"A AVOA MOSES", PINTORA NAÏF A PARTIR DOS 70
Pasou toda a súa vida traballando na súa granxa, coidando a súa numerosa descendencia e bordando. A causa da artrite non poido continuar facéndoo e comezou a pintar con 70 anos, sobre todo esceas da vida cotiá, familiares, rurais, costumbristas e do folclore americano. Todo desde unha óptica moi humilde, sen pretensións.
O seu estilo autodidacta, colorido e evocador convertírona nunha das artistas máis queridas de Estados Unidos e do mundo.A obra da Avoa Moses encádrase dentro do estilo naïf, un tipo de arte que se caracteriza pola sinxeleza do debuxo, a ausencia de perspectiva académica e unha composición detallada, en ocasións abarrotada de elementos.
O seu enfoque romántico e nostálxico levouna a plasmar un mundo idealizado, evocando unha época dourada da vida no campo, como os seus felices recordos de infancia de campos e tormentas, bailes de celeiro e vacacións na zona rural de Nova Iorke e Virxinia; sen representar deliberadamente a modernización nin os avances industriais, como os tractores e os postes telefónicos.
Traballaba con calquera material que estivera na súa man, usaba pintura da casa e lienzo ou taboleiro de fogo sobrante para as súas primeiras pinturas.
Foi descuberta na década de 1930, cando un coleccionista de arte, Louis J. Caldor, viu unha das súas pinturas na vitrina dunha tenda de Nova Iorke. Fascinado polo seu estilo, comprou toda a colección dispoñible e organizou unha exposición na Galerie Saint-Etienne en 1940.
A súa obra tivo amplia difusión por medio de tarxetas conmemorativas e selos postais. As súas pinturas foron exhibidas primeiro en Nova Iorke, o que lle permitiu despois percorrer Europa e Asia presentando a súa obra.
Gañou varias distincións, entre elas o trofeo "Women's National Press Club", entregado polo presidente Harry S. Truman; así como a proclamación do "Día da Avoa Moses", debido ao seu cumpleanos número 100, otorgado polo gobernador de Nova Iorke, Nelson Rockefeller.
Escribiu a súa biografía e un documental narrando a súa vida foi seleccionado nos Premios Óscar.