BARRA DE MENÚ

Suzanne VALADON

DE MODELO A PINTORA DA BOHEMIA PARISINA

Marie-Clémentine Valadon (Bessines-sur-Gartempe, Haute-Vienne, 23 de setembro de 1865 - París, 7 de abril de 1938), máis coñecida como Suzanne Valadon, por atoparse sempre rodeada de vellos, foi unha pintora francesa do postimpresionismo.

Filla dunha lavandeira viúva, comezou traballar con 11 anos e aos 16 fíxose acróbata, pero unha caída rematou con esa actividade. Antes de ser artista foi de todo, modista, obreira, funeraria, camareira, acróbata, modelo, ... e por último pintora.

Tamén adicouse ao debuxo e ao grabado. Practicou todos os xéneros, desde o retrato e os espidos ata a natureza morta e a paisaxe.

Adán e Eva
Debido a súa beleza converteuse en modelo de artistas como Toulouse Lautrec, Renoir, Puvis de Chavannes, Degas, … aparecendo en moitos cadros da época. Namentres, ela vai aprendendo os rudimentos da pintura e iníciase como pintora. Degas deulle o seu apoio e anímouna a seguir pintando, o que continuou facendo o resto da súa vida.

Suzanne Valdon era unha muller libre e tivo numerosos romances con impresionistas, pero a quen lle rompeu o corazón foi a o músico Erik Satie. Casou dúas veces, a última con André Utrer, amigo do seu fillo Maurice, quen recibira o seu apelido do pintor Miquel Utrillo.

Era entravagante, ao punto de estar sempre cun feixe de cenorias e ter unha cabra no seu piso para que comera os seus malos debuxos. Mesmo aos seus moitos gatos alimentábaos os venres con caviar. Morreu rodeada de amigos e familia, e libre, como había vivido sempre. 

Aprendeu soa a debuxar e tardou dez anos en adquirir un estilo propio. Na súa obra destaca o seu dominio das composicións e o vibrante dos seus coloridos. Pintou homes e mulleres, e mellor que ninguén da súa época. 

Os seus debuxos, increíblemente bellos, realistas e delicados á vez, caracterízanse por un trazo máis groso do normal que separa cada elemento do seu entorno.


Bodegón con flores e unha piña
, 1922

Marie Coca e a súa filla Gilberte
, 1913

Supostamente Suzanne Valadon foi unha excepción pero houbo moitas outras artistas da súa xeneración como Louise Abbéma, Seraphine de Senlis, Georgette Agutte, Élisabeth Sonrel, Jeanne Bardey, Berthe Morisot, Lucie Costurier, Louise Breslau, Romaine Brooks, Jaqueline Marval ou Camille Claudel.

E outras non tan contemporáneas, pero de época similar como Mary Cassatt, Marie Vassilieff, Marie Laurencin, María Blanchard ou Tamara de Lempicka. Mesmo a propia Suzanne deu clases e tivo discípulas.

Ao recoñecer a unha soa muller exclúese a posibilidade da existencia das demais, isto é, da realidade histórica de que houbo mulleres artistas, sobre todo a partir da segunda mitade do século XIX, pero moitas permanecen aínda ocultas e esquecidas.

Máis información en Wikipedia, Artevisual, HªArte, Infobae, Vídeo, MNC