BARRA DE MENÚ

Murasaki SHIKIBU

A PRIMEIRA NOVELISTA

Murasaki Shikibu (978 - 1014 ou 1025) foi unha escritorapoeta e cortesana xaponesa coñecida por ser a autora de Genji Monogatari (A novela de Genji), primeira novela xaponesa e primeira novela moderna do mundo.

Pertencía a unha familia de funcionarios letrados da mediana nobreza, aínda que estaba emparentada coa poderosa familia Fujiwara. Cicáis foi neta do gran poeta Fujiwara no Kanesuke.

Naceu no período Heian, no que as mulleres estaban excluidas da aprendizaxe do chino, que era a linguaxe escrita do goberno, pero Murasaki recibiu unha excelente educación destacando pola súa intelixencia dende pequena.  

Ademáis dos clásicos chinos, coñecía textos budistas como o Hokekyō (Sutra do Loto), antoloxías de poemas como o Kokin wakashū (“Colección de poemas de Antaño e Hogaño”) e libros de historia como e Nihon Shoki

Súa nai e a súa irmá morreron pronto e casou xoven, pero enviuvou axiña e quedou soa coa súa filla Kenshi. Nese contexto levou a cabo un retiro espiritual no templo do lago Biwa, onde escribiu a súa novela relatando as andainas de Gemji de forma realista. 

manuscrito orixinal non se conserva, estaba formado por 54 kakimono (rolos), cada un correspondente a un capítulo. Pensouse que Murasaki só escribiu os 33 primeiros capítulos, e que o resto eran obra da súa filla, tamén poeta, coñecida como Daini no Sanmi, pero non é así.

Asemade levaba un diario da súa vida, Murasaki Shikibu nikki.

O seu éxito fixo que o rexente a levara á corte da Emperatriz como dama de compañía ata o ano 1013, falecendo un ano despois.

A súa tumba se conserva na antiga capital Kioto, escenario das historias dos seus personaxes.

O seu verdadero nome ers Fujiwara no Takako, pero chamánballa Shibiku polo lugar onde trabalhava o seu pai, e Murasaki pola cor violeta coa que sempre se vestía e porque era a súa cor favorita. 

Máis información en Wikipedia, NG, Nippon, Gemjy




Alice BALL

DESENVOLVEU O "MÉTODO BALL" PARA TRATAR A LEPRA

Alice Augusta Ball naceu o 24 de xullo de 1892 en Seattle, Washington. A pesar da súa curta vida, Ball deixou un impacto perdurable ao desenrolar o “Método Ball”, o tratamento máis efectivo para a lepra nas primeiras décadas do século XX.

Logrou extraer os principios activos do aceite de chaulmoogra, os ésteres de etilo dos ácidos grasos, chamados ácido chaulmógrico e ácido hidnocárpico, e con eles creou o primeiro remedio soluble en agua e por tanto fácilmente inxectable co que aliviar e tratar a pacientes de lepra. 

A principios de 1900, Alice e a súa familia se mudaron a Hawái, onde ela foi á escola, pero poucos anos despois, trala morte do seu pai, regresaron a Seattle. Estudou alí no instituto e se graduou en Química Farmacéutica e Ciencias da Farmacia, pola Universidad de Washington. Nembargantes, voltou á Universidad de Hawái e converteuse na primeira muller e a primeira afroamericana en obter un título de máster na Universidade de Hawái, en 1915.

A Universidade de Hawái contratouna como profesora de Química, e novamente foi a primeira muller e a primeira afroamericana que obtivo ese posto. Asemade, foi neste momento cando comezou a traballar na procura da forma de facilitar a tolerancia do medicamento contra a lepra.

Desafortunadamente, Alice Ball non poido ver o impacto do seu traballo pois o 31 de decembro de 1916, cando só tiña 24 anos, faleceu. Nen sequera pondera publicar os seus achados. Aínda que non está clara a causa da súa morte, parece que podría deberse a inhalación de gases tóxicos durante o seu traballo no laboratorio ou á tuberculose.

O nome de Alice Ball paso desapercibido durante décadas ata que nos anos 2000 a Universidade de Hawái rescatouno e lle realizou o homenaxe que merecía: desvelou unha placa no seu honor xunto ao único árbol de chaulmoogra que existe no campus. Agora ten tamén un día co seu nome, o 29 de febreiro.

En 2007 la Universidad de Hawái la galardonó de nuevo con la Medalla a la Distinción. O seu nome tamén está inscrito na London School of Hygiene & Tropical Medicine ao lado de persoas como Florence Nightingale e Marie Curie.

Máis información en Método Ball, MujeresconCiencia, WikipediaAlice Ball, Lepra, Ciencia.




TAUSERT

A DERRADEIRA RAÍÑA DO IMPERIO NOVO EXIPCIO

Sitra-Meryamón Tauseret-MerenmutTausert ou Tuoris, chamada Tausert Merenmut, que significa A poderosa, amada de Mut, foi coroada co nome Sitre Meritamon, filla de Ra, amada de Amón.

O reinado de Tausert no Antiguo Exipto, foi o último antes do declive do Imperio Novo e ela foi unha figura clave na política e o final da dinastía XIX. Tausert reinou do 1188 ao 1186 a C. 

Aínda que Tausert non era filla de reis descendía dun dos múltiples fillos de  Ramsés II e foi a Gran Esposa Real de Seti II, un faraón pertencente á dinastía XIX. Cando el morreu Tausert tivo que exercer a rexencia porque o novo faraón Siptah era moi pequeno. Ela asumiu este papel con determinación, ata o punto de consolidar a súa influencia na corte e afianzar a súa posición política.

A sucesión de Seti II provocara disputas na corte e Tausert establecer alianzas estratéxicas que lle permitiron non só actuar como rexente, durante seis anos, senón tamén autoproclamarse faraona trala morte de Siptah. Converteuse así nunha das poucas mulleres na historia de Exipto en ostentar o título de faraona con plenos poderes.

Pode considerarse que Tausert foi un exemplo do "acantilado de cristal", concepto acuñado por Michelle Ryan que fai referencia a sobrerrepresentación de mulleres en posicións de responsabilidade en situacións de crise ou en circunstancias moi desfavorables, xa que así teñen moitas probabilidades de fracasar confirmando a creencia de as mulleres non están capacitadas para ocupar eses postos.

Parece ser que a súa morte derivou dos conflictos internos ou que foi derrocada por Setnajt, o fundador da dinastía XX. A súa desaparición marcou o fin definitivo da dinastía XIX e o cometo ducha nova etapa na historia egipcia.

Aínda que a súa memoria foi en gran parte suprimida polos seus sucesores, a súa tumba no Val dos Reis evidencia a súa importancia  e a súa intención de consolidarse como un faraón de pleno dereito. A súa momia podría ser a da muller descoñecida D achada na tumba de Amenhotep II (KV35).

A pesar da curta duración do seu goberno, foi unha soberana que intentou manter a unidade do Exipto tardío nun periodo de crise. Algúns historiadores mantienen que no seu reinado aconteceu a Guerra de Troia. 

Máis información en Faraona, Wikipedia, Tausert, NG, Vídeo, Exipto


Marie THARP

A DESCUBRIDORA DA DORSAL OCEÁNICA DO ATLÁNTICO

Marie Tharp naceu o 30 de xullo de 1920, en Ypsilanti, Michigan, e morreu de cancro o 23 de agosto de 2006, en Nyack, Nova Iorke. O seu pai facía mapas de clasificación de solos para o departamento de Agricultura e a súa nai aprendeulle alemán e latín. 

Graduouse na Universidade de Ohio en 1943 en inglés e música. Quería adicarse a literatura pero as barreiras de xénero da época non llo permitiron. 

Logo recibiu o grao master en Xeoloxía pola universidade de Michigan e máis tarde obtivo un grao en Matemáticas pola Universidade de Tulane, mentras traballaba de xeóloga.

En 1948 marchou a Nova Yorke para traballar no Laboratorio xeolóxico Lamont na Universidade de Columbia, inicialmente como delineante xeral. Alí comezou a trazar a topografia do solo oceánico con Bruce Heezen, primeiro localizando barcos afundidos durante a Segunda Guerra Mundial e logo elaborando mapas do relieve do fondo mariño; mentras el recollía datos a bordo do barco do observatorio en alta mar, ela facía os mapas, xa que daquela as mulleres non podían traballar nos barcos. Pero en 1965 por fin puido recoller datos ela mesma uníndose ás expedicións. 

En 1953 descubriu unha greta no fondo do Atlántico unha enorme cordillera submariñadorsal mesoatlánticaque atravesa o océano de norte a sur onde se crea continuamente novo fondo mariño.

Isto provocou un cambio de paradigma nas ciencias da Terra e en consecuencia aceptáronse as teorías das placas tectónicas e a deriva continental de Alfred WegenerDemostrou que o fondo mariño non era estático senón unha paisaxe dinámica en constante transformación. 

Realizaron o primeiro mapa fisiográfico do Atlántico Norte en 1957. Colaborando co pintor paisaxista austríaco Heinreich Berann publicaron, 20 anos despois, en 1977, o mapa de todo o solo atlántico,  cun código de cores (en vermello a zona volcánica, en azul as chairas abisais e en púrpura  as dorsais oceánicas) que revelaba o relieve submariño: montañas, vals e chairas ocultas baixo as augas.

Continuou traballando na facultade da Universidade de Columbia ata 1983; despois emprendeu un negocio de mapas en Nova Iorke ata a súa xubilación.


En 1995 
donou a súa colección de mapas e notas á División de Mapas e Xeografía da Biblioteca do Congreso que en 1997, incluina entre as catro grandes cartógrafas do século XX

En 2009, Google Earth honrou o seu traballo cunha capa histórica que permitía explorar o seu mapa oceánico. O seu legado segue vivo, e en 2022, Google dedicoulle un Doodle, destacando a súa contribución á ciencia.

A Unión Astronómica Internacional decidiu en 2015 nomear a un cráter lunar "Tharp" para honrar a súa memoria.

Máis información en Dorsal, Wikipedia, NGOceánicas, MujeresconCiencia, AcquaeOceánicasbbc, Geas, Mapas, Heroínas.