CONSTRUÍNDO EN FEMININO
No artigo "As cidades e o xénero" publicado en NósDiario, Lola Varela escribe sobre a importancia da implicación das mulleres na construción das cidades, cuxo "único fin é axudar a compartir a vida".
Polo de agora, os espazos construídos polos homes son mantidos habitables maioritariamente polas mulleres. Son elas quen limpan, organizan,... facendo a vida no fogar máis confortable.
Pouco a pouco o mundo da Arquitectura vai estando en máns das mulleres. A "Carta Europea das Mulleres na Cidade" (1995), "promove unha nova e revitalizada toma de decisións democrática no planeamento da cidade e no desenvolvemento dunhas condicións de vida mellores a través da inclusión das mulleres e as súas aportacións en todos os niveis de implicación e de toma de decisións".
Ao longo da historia, varias mulleres desta profesión venceron obstáculos, consolidando as súas carreiras con grandes proxectos, deseñando edificios e están a cambiar o modo de ver ó mundo. Así salientar a:
- Julia Morgan, que deseñaba en Los Ángeles e foi a primeira muller admitida no programa de arquitectura da École Des Beaux-arts de París e a primeira licenciada, en 1902.
- Zaha Hadid é a única arquitecta gañadora do premio Pritzker 2004, o máximo galardón na Arquitectura, polo seu proxecto arquitectónico para o centro de tratamento contra o cancro, “O Maggie Center”. Tamén é a única muller arquitecta que é mencionada entre os 10 mellores arquitectos do mundo no 2010.
O blogue "Un día, unha arquitecta" recompila, cada día, as biografías de arquitectas de todo o mundo e de todos os tempos. Remóntase a Octavia Minor, da época romana, ata as novas licenciadas de hoxe en día.
En Galiza, o Proxecto MAGA (Mulleres Arquitectas de Galiza) procura a visibilización progresiva de todas as arquitectas que naceron, viven e/ou traballan en Galiza, colexiadas no CoAGa (Colexio de Arquitectos de Galicia) ou non.
No novo libro de Phaidon, "Breaking Ground. Architecture by Women", aparecen un total de 150 arquitectas e 180 edificios construidos por elas. Foi escrito por Jane Hall, primeira galardonada coa "Beca Bo Bardi" do British Council (2013), e membro fundadora de Assemble, o colectivo londinense gañador do Premio Turner.
Entre elas están:
- Jane Drew que ingresou na Asociación Arquitectónica de Londres en 1934 e foi unha modernista moi importante.
- Marion Mahony Griffin, unha das primeiras licenciadas en arquitectura.
- Itsuko Hasegawa, a arquitecta nipona que gañou o premio inaugural de Arquitectura da Real Academia.
- Frida Escobedo, arquitecta mexicana, a persoa máis nova elixida para deseñar o Serpentine Pavilion.
- Kazuyo Sejima de SANAA, unha das tres mulleres, xunto con Zaha Hadid e Carme Pigem, que recibiron o premio Pritzker.
- Carme Pinós, a arquitecta española que converteuse na segunda muller seleccionada para deseñar o M Pavilion anual, o encargo arquitectónico máis importante de Australia.
O libro inclúe así mesmo moitos edificios contemporáneos icónicos:
- O Broad, en Los Ángeles, de Elizabeth Diller, coa súa fachada de cemento en forma de panal de abella.
- O Museo de Arte Contemporáneo de Cleveland, un edificio de acero con cristales negros obra de Farshid Moussavi.
- A Aqua Tower de Chicago, unha creación de Jeanne Gang.
Outras Arquitectas importantes da historia que non foron xustamente valoradas no seu momento aparecen en Ovacen e algunhas son:
. Eileen Gray: Nada en 1876 en Irlanda, construiu a casa de vacacións E-1027, no sur de Francia que obtivo o recoñecemento de Le Corbusier.
. Denise Scott Brown: xenial arquitecta, urbanista, escritora e profesora estadounidense nada en Zambia, antes Rodesia, en 1931. Gañou o Premio Jane Drew.
. Lina Bo Bardi: italo-brasileña nada en Roma en 1946 e falecida en Sao Paulo en 1992; realizou deseños tan emblemáticos como a súa residencia particular coñecida como a Casa de Vidrio en Sao Paulo e a novedosa sede do Museo de Arte de Sao Paulo.
. Sophia Hayden: chilena (1869-1953), unha das primeiras arquitectas americanas, gañou o primeiro premio nun concurso para o deseño dun pavillón dedicado ás mulleres, como parte da World’s Columbian Exposition.
. Charlotte Perriand: adicouse ao deseño de interiores, como o Bar baixo o teito de aceiro cromado e aluminio, que se expuxo no Salón de Outono en París en 1927. Naceu en París en 1903 e faleceu en 1999.
![]() |
Wotton House, de Elizabeth Wilbraham |
Actualmente está en marcha o Proxecto de investigación MuWo (Mujeres en la cultura arquitectónica (post)Moderna española, 1965-2000) que ten como obxectivo analizar críticamente o traballo realizado por arquitectas que exerceron a arquitectura no último tercio do século XX e contextualizalo na historiografía da cultura arquitectónica española.
Máis información en:
Arquitectas, Deseño, Diario.es, Grandes, Lola Varela, MAGA, Noticias, Ovacen, Pioneiras, Private, UD UA, Veredes, Wikipedia, Matronazgo, MuWo, Proxecto.