BARRA DE MENÚ

Fernanda MONASTERIO COBELO

NAI DA CARREIRA DE PSICOLOXÍA NA UNLP DE BOS AIRES

Aínda que naceu en Madrid o 27 de marzo de 1920, ao pouco tempo o seu pai foi destinado a Ferrol, de onde era a súa nai, Fernanda Monasterio Cobelo pasou en Galicia a súa infancia e adolescencia polo que considerábase galega. 

Estudou Medicina en Madrid e así mesmo colaborou durante cinco anos, cunha beca, no Instituto Nacional de Psicotecnia onde coincide con José Germain e José Mallart iniciando entón a súa actividade profesional no ámbito da psicoloxía do traballo.

En 1941 viaxou a Berlín a recibir clases de psicofisioloxía do traballo. En 1943 na Xefatura de Sanidade de Madrid investigou sobre o traballo feminino e sobre a importancia das tarefas constitucionais nas persoas accidentadas.

Doutorase en Medicina, en 1945, coa súa tese sobre os síntomas depresivos na acromegalia, que foi dirixida por Gregorio Marañón, do que fora discípula. Igualmente traballou no Instituto Policlínico de Patologia Médica da UAM, entre 1944 e 1952, sendo ademáis de profesora, axudante de Endocrinoloxía.

En 1948 creouse o Departamento de Psicoloxía Experimental no CSIC, que consolidou a Psicoloxía en España fundando unha Sociedade Científica en 1952 e logo en 1953 creando a primeira Escuela de Postgrado en psicoloxía, no que ela participou como especialista.

Entre 1949 e 1951 traballou tamén como médica na beneficencia municipal no servicio médico quirúrxico de urxencias. 

En 1950 publicou Temas de Medicina e Psiquiatría

En 1952 marcha a América, porque a chaman para traballar durante dous anos en Cochabamba, Bolivia, como neurofisiológa e psicofisióloga.  

Máis tarde vai a Arxentina e forma parte da comisión para a creación da carreira de Psicoloxía, o que  significou que se creara a profesión de psicólogo/a, como personal técnico capacitado para intervir en problemas personais e sociais.

Entón, en 1959 na  Universidade de la Plata, en Bos Aires, se inician os estudos de Psicoloxía que se dividen nun ciclo común e outro de especialidade en clínica, laboral ou educacional.

Logo accede á Cátedra de Psicoloxía Xeneral e a nomean directora do Instituto de Psicoloxía da UNLP (Universidad Nacional de la Plata), en Bos Aires.

En 1963 organiza o VIII Congreso Interamericano de Psicoloxía en Mar de Plata.

Ao seu regreso a Madrid, en 1968, exerce como médica e psicóloga clínica. Non chega a incorporarse á Universidade pero imparte cursos de Doutorado de Psicoloxía Evolutiva Infantil e da adolescencia no Instituto Internacional de Boston, sendo a fundadora e directora deste programa, de 1967 a 1981.

Considerábase apolítica e sempre sentiuse próxima ao movimento feminista. En 1975 conmemorando o Ano Internacional da Muller colaborou no monográfico da revista El Urogallo.

En 1987 foi nomeada presidenta da "Asociación de Médicos Escritores y Artistas", antes Asociación de Médicos Escritores, durante 16 anos. E en 1991 recibiu o Premio Muller do Ano na Ciencia.

En 1992 foi invitada ao congreso organizado co motivo dos 30 anos da primeira promoción da carreira de Psicoloxía na UNLP.

Entre o seu círculo de amizades estiveronCarmen Laforet eElena Fortún.En Arxentina coñeceu a Inés Field, tamén do círculo de Fortún e a Rosa Chacel, que escribiu unha das súas novelas mentras residía no seu domicilio.

Faleceu o 29 de novembro de 2006 en Madrid.

En setembro de 2007, Ruth Feldman, a súa herdeira, dona á Universidade Autónoma de Madrid a biblioteca de Fernanda Monasterio que consta de uns 7.000 volúmenes sobre psicoloxía, medicina e psiquiatría, educación, antropoloxía, filosofía, historia ou literatura, escritos en español, inglés e francés.

Máis información en Entrevista, Álbum, UAM, US, edu, COP