BARRA DE MENÚ

Antonia Louisa BRICO

PRIMEIRA DIRECTORA DE ORQUESTRA NEERLANDESA

Antonia Louisa Brico naceu en Rotterdam o 26 de xunio de 1902, pero ao pouco tempo foi adoptada polo matrimonio Wolthuis que a renomeou Wilhelmina. Cando tiña cinco anos emigraron aos EEUU, instalándose na cidade dos Ángeles.

Dende pequena gustaballe a música, compaxinaba os seus estudos na Escola Secundaria de Oklahoma con clases de piano e con 17 anos xa era unha pianista consumada. Pero o seu grande sono era chegar a ser directora de orquestra. 

En 1919 descobre as súas orixes, abandona á súa familia adoptiva, recupera o seu nome e estuda Artes Liberais na Universidade de Berkeley, en California; mentras tanto traballa como asistente de dirección na Ópera de San Francisco. Trala súa graduación marcha a Nova Iorke para atopar o seu camiño na música.

Pero na época, a dirección non era un traballo para mulleres e, en 1926 vai vivir a Hamburgo onde aprende co director de orquestra Karl Muck. Continúa os seus estudos en Berlín chegando a dirixir por primeira vez en 1930 á Orquestra Filarmónica.

A partir de entón Antonia Brico foi invitada a dirixir algunhas das máis importantes orquestras do momento, como a Sinfónica dos Ángeles, a de San Francisco e a Filarmónica de Hamburgo. En 1933 consegue dirixir a Orquestra Sinfónica de Músicos de Nova Iorke.

O 25 de xullo de 1938, para demostrar ‘o seu dominio técnico e comprensión musical, ante a mirada atenta de aproximadamente tres mil espectadores, Antonia Brico alzou a súa batuta, dirixindo á Orquestra Filarmónica de Nova Iorke.

Durante o concerto se interpretaron a obertura Leonora de Beethoven, a Sinfonía núm de Sibelius, Romeo e Xulieta de Chaikovski, os Mephisto-Walzer de Liszt e, finalmente, o preludio ‘Die Meistersinger‘ de Wagner. 

Aínda que dirixiu ás máis prestixiosas orquestras do mundo nunca poido ser nomeada directora titular, sempre o facía como convidada e soportando os comentarios machistas e os desaires de músicos e empresarios musicais que non era capaces de recoñecer que era unha boa directora. O feito de ser muller contaba máis que o seu talento.

En 1934, cansada de tanto prexuizo, decidiu crear a súa propia orquestra, formada única e exclusivamente por mulleres, New York Women's SymphonyO proxecto recibiu o apoio da Primeira Dama dos Estados Unidos, Eleanor Roosevelt, e durante catro anos foi todo un éxito. 

Nembargantes, cando en 1939 aceptou a entrada de homes músicos e pasou a chamarse Orquestra Sinfónica Brico,  comezou a declinar.

Durante a década de 1940, Antonia Brico viaxou por todo o mundo e realizou unha xira na que actuou como directora e como pianista. Foi "invitada" a dirixir decenas de orquestras, entre as que destacan a Orquestra Sinfónica de Helsinki e a Japan Women’s Sinfonia.

En 1947 instalouse definitivamente en Denver onde aceptou dirixir unha pequeña orquestra e encargouse de distintos proxectos musicais, fundou a Sociedade de Bach, o Conxunto de Corda de Mulleres e a Orquestra de Homes de Negocios de Denver, ata a súa xubilación en 1985. Pero o seu nome foi esquecéndose pouco a pouco.


En 1974 estrenouse un documental sobre a súa vida, Antonia: a Portrait of a Woman, dirixido pola cantante folklórica Judy Collins, antiga alumna súa, e a cineasta Jill Godmilow. 

En 1975, foi invitada ao Mostly Mozart Festival de Nova Iorke; as entradas esgotaronse enseguida e tiveron que facer unha función extra. CBS grabou ambos concertos en LP que agora están accesibles en línea.

En 1977 realizou o seu último concerto coa Brooklyn Philharmonia, e en 1981 deixou a dirección continuando só coa ensinanza.

En 1988 cae e rompe un cadril e máis tarde, Antonia Brico falece na residencia Bella Vita Towers en Denver o 3 de agosto de 1989. Para entón, aínda non existía ningunha directora de orquestra cun posto fixo en ningunha orquestra do mundo.

A cineasta holandesa Maria Peters recolle  a súa historia na película A directora de orquestra, estreada en 2018 e logo editou unha novela biográfica co mesmo título.

Antonia Brico foi a primeira muller que dirixiu a Orquestra Filarmónica de Berlína década de 1920, hai documentos que proban que antes que ela, Ethel Leginska, uns anos maior, tamén sufriu os prexuizos da época en torno á dirección, pero a historia non a recoñee como a primeira directora destas agrupacións.

Máis información en Cine, Wikipedia, , Película, HNG, Mujeres, Melómano, Arte, Lila