a proposta do Comisionado de la Memoria Histórica, baixo a Alcaldía de Manuela Carmena.

Justa Freire Méndez naceu en Moraleja del Vino, Zamora, o 4 de abril de 1896 e faleceu en Madrid o 15 de xullo de 1965. Madrid foi o lugar que veu crecer a esta mestra forxada na II República como unha das pedagogas máis innovadoras das primeiras décadas do século XX.

En "Justa Freire o la pasión de educar", Mª del Mar del Pozo relata a súa biográfa : 

"Durante a Segunda República foi directora do Grupo escolar ‘Alfredo Calderón’ de la Ciudad Jardín, vivindo, xunto a outro puñado de mulleres, a experiencia de ser as primeiras profesionais que dirixiron a docentes varones. Moitas de elas pagaron ben cara a súa osadía.

Despois dunha guerra, un xuizo e un encerro na cárcel de Ventas, acabou no Colexio Británico, formando a moitos aristócratas e a varios retoños dos xerarcas do franquismo. Arrebatáronlle todo e foi capaz de reinventarse a si mesma, porque nunca ninguén lle poido roubar a súa alma apaixonada".

Pódese definir como “unha mestra que só quería ser mestra”, a súa vida, as súas ideas, a súa obra, foron un reflexo destas palabras. 

Renovadora educativa e cunha vocación que levou ata os momentos máis duros, cando ensinou a ler, cantar e escribir ás presas da cárcel de Ventas na que estivo recluida durante a guerra civil.

Obtivo unha praza de mestra en1921 no vanguardista e innovador Grupo escolar "Cervantes" de Madrid, centro vinculado á Institución Libre de Ensinanza, onde educou aos fillos dos obreiros de Cuatro Caminos, entre eles ao futuro líder comunista Santiago Carrillo.

Alí tamén Justa Freire encargouse, entre outras cosas, da formación dos maestros. Ela mesma viaxou a Bélxica e Francia para mellorar a súa formación pedagóxica. A principios dos anos trinta continuou con ese labor en distintos centros, como o citado Grupo Escolar Alfredo Calderón. 

Nesa época colaborou así mesmo como mestra coas Misións Pedagóxicas, o proxecto de escola ambulante do goberno republicano que chegou a preto de 7.000 pobos e aldeas grazas á participación de máis de medio millar de misioneiros e misioneiras, como María Zambrano, Luis Cernuda, Ramón Gaya, María Moliner ou Maruja Mallo.

Durante a Guerra Civil, Justa Freire foi evacuada, xunto aos nenos e nenas do seu centro, a Valencia, onde o Goberno encargoulle que colaborara na creación das Comunidades Familiares de Educación e onde foi ascendendo ata ser nomeada delegada nacional.

Nos seus derradeiros anos colaborou escribindo artigos na revista El Magisterio Español.

Magnifica noche de luna. ¡Qué lástima que haya guerra! Yo que necesito tan poco para ser feliz: trabajo y paz!". Justa Freire


Máis información en:

El Diario.es, La escuela de la repúblicaWikipedia, MAS