A DESCUBRIDORA DA DORSAL OCEÁNICA DO ATLÁNTICO
Marie Tharp naceu o 30 de xullo de 1920, en Ypsilanti, Michigan, e morreu de cancro o 23 de agosto de 2006, en Nyack, Nova Iorke. O seu pai facía mapas de clasificación de solos para o departamento de Agricultura e a súa nai aprendeulle alemán e latín.Graduouse na Universidade de Ohio en 1943 en inglés e música. Quería adicarse a literatura pero as barreiras de xénero da época non llo permitiron.
Logo recibiu o grao master en Xeoloxía pola universidade de Michigan e máis tarde obtivo un grao en Matemáticas pola Universidade de Tulane, mentras traballaba de xeóloga.
En 1948 marchou a Nova Yorke para traballar no Laboratorio xeolóxico Lamont na Universidade de Columbia, inicialmente como delineante xeral. Alí comezou a trazar a topografia do solo oceánico con Bruce Heezen, primeiro localizando barcos afundidos durante a Segunda Guerra Mundial e logo elaborando mapas do relieve do fondo mariño; mentras el recollía datos a bordo do barco do observatorio en alta mar, ela facía os mapas, xa que daquela as mulleres non podían traballar nos barcos. Pero en 1965 por fin puido recoller datos ela mesma uníndose ás expedicións.
En 1953 descubriu unha greta no fondo do Atlántico unha enorme cordillera submariña, a dorsal mesoatlántica, que atravesa o océano de norte a sur onde se crea continuamente novo fondo mariño.Isto provocou un cambio de paradigma nas ciencias da Terra e en consecuencia aceptáronse as teorías das placas tectónicas e a deriva continental de Alfred Wegener. Demostrou que o fondo mariño non era estático senón unha paisaxe dinámica en constante transformación.
Realizaron o primeiro mapa fisiográfico do Atlántico Norte en 1957. Colaborando co pintor paisaxista austríaco Heinreich Berann publicaron, 20 anos despois, en 1977, o mapa de todo o solo atlántico, cun código de cores (en vermello a zona volcánica, en azul as chairas abisais e en púrpura as dorsais oceánicas) que revelaba o relieve submariño: montañas, vals e chairas ocultas baixo as augas.
Continuou traballando na facultade da Universidade de Columbia ata 1983; despois emprendeu un negocio de mapas en Nova Iorke ata a súa xubilación.
En 1995 donou a súa colección de mapas e notas á División de Mapas e Xeografía da Biblioteca do Congreso que en 1997, incluina entre as catro grandes cartógrafas do século XX.
En 2009, Google Earth honrou o seu traballo cunha capa histórica que permitía explorar o seu mapa oceánico. O seu legado segue vivo, e en 2022, Google dedicoulle un Doodle, destacando a súa contribución á ciencia.
A Unión Astronómica Internacional decidiu en 2015 nomear a un cráter lunar "Tharp" para honrar a súa memoria.
Máis información en Dorsal, Wikipedia, NG, Oceánicas, MujeresconCiencia, Acquae, Oceánicas, bbc, Geas, Mapas, Heroínas.