BARRA DE MENÚ

Salima NAJI

ECO-ARQUITECTA E ANTROPÓLOGA MARROQUÍ

O 19 de xaneiro de 1971 naceu en Rabat, de nai francesa e pai marroquí Salima Naji, unha das defensoras máis destacadas da protección do patrimonio arquitectónico e a preservación das técnicas de construción tradicionais e locais en Marrocos.

É arquitecta DPLG (Diplômée Pour Le Gouvernement) pola "École d'Architecture de Paris-la-Villete", pero primeiro formouse en Estética na Universidade Paris VIII (Diplôme du Laboratoire de Troisième cycle "Arts, Esthétiques Sciences et Technologies de l’Image", e cando xa era arquitecta estudou Antropoloxía da Arte na "École des Hautes Études en Sciences Sociales" en Paris, doutorándose en Antropoloxía Social.

Desde 1993, estivo investigando a arte do Atlas e as rexións presaharianas de Marrocos, e realizou viaxes de estudo compartindo a vida cotiá das persoas que viven alí e coñecendo aos seus artesáns; polo que o seu traballo ten un enfoque humano e patrimonial á vez.

Lola Varela, no seu artigo "Salima Naji: a eco-arquitectura e o saber ancestraldo 6 de xaneiro deste ano 2023, publicado en Nós Diario, comenta: 

"Todas as obras realizadas por Salima por Marrocos adiante, teñen os seguintes elementos en común: fan uso de materiais locais que precisan dos coñecementos dos artesáns, o uso do cemento está reducido ao mínimo; rescatan formas arquitectónicas tradicionais que permiten crear espazos saudables e agradables, onde diminúe moito o consumo enerxético; as obras realízanse coa participación de traballadores locais que aportan os seus saberes coa perspectiva de crear cadeas produtivas de construción ecolóxica e formar una nova xeración de artesáns que contribúa a fixar poboación."

Maternidade de Tissint
Recibiu varios premios entre eles o "Prix Jeunes Architectes", de la Fondation EDF en xuño de 2004, o que lle permitiu conseguir a revitalización en profundidade de mezquitas rurais, celeiros, Ksours (castelos) e kasbas (ciudadelas),... así como levar a cabo proxectos de utilidade social (maternidades, centros culturais, centros de mulleres, escolas,...).

Otorgáronlle tamén a "Médaille d’or Arts Sciences et Lettres de la Société Académique d’éducation et d’encouragement", da Académie Française, en 2006; o "Takrin de l'Ordre des architectes du Maroc", en 2007; o "Prix Holcim di Développement Durable, Afrique-Moyen-Orient", en 2011 e o "Prix du merite", en 2019.

Quedou finalista en 2013 e no 2022 nos premios Aga Khan de Arquitectura, cos proxectos "Préservation des architectures sacrées et collectives des oasis du Maroc" et "Amélioration de la vallée d'Issy", respectivamente.

É autora de varias obras de referencia sobre as arquitecturas vernáculas do Sur de Marrocos :
"Greniers collectifs de l'Atlas - patrimoines du Sud marocain", en 2006
"Fils de Saints contre Fils d'Esclaves", en 2011
"Architectures du bien commun : Pour une éthique de la préservation", en 2019.

Participou co equipo científico na creación do museo bereber Jardin Majorelle, en 2011 e é investigadora asociada no Centre Jacques Berque de Rabat-CNRS e do Laboratorio de CRESSON (Centre de Recherche sur l’Espace Sonore et l’environnement urbain), en Grenoble, sobre entornos urbáns.

Na súa páxina web, Salima Naji, poden verse fermosas imaxes dos seus proxectos.

Máis información: Salima, NajiNósDiario, Retrospectiva, Archipill, aemagazine, Wikipedia, Ideas, Finalista.