Música na escuridade
Maria Theresia von Paradis, (1759-1824) foi unha música, cantante, pianista e compositora austríaca que perdeu a vista desde moi cedo, e para quen Mozart escribiu o seu Concerto para piano nº 18 en B-flat major. Estudou composición con Salieri e Haydn tamén lle dedicou un concerto de piano.
Naceu o 15 de maio na cidade de Viena. A pesar da súa diversidade, amosou dende ben pequena un gran talento para a música. Como non podía ler, memorizaba as notas para podelas tocar logo no piano.Con tan só once anos deu o seu primeiro concerto tocando o órgano e cantando, aos dezaseis xa era recoñecida polos círculos artísticos de Viena como unha cantante e intérprete virtuosa. En 1783 realizou unha longa xira de tres anos por Europa. En París coñeceu a Valentin Haüy, un dos pioneiros na integración das persoas invidentes na sociedade. Entón, ademáis de triunfar cos seus concertos colaborou con Haüy, (apóstolo dos invidentes e maestro de Louis Braille) na creación dunha escola para persoas cegas.
Podía compoñer as súas obras grazas a un tableiro inventado polo seu compañeiro Johann Riedinger, compositor e libretista, e a unha máquina de escribir para persoas invidentes ideada por Wolfgang von Kempelen.
En 1808 fundou a súa propia escola de música en Viena, onde ensinou canto, piano e teoría musical a nenas, especializándose en peroas con problemas de visión. Continuou ensinando ata a súa morte o 1 de febreiro de 1824.
Máis información en Mujeres Hª, Women Legacy, Wikipedia, Kriptik, Cores música