BARRA DE MENÚ

Paula REGO

A PINTORA DO INVISIBLE

Paula Figueiroa Rego, nada en Lisboa o 26 de xaneiro de 1935 e finada en Londres o 8 de xuño de 2022, foi unha pintora e ilustradora portuguesa, artista visual, gravadora e artista gráfica. É unha das máis recoñecidas artistas do mundo e a pintora portuguesa contemporánea máis importante.

Recibiu os premios Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Gran oficial da Orde militar de Santiago da Espada, Dama comandante da Orde do Imperio británico, honorary doctor of the University of Lisbon. En 1989 entrou na lista de candidatos ao premio Turner e en 2005 concedéuselle o grao de doutor honoris de letras pola Universidade de Oxford (Honorary doctor).

A artista portuguesa desafiou os estereotipos de xénero e denunciou os abusos de poder en pinturas a menudo viscerais infundidas con fantasías sombrías e realismo máxico, mezclando fantasía e realidade.

É unha das grandes pintoras figurativas da segunda metade do século XX e unha das voces plásticas máis lúcidas, combativas e interesantes da producción artística actual. Toda a obra de Paula Rego está enfocada ás mulleres, aos seus praceres, ás súas dores e aos seus triunfos.

As súas pinturas deron o papel central ás mulleres, xeralmente retratadas como robustas e seguras de sí mesmas, mentras que os seus homes parecen nenos ou incluso bébedos. "Pinto ás mulleres que coñezo. Pinto o que vexo. Fago ás mulleres protagonistas porque eu son unha", dixo Rego ao diario The Guardian nunha entrevista en 2021.

A súa obra ten unha manifesta vontade subversiva e liberadora, cunha evidente dimensión de loita contra a autoridade. Nela a artista fala da dominación, a opresión e a violencia co que cuestiona os estereotipos impostos socialmente.

No concello de Cascais atópase a Casa das Histórias Paula Rego no Museo Picasso de Málaga pódese ver actualmente unha exposición con máis de oitenta obras que refiren a súa notable traxectoria poñendo de manifesto o carácter autobiográfico de boa parte da súa arte.

Paula Rego inaugurou en 1999 unha exposición na que denunciaba a humillación e o sufremento que padecían moitas mulleres portuguesas que recorrían ao aborto clandestino, facendo visible o invisible. Esta serie sen título consta de once pinturas e seis grabados, e xurdeu como resposta ao fracaso da ampliación do referéndum sobre o aborto en Portugal. Nos seus lienzos, as mulleres están a punto de someterse á intervención.

A Tate Britain Gallery de Londres xunto co Kunstmuseum Den Haag e o Museo Picasso de Málaga, organizou unha exposición con máis de 100 das súas obras, do 7 de xullo ao 24 de outubro de 2021.

Máis información en:

PíkaraEl PaísDiario.es, Público, GlWikipedia, Wikiart, Paula Rego, Postsus, Ctxt, Tate, Jotdown, LaVanguardia