BARRA DE MENÚ

Luisa CARNÉS

Periodista e escritora da xeración do 27

"Sombreireira sen sombreiro"

Luisa Genoveva Carnés Caballero, tamén coñecida polos pseudónimos de Clarita Montes ou Natalia Valle, naceu en Madrid o 3 de Xaneiro de 1905 e faleceu o 12 de marzo de 1964 en Cidade de México. 

De familia humilde e numerosa de clase obreira, ao ser a filla maior, só puido asistir á escola ata os 11 anos, polo que a súa formación foi autodidáctica e permanente, lendo a prensa e libros prestados.

Traballou como sombreireira, nun taller textil, como taquimecanógrafa na editorial CIAP (Compañía Iberoamericana de Publicacións), pero sempre aproveitaba os momentos libres para escribir.

Militante do partido comunista, apoiou a Clara Campoamor na defensa do sufraxio feminino, polo que tivo que exiliarse primeiro a Francia e logo a México, ao rematar a Guerra Civil Española. Pertencía á xeración do 27, ás "Sen sombreiro", pero foi triplemente esquecida, por comunista, por exiliada e por muller.

Escritora e periodista, sobre todo en México, a súa obra literaria consta dunha decena de novelas, unha sesentena de contos, trescentas pezas de teatro e centenares de crónicas. 

O seu primeiro conto Mar adentro foi publicado en La Voz (Madrid), o 22 de outubro de 1926 (páx. 7). Entre esta data e a primavera de 1929 publicou catro contos na prensa, un feito pouco común en persoas principiantes no mundo da cultura.

A súa primeira obra impresa, Peregrinos del calvario (1928), reúne unha serie de novelas breves con influencias de Tolstoi, Dostoyevski, o folletín e a novela popular, nun tono relixioso común aos seus primeiros textos. Aquí denuncia por primeira vez a explotación da muller.


Despois, en 1930, apareceu a súa segunda publicación narrativa Natacha, ambientada en Madrid onde a protagonista traballaba nun taller textil.

En 1934 escribe "Tea Rooms, mujeres obreras"inspirada na súa experiencia como traballadora no obrador dunha pastalería, que é considerada a súa mellor obra. En abril de 2023, Televisión Española decide grabar una serie baseada nesta obra súa, La moderna

A historia da súa fuxida a Francia, está recollida no seu libro De Barcelona á Bretaña francesa. 

Xa en México escribiu a biografía de Rosalía de Castro para homenaxeala, en Rosalía. Raíz apasionada de Galicia.

Entre as súas obras dramáticas están Así empezó..., estreada o 22 de outubro de 1936 no Teatro Lara de Madrid e outras dous publicadas en México, aínda que non hai constancia do seu estreno, Cumpleaños (1966) e Los vendedores de miedo (1966).

De catro bloques temáticos, os relatos da República, os da guerra civil e a posguerra, os de temática mexicana e os da actualidade internacional da época consta o libro 13 Cuentos (1931-1963).

O 7 de marzo de 2019 inaugurouse na Cidade dos Poetas, distrito Moncloa-Aravaca de Madrid, un parque dedicado a Luisa Carnés e en maio de 2023 representouse a súa obra no Teatro Lope de Vega de Sevilla.

Na edición de Hoja de Plata de 2016 de Tea Rooms Antonio Plaza no seu epílogo fai unha revisión desta escritora postergada.

Nesta obra Luisa Carnés escribe: "A muller nova, 'sen tipo', falou... Cando será oída a súa voz?".

Máis información en BNEWikipedia, Hoja de lata, SombrereiraLeer, Diario.es, RAH, Libreando, Carnés, rtve



Gisèle HALIMI

Icono do feminismo en Francia

Zeiza Gisèle Élise Taïeb, coñecida como Gisèle Halimi, foi unha avogada feminista, activista e ensaísta franco-tunecina que loitou polo dereito ao aborto e pola criminalización da violación.

Naceu en La Goulette, Túnez, o 27 de xullo de 1927 e morreu en París o 28 de jullo de 2020 aos 93 anos. Seu pai e a súa nai eran de relixión xudía. Foi educada nun liceo francés en Túnez e despois de haber rexeitado un matrimonio concertado, conseguiu estudar Dereito e Filosofía en Paris, onde exerceu a avogacía dende 1956. 

As lembranzas da súa infancia aparecen recollidas en Le lait de l'Oranger, onde fala da mezcla da súa identidade xudeo-musulmana e explica as dificultades coa súa nai e a decepción do seu pai por ser muller. 

En 1961 escribiu un libro para defender o caso da activista do Frente de LiberaciónNacional de Arxelia Djamila Boupacha, que contou coa introdución de Simone de Beauvoir.

En 1971 fundou o movemento feminista Choisir la cause des femmes ('Elexir a causa das mulleres'), para protexer ás mulleres que firmaron o Manifesto das 343, no que admitían haber abortado. En 1972, Choisir transformouse nunha organización reformista e realizou unha campaña de gran influencia para conseguir a aprobación dunha lei que permitira a anticoncepción e o aborto, que finalmente logrou Simone Veil en 1974.

Tamén defendeu a independentistas vascos e foi conselleira en moitos casos relacionados con asuntos da muller, tales como o xuizo por aborto de Bobigny de 1972. 

Outro caso que gañou foi o da violación de dúas xóvenes belgas, que foi obxecto dun documental dirixido en 2014 por Cédric Condon (Le Procès du rap) e unha película para televisión, Le Viol, de Alain Tasma, que se emitiu en 2017.

Foi deputada socialista da IV Circunscripción de Isère ata 1984 antes de que fora embaixadora de Francia ante a UNESCO entre 1985 e 1987. Logo retomou o seu traballo de avogada e comezou a dedicar máis tiempo a outra das súas paixións: a escritura. 

Entre 1988 e 2011 publicou unha quincena de libros. Entre eles salientar:

Djamila Boupacha (Gallimard, 1962
Le procès de Burgos (1971)
La cause des femmes (1973)
Viol, Le procès d'Aix: Choisir la cause des femmes (1978)
Avortement, une loi en procès (1973) 
La nouvelle cause des femmes (1997)
Avocate irrespectueuse (2002)
La Kahina (2006) 
Ne vous résignez jamais (2009)

O seu último libro publicado foi Histoire d' une passion (Plon, 2011).

“A base común, que quizás ao inicio non era específicamente feminista, foi a inxusticia. A inxusticia me resultaba físicamente intolerable (...). A inxusticia, o desprecio e o racismo fan reflexionar sobre o colonialismo. Pero fundamentalmente eu observaba que as mulleres estaban moito máis oprimidas que os oprimidos políticos. (…). Foi nese momento cando comprendín que esa era a batalla que había que librar”. Contaba Gisèle ...

Máis información en WikipediacndhBiografías, Heroínas, Halimi, Vídeo, Público, Ameco, rfi.fr, Imaxes