Aprendendo das abellas e cazando mariposas
Pasión por los insectos. Ilustradoras, aventureras y entomólogas, o libro da colección Noema editado por Turner en 2019, e escrito por Xavier Sistach, narra asaventuras de ilustradoras, viaxeiras e coleccionistas que contribuiron ao estudo dos insectos, tendo todas elas unha vocación en común, a Entomoloxía.
A obra recompila a historia de 51 naturalistas de xeracións e nacións distintas, unidas pola misma paixón e desdeñadas pola mentalidade do pasado e que tiveron que loitar contra os prexuizos polo mero feito de ser mulleres.
Faise referencia ao desprezo, á inxustiza e aos obstáculos que tiveron que enfrontar estas mulleres. As investigadoras non sempre asinaban os seus escritos, acusábanas de plaxio, non podían exercer o seu traballo sen ser xulgadas, os seus descubrementos deixabanse de lado e tiñan que estudar ás agachadas.
Entre elas salientar a:
María Sibylla Merian |
Anna Blackburne (1726-1793): inglesa que se dedicou a estudar a historia natural dunha forma máis sistemática. Para mellorar a súa comprensión do sistema desenvolvido por Carl von Linné , aprendeu latín. As súas adicións ás coleccións de insectos foron especialmente notables, enviándolle a Linné especímenes de aves e insectos que non estaban descritos no seu "Systema Naturae".
Ida Laura Pfeiffer (1797-1858): viaxeira e naturalista, percorreu dúas veces o mundo soa a bordo de veleros, cabalos, camelos ou a pé, en busca de novas especies, vivindo literalmente cos insectos.
Eleanor Anne Ormerod (1828-1901): publicou folletos que distribuía gratuitamente, sobre as plagas de insectos perxudiciais para as plantas, e como combatilos. Así Notes for Observations on Injurious Insects (1887). O seu traballo axudou á prevención de plagas e á mellora da agricultura.
Adele Marion Fielde (1839-1916): as formigas, que calquera aplasta sen darse de conta, foron os seus animais de compañía, sendo a primeira en descubrir a súa psicoloxía.
Mary Kingsley (1862-1900): exploradora inglesa que foi a África cun revólver e unha navalla baixo a falda; tamén era etnógrafa e escritora científica cuxas viaxes por África Occidental e o traballo resultante axudaron a moldear as percepcións europeas tanto das culturas africanas como do colonialismo británico en África.
Miriam Rothschild (1908-2005): estudou por primeira vez como as pulgas logran saltar tanto polo que foi a primeira en resolver o mecanismo do salto da pulga. Apoiou campañas en contra da crueldade nos animais e introduxo no Reino Unido a afición polo cultivo de plantas silvestres en xardíns públicos e privados.
Alice Gray (1914-1994): entomóloga estadounidense, ilustradora científica e origamista do Museo Americano de Historia Natural de Nova Iorke, encargábase da colección de insectos e foi coñecida como a "Señora Bichoca" porque levaba insectos e arañas ás escolas públicas para ensinalos en clase. Iniciou a tradición navideña de facer insectos de papel.
Leticia Silvestre: enxeñeira agrícola, entomóloga e encargada do Laboratorio de Entomoloxía da Facultade de Ciencias Agrarias e alimentarias da Universidade Austral de Chile, fala da importancia das abellas e de como o servizo maior que ofertan á humanidade é a polinización.
Máis información en ElPaís, Libro, MªSybilla, Mirian, Anna, Alice, Mary, Ida, Eleanor, Leticia, Listaxe, Entomólogas
Ningún comentario:
Publicar un comentario