"NATUREZA vs CULTURA"
Bióloga e especialista en estudos de xénero, Anne Fausto-Sterling (Nova Yorke, 1944) é a autora de numerosos artigos científicos sobre xenética do desenvolvemento.
Grazas aos seus estudos chegou á conclusión de que o sexo binario non existe, non hai só homes e mulleres, senón tamén unha serie de formas intermedias.
Na súa obra "Sexing the Body", enfréntase co intensamente debatido, e non menos conflictivo tema do nature versus nurture, ao que se pode traducir como natureza versus cultura (ou o innato frente ao adquirido), considerando que "non podemos separar natureza de cultura (crianza, educación ou formación), así que non é unha dicotomía, senón que é unha unidade. Hai outra metáfora para pensar en isto: é como se foran dúas caras dunha mesma moeda".
Neste ensaio analiza a construcción social da identidade de xénero, rexeitando a dualidade masculino/feminino mediante a análise dos estados intersexuais. Pódese descargar o libro nesta ligazón: Corpos sexuados.
Mujeres con ciencia, Páxina web, Entrevista, Cuerpos sexuados, Wikipedia, Wiki inglés