BARRA DE MENÚ

Hertha MARKS AYRTON

INVENTORA DO ARCO ELÉCTRICO

En electricidade, chámase arco eléctrico ou arco voltaico á descarga eléctrica que se forma entre dous electrodos sometidos a unha diferencia de potencial e colocados no seno dunha atmósfera gaseosa. 

Foi descuberto e demostrado por primeira vez pola enxeñeira, matemática, física e inventora Phoebe Sarah Marks (Hampshire 1854-Sussex 1923).

Máis coñecida como Hertha Marks Ayrton polo seu matrimonio e por que, como era unha agnóstica convencida, decidiu poñerse o nome de «Hertha», deusa da fertilidade e a Terra nai segundo a mitoloxía teutona, que era como se chamaba a heroína dun poema homónimo de Algernon Charles Swinburne, unha crítica direta ás relixións organizadas.

Loitadora polo sufraxio feminino, protectora das mulleres perseguidas por pedir o dereito ao voto, amiga de Marie Curie, foi a primeira muller en ingresar no 1899, na Institution of Electrical Engineers e no 1906 recibiu a Medalla Hugues, o premio da IEE.

Publicou, no 1902, o libro titulado O arco eléctrico e máis tarde,
preocupada polos patróns que deixaban as ondas do mar na area en forma de pequenas dunas, convertiu a súa habitación nun laboratorio con tanques de area para investigar "como se forman estos pequenos montonciños?", elaborou o seu estudo A orixe e desenvolvemento das marcas das ondas na area, unha concienzuda análise dos remoliños que fai o mar para crear estas ondeantes formas.

Escribiu: "Os erros son notoriamente difíciles de matar, pero o erro de atribuir a un home o que en realidade pertence ao traballo dunha muller, ten máis vidas que as dun gato."

Doole Herta Marks

Máis información en :



 

Lene VESTERGAARD HAU

Creadora do condensado Bose-Einstein 

A física danesa Lene Vestergaard Hau (Vejle, 13 de novembro de1959) creou un novo tipo de materia, o condensado de Bose-Einstein e tamén logrou, cun equipo de investigación da Universidade de Harvard, reducir a velocidade dun raio de luz en 17 metros por segundo. En 2001, grazas ao uso dun superfluido, conseguiron deter un raio de luz momentáneamente. No campo da computación cuántica, co seu equipo, consiguiu transferir luz a unha onda de materia e viceversa.

Na Universidade danesa de Aarthus, obtivo unha licenciatura en matemáticas (1984), unha maestría en física (1986) e un doctorado en física (1991). Así mesmo formouse na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) en Xinebra, en 1984-85.

Dende 1999 ocupa as cátedras de Física Aplicada e Física, na Universidade de Harvard. 

Recibiu numerosos premios, como o NKT da Sociedade de Física Danesa ou o Samuel Friedman Rescue Award, ou o premio Año 2000 de la Top Danmark Foundation, Copenhague (2000), e o premio 200º aniversario de J. C. Jacobsen, otorgado pola Fundación Carlsberg, Dinamarca (1989);

Forma parte da Real Sociedade Danesa de Ciencias dende o 2002, da Real Academia de Ciencias de Suecia dende 2008 e da Academia Estadounidense de Ciencias, dende 2009.

"A física é facerse preguntas, estudar, investigar a naturaleza. Ti investigas e, se tes sorte, das coas pistas extranas".