"FEMINISMO DE PROXIMIDADE"
É o título do primeiro libro en solitario da profesora e experta en coeducación Lola Varela que foi presentado coma un debate no que interviron a profesora de Ciencias dá Educación e do Deporte Azucena Arias Correa, o inspector de Educación José María Alén da Torre e a autora. Organizaron o encontro o Ateneo, Espazo Nemonon e Sacauntos Cooperativa Gráfica.
O relatorio que presentou o Ateneo de Pontevedra arredor do libro “Feminismo de proximidade”, de Lola Varela celebrouse o venres 13 de maio de 2022, ás 20 horas, no Espazo Nemonon e foi amenizado con música de saxo interpretada por Sarunas Pupelis.
A sinatura de libros por parte da autora estivo moi animada e ela estivo sempre sorrinte e moi atenta con todas as persoas que participaron ao acto e lembrando agarimosamente ás que non puideron asistir.
O artigo da xornalista Rocio García (La Voz de Galicia) que se publicou o 11 de maio na edición do Deza deste xornal, sobre o libro "Feminismo de proximidade", de Lola Varela, pódese ler esta ligazón.
Este libro é unha recompilación, unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Máis que receitas para solucionar problemas, son reflexións profundas escritas con prosa fluída e apracíbel.
Estas páxinas tamén amosan a faceta docente de Lola: dunha banda, como profesora de literatura, achéganos en Unha muller do seu tempo a ideoloxía social progresista e reivindicativa de Rosalía de Castro a prol dos dereitos das mulleres; doutra, como docente e feminista, fálanos da necesidade de mudar as formas de relación de dominio patriarcal que non contribúen ao benestar das mulleres e dos homes, da percepción que ten a mocidade sobre a igualdade, a prostitución, a valoración do corpo feminino ou a diversidade sexual e de xénero nas nosas aulas.
Lola Varela entre Azucena Arias e José Mª Alén |
E nas librarías Paz, El pueblo e Escolma, de Pontevedra.
Ou nas páxinas web de Companha Editorial ou Libraria Abrente.