BARRA DE MENÚ

María del Carmen ÁLVAREZ GUERRERO

A PRIMEIRA ESPAÑOLA PILOTANDO EN "RALLIES"

Na década dos 60 varias españolas comezaron a participar, ao volante dos seus coches, en probas automovilísticas nas que competían con homes. Unha delas é Mª del Carmen Álvarez Guerrero, de Almería, e que agora ronda os 80 anos.

Foi a primeira muller piloto de rallies no noso país, unha pioneira do seu tempo. A súa pasión polos coches venlle de pequena; o seu pai era mecánico e tamén un destacado piloto de motos, e ela familiarizouse con el co mundo dos motores, a gasolina e as probas automovilísticas.

En canto lle foi posible, aos 21 anos e co servicio social obrigatorio cumprido, sacou o carnet de conducir e logo, aos 25, o de piloto, tendo que realizar un derrapaxe na proba. 

Debutou en 1969 nunha carreira entre Carboneras e Mojacar, en Almería; un ano máis tarde quedou primeira no Campeonato Provincial.

Entón lle propuxeron participar no Campeonato de España, pero non aceptou porque casou, e marchou a vivir a Zaragoza e tivo catro fillas. Logo alegrouse porque non lle deixaban levar o seu coche senón que tiña que utilizar un dunha marca francesa de fabricación de automóbís, SIMCA.

Antes de abandonar o automovilismo definitivamente participou nos principais rallies de Almería. Así, tomou a saída nos da Alpuxarra, Espello de Mar, as subidas a Macael ou Mojacar, conquistando varios premios e boas clasificacións. 

Pero o máis importante foi que abriu o camiño a futuras xeneracións de mulleres para que poideran tamén participar pilotando os seus coches.

"A xente hoxe en día conduce fatal", asegura Mari Carmen, que tamén comenta que non se sentiu rexeitada nin incomprendida polo feito de ser muller e que non lle gustaban os rallies femininos porque non había probas de velocidade, todas eran de regularidade, unha especie de paseo ou exhibición.

A día de hoxe segue conducindo o seu utilitario.



Máis información en Almería, Onda Cero, Diario, Vídeo.


Anna Mary ROBERTSON MOSES

"A AVOA MOSES", PINTORA NAÏF A PARTIR DOS 70


Chamábase 
Anna Mary Robertson Moses,  nace o 7 de setembro de 1860 e faleceu o 13 de decembro de 1961, en EEUU. Vivíu na época da Guerra de Secesión e nambas guerras mundiais. Foi coñecida por inici
arse como pintora a unha idade avanzada.

Pasou toda a súa vida traballando na súa granxa, coidando a súa numerosa descendencia e bordando. A causa da artrite non poido continuar facéndoo e comezou a pintar con 70 anos, sobre todo esceas da vida cotiá, familiares,  rurais, costumbristas e do folclore americano. Todo desde unha óptica moi humilde, sen pretensións.

O seu estilo autodidacta, colorido e evocador convertírona nunha das artistas máis queridas de Estados Unidos e do mundo.

A obra da Avoa Moses encádrase  dentro do estilo naïf, un tipo de arte que se caracteriza pola sinxeleza do debuxo, a ausencia de perspectiva académica e unha composición detallada, en ocasións abarrotada de elementos.

O seu enfoque romántico e nostálxico levouna a plasmar un mundo idealizado, evocando unha época dourada da vida no campo, como os seus felices recordos de infancia de campos e tormentas, bailes de celeiro e vacacións na zona rural de Nova Iorke e Virxinia; sen representar deliberadamente a modernización nin os avances industriais, como os tractores e os postes telefónicos.

Traballaba con calquera material que estivera na súa man, usaba pintura da casa e lienzo ou taboleiro de fogo sobrante para as súas primeiras pinturas.

Foi descuberta na década de 1930, cando un coleccionista de arte, Louis J. Caldor, viu unha das súas pinturas na vitrina dunha tenda de Nova Iorke. Fascinado polo seu estilo, comprou toda a colección dispoñible e organizou unha exposición na Galerie Saint-Etienne en 1940.

A súa obra tivo amplia difusión por medio de tarxetas conmemorativas e selos postais. As súas pinturas foron exhibidas primeiro en Nova Iorke, o que lle permitiu despois percorrer Europa e Asia presentando a súa obra. 

Gañou varias distincións, entre elas o trofeo "Women's National Press Club", entregado polo presidente Harry S. Truman; así como a proclamación do "Día da Avoa Moses", debido ao seu cumpleanos número 100, otorgado polo gobernador de Nova Iorke, Nelson Rockefeller.

Escribiu a súa biografía e un documental narrando a súa vida foi seleccionado nos Premios Óscar.


Máis información en Wikipedia, Museo, NMWA, Arte, Moses, Pinturas



María CASTAÑA

A "REVOLTOSA" GALEGA DE ANTANO

María Castaña, Maricastaña ou María Castiñeira foi unha heroína galega nacida en Cereixa, en Monforte de Lemos, no século XIV, que encabezou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico en 1386.

En realidade moi pouco se sabe de María Castaña, case soamente o que se recolle nun documento do Arquivo Episcopal de Lugo citado na España sacra, do Pai Manuel Risco e no Episcopoloxio Lucense, de Amador López Valcárcel.

Cando morrera o bispo de Lugo, Odoario, o rei Fernando II de León ratificou o seu testamento no que se dicía que o señorío da cidade de Lugo pasaría a máns da catedral, provocando a pugna entre as autoridades civís e eclesiásticas.

María Castaña púxose ao fronte do pobo en contra do novo bispo, Pedro López de Aguiar, que, apoiado polo rei Xoan I de Castela, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos. A consecuencia da revolta o mordomo do eclesiástico, Francisco Fernández, morreu culpándoa a ela e aos seus dous fillos, Gonzalo e Afonso Cego da súa morte. 

Tamén obrigáronlles a donar os seus bens que incluían as posesións do Couto de Cereixa, no actual concello de Brollón, en Terra de Lemos, e mil maravedíes á Igrexa, é decir á Catedral.

Adicionalmente tiveron que prometer que non volverían actuar contra a institución relixiosa.

A partir de ahí, popularmente se di a frase "... en tempos de Maricastaña", pero xa sucedía na época de Cervantes cando era unha referencia temporal equivalente a "os tempos de Matusalén", como así o dicía o licenciado de “O casamento engañoso”.


Máis información en PatrimonioRecreaciónMaricastañaVídeoGalipedia, Avelaíña Teatro