BARRA DE MENÚ

Ana CARO de MALLÉN

"A MUSA SEVILLANA"

CRONISTA E DRAMATURGA DO SÉCULO DE OURO

Poeta e dramaturga española do século XVII, Ana Caro de Mallén de Soto é recoñecida hoxe, xunto a Mª Rosa Gálvez, como unha das dramaturgas máis notables da época moderna.

Naceu en Sevilla ou Granada en 1590 e finou en Sevilla o 6 de novembro 1646, víctima da peste. O que explicaría que moitas das súas obras foran queimadas, polo que a maior parte dos seus libros perdéronse.

Xunto ao seu nome hai unha indicación: "Ana María, escrava de Gabriel Mallén". Dese feito dedúcese que os seus proxenitores deberon de ser mouriscos xa que o afillamento estaba apoiado pola Coroa, ante o problema social que xeraba este grupo. Con todo, non se sabe se era orfa dalgún rebelde mourisco ou filla dunha escrava desta orixe.

Documentos conservados demostran que cobrou por algunhas das súas relacións poéticas e obras de teatro, polo que é considerada como unha das primeiras escritoras profesionais.

Varios críticos fan unha lectura feminista ou proto-feminista da súa obra, xa que inclúe nela a súa vontade de dar a súa opinión sobre temas que afectaban especialmente ás mulleres, como a "muller desfrazada de home", moi recorrente no teatro do Século de Ouro para recuperar a honra, tamén a sororidade ou solidariedade feminina, a castidade e o matrimonio.

Algunha das súas obras son "Décimas a Doña María de Zayas y Sotomayor" (1638) ou "El conde Partinuplés" (1653), pero a escritora revela que era consciente do mundo patriarcal no que vivía en "Valor, agravio y mujer".

Neste escrito ironiza sobre a sociedade na que vive e ridiculiza algúns valores típicamente masculinos (patriarcais). É unha comedia de enredo de ambiente palatino que desenvolve o mito de Don Juan, invertindo a historia con alusións a El burlador de Sevilla

A obra poética coñecida son 4 relacións impresas, encargos de descripcións de feitos dignos de feliz recordo, que se imprimen en pliegos soltos como unha literatura de masas.

Tamén escribiu unha Loa sacramental na que xoga coas distintas xergas que se podían escoitar na cidade. 

Formou parte da Academia Literaria do Conde de la Torre e escribiu sobre todo poemas extensos sobre eventos, celebracións e festas públicas, por exemplo Romance por la victoria de Tetuán (1633).

Máis informacion en: GlWikipedia, Wikipedia, Biblioteca, Biografía, MCN, Andalucía, Barroco, Varona