POETA, CANTANTE E ACTRIZ DAS "SEN SOMBREIRO"
Josefina de la Torre (Las Palmas de Gran Canaria, 27 de setembro de 1907 - Madrid, 12 de xullo de 2002) foi unha poeta, novelista, cantante lírica e actriz canaria vencellada á Xeneración do 27 e a corrente vanguardista hispánica da primeira mitade do século XX. É unha máis de "Las Sinsombrero".
Xa de pequena escribía poemas e xunto co seu irmán creou o chamado Teatro mínimo, na súa casa de Las Canteras. Recibe influencias da xeneración do 27. Escribíu o seu primer poemario, "Versos y estampas", en 1928, prologado por Pedro Salinas e o seu seguinte libro foi "Poemas en la isla", publicado en 1930 e incluido por Gerardo Diego na súa Antología de la Poesía Española de 1934.
Culminados os estudos de soprano adícase a cantar, así no "Concerto de 1900", no Teatro María Guerrero, na Residencia de Estudantes, en 1935, no Lyceum Feminino, no Instituto San Isidro e no Monumental Cinema. Como solista na Orquestra Sinfónica de Madrid.
En 1934 comezou a traballar como actriz de dobraxe (Marlene Dietrich) para la Paramount e en Francia para Luis Buñuel. Co seu irmán dobra "Un secuestro sensacional" de Alexander Hall.Non só era intérprete senón que compuña as súas propias partituras, sendo a súa obra máis coñecida a que leva por título "Puerto de mar".
Entre 1940 e 1945, xa de regreso en Madrid, realizou traballos non só como actriz, senón como axudante de dirección, guionista e columnista da revista cinematográfica Primer Plano (en cuxa portada aparece en dúas ocasións). Adaptou a súa novela "Tú eres él".
Tralo estallido da Guerra Civil publicou unha serie de novelas cortas de tema romántico, recompiladas en La novela ideal, colección que fundou xunto ao seu irmán Claudio e a súa esposa, Mercedes Ballesteros. Estos relatos están publicados baixo o pseudónimo de Laura de Comminges.
Eran folletíns que contaban historias de evasión. Grazas a esta iniciativa conseguiron o difícil sustento económico despois da guerra.
En 1954 publicou as novelas cortas: Memorias de una estrella e En el umbral, que aparecen no número 87 da famosa colección La Novela del Sábado, de ediciones Cid. Así mesmo, realizou algunhas adaptacións teatrais, entre as que destaca "Una mujer entre los brazos"(1956), de Rafael Materazzo.
"Marzo incompleto", publicado en 1968, é xa unha obra de madurez. En 1989 publícase a súa obra poética completa, na que se inclúe o poemario "Medida del tiempo", inédito ata ese momento.
Logo cambiou o cine polo teatro. Participou en distintas compañías teatrais e chegou a fundar a súa propia compañía teatral, a Compañía de Comedias Josefina de la Torre. Tamén traballou na radio e colaborou en series de televisión.
Cando morreu, en 2002, a Academia española de las Artes y las Ciencias Cinematográficas le rendiulle un homenaxe na gala dos Premios Goya, en recoñecemento ao seu labor como actriz e, en 2007, celebrouse o centenario do seu nacemento na súa isla natal.
Máis información en Wikipedia, Web, Canarias, ULPGC, RAH, Leer, Literata